Río Tennessee
O río Tennessee é o maior afluente do río Ohio. Ten unha lonxitude aproximada de 1049 km[1] e está situado na rexión Sur dos Estados Unidos de América, no Val de Tennessee. A súa conca abrangue 105.870 km2,[2] e o seu caudal medio é de 2.000 m3/s.[2]
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
País da cunca | Estados Unidos de América | |||
División administrativa | Alabama, Estados Unidos de América | |||
Localización | French Broad River (en) | |||
Final | ||||
División administrativa | Ohio, Estados Unidos de América | |||
Localización | Río Ohio | |||
| ||||
Composto por | ||||
Afluentes | Little Tennessee River (en) , Clinch River (en) , Duck River (en) , French Broad River (en) , Big Sandy River (en) , Holston River (en) , Hiwassee River (en) , North Chickamauga Creek (en) , Elk River (en) , Flint River (en) , Little River (en) , Sequatchie River (en) , White Oak Creek (en) , South Chickamauga Creek (en) | |||
Conca hidrográfica | Tennessee River drainage basin (en) | |||
Características | ||||
Dimensións | 1.049 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 104.000 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 1.998 m³/s | |||
As tribos cherokee, muskogee, e chickasaw ocuparon zonas ao longo do río Tennessee. A primeira exploración do río por parte de europeos, da que se teña constancia, foi en 1540, cando a expedición de Hernando de Soto viaxou desde a actual cidade de Chattanooga a Guntersville.[1]
Curso
editarO río Tennessee fórmase na confluencia dos ríos Holston e French Broad ao leste de Knoxville (Tennessee). Desde Knoxville, discorre cara ao suroeste polo leste do estado de Tennessee cara a Chattanooga antes de entrar en Alabama. Vira no norte de Alabama e finalmente forma unha parte da fronteira dese estado con Mississippi, antes de volver a Tennessee. Neste punto, o río define a fronteira entre as outras dúas rexións de Tennessee (Medio e Oeste). A canle de Tennessee-Tombigbee, un proxecto do Corpo de Enxeñeiros do Exército estadounidense para facer navegable o río Tombigbee e unilo ao porto de Mobile, entra en Tennessee preto da fronteira entre estes tres estados. Esta canle reduce a distancia de navegación desde Tennessee, o norte de Alabama, e o norte de Mississippi ao golfo de México en centos de quilómetros. A parte final do percorrido do río Tennessee atópase en Kentucky, onde separa a rexión de Jackson Purchase (a máis occidental de Kentucky) do resto do estado. Nesas desemboca no río Ohio en Paducah (Kentucky). É un dos poucos ríos nos Estados Unidos que deixan un estado e logo volven de novo ao mesmo estado; o río Cumberland é outro deles.
Afluentes
editarO río Tennessee nace ao xuntárense o French Broad e o Holston. Durante o seu curso, éntranlle pola ribeira esquerda o río Tennessee Pequeno, que vén dos Montes Fumegantes, o Hiwassee e o Big Sandy, ademais da canle Tennessee-Tombigbee. Pola ribeira dereita, o río Clinch, o Elk, o regato Shoal, o río Duck e mais a canle que o comunica co encoro de Barkley.
Encoros
editarO río foi represado numerosas veces, principalmente por proxectos da Tennessee Valley Authority (TVA). A construción da presa do encoro de Kentucky no río Tennessee e a presa de Corps' Barkley no treito final do río Cumberland creou un espazo natural, a área Nacional de Recreo Land Between the Lakes (terra entre os lagos). Estes dous encoros, o Kentucky e o Barkley, comunícanse por unha canle artificial nas proximidades da aldea de Grand Rivers. A canle acurta o tráfico fluvial dos barcos que veñen polo Tennessee e van cara ao curso baixo do Ohio ou cara ao Cumberland, e dos que veñen polo río Cumberland e van cara ao río Mississippi e o curso alto do Ohio.
Cidades importantes
editarCidades de máis de 30 000 habitantes polas que discorre o río Tennessee:
Historia do nacemento
editarNa actualidade enténdese que o río comeza no poste da milla 652 onde o río French Broad se une ao río Holston. Porén, até 1933, ao treito superior do Tennessee chamábanlle río Holston, que viña decorrendo desde bastantes quilómetros ao leste, no límite do estado de Kentucky, pasaba por diante de Knoxville e continuaba ata a súa confluencia co Tennessee Pequeno en Lenoir City. Durante moitas décadas entendeuse que aquel punto era onde o río Tennessee nacía, 967 km río arriba da súa unión co río Ohio en Paducah.
Mais cando en 1933 se creou a entidade da conca hidrográfica, puxeron as oficinas en Knoxville para controlar todas as presas e encoros e para tomar as medidas que cumpriseno caso de asolagamento das ribeiras do río Tennessee. E se as oficinas da conca hidrográfica do val do Tennessee estaban en Knoxville, daquela o río que pasaba por Knoxville tiña que ser o Tenessee. Por esta razón, o punto do nacemento do río Tennessee pasou a considerarse a confluencia do Holston e do Frech Broad.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Geographic Names Information System Feature Detail Report Tennessee River
- ↑ 2,0 2,1 "Arthur Benke & Colbert Cushing, "Rivers of North America". Elsevier Academic Press, 2005 ISBN 0-12-088253-1