Raymond Weiller
Raymond Weiller, nado en 1938, foi un numismático e historiador luxemburgués.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1938 |
Morte | 2022 (83/84 anos) |
País de nacionalidade | Luxemburgo |
Educación | Universidade Católica de Lovaina. |
Q89547790 | Director do Gabinete Numismático do MNHA. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | numismático |
Membro de | |
Premios | |
- (1985): Jeton de Vermeil (SNF). - (1987) Premio da SHMI. |
Weiller dirixiu o Gabinete Numismático do Museo Nacional de Historia e Arte de Luxemburgo (MNHA).[1]
Traxectoria
editarRaymond Weiller traballou no sector da banca antes de ingresar no Museo Nacional de Historia e Arte. En 1966 pasou a ser xefe de servizo do seu gabinete numismático e en 1988 foi nomeado conservador. Logo de 32 anos de servizo, xubilouse en maio de 1998.[2]
En 1969, Raymond Weiller foi elixido membro da sección histórica do Institut Grand-Ducal.[3]
Entre 1991 e 1997 foi vicepresidente da Comisión Internacional de Numismática (CIN).[4] En 1997 foi elixido membro honorario da entidade.[5] Weiller formou parte do comité organizador do XI Congreso Internacional de Numismática da CIN, celebrado en Bruxelas en 1992.[6]
O centro de interese dos seus estudos e das súas investigacións foi a historia numismática de Luxemburgo. Os seus traballos máis salientables neste terreo son Les monnaies luxembourgoises (1977) e La circulation monétaire et les trouvailles numismatiques du moyen âge et des temps modernes au pays de Luxembourg (1989).[1]
Polos seus méritos numismáticos, a Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Católica de Lovaina recoñeceuno en 1984 co grao de doutor honoris causa.[7][8]
Recoñecementos
editarEscolma de publicacións
editarWeiller foi un autor moi prolífico, con numerosos artigos e contribucións en revistas numismáticas e un bo número de monografías. Esta é unha escolma do máis senlleiro da súa produción editorial:[11][12][13]
Monografías
editar- (1972). Monnaies antiques découvertes au Grand-Duché de Luxembourg (II). Gebr. Mann. Berlín.[14]
- (1977). Monnaies antiques découvertes au Grand-Duché de Luxembourg (II). Gebr. Mann. Berlín.[15]
- (1977). Les monnaies luxembourgeoises. Numismatica Lovaniensia, 2. Lovaina a Nova.[16]
- (1979). Les médailles dans l'histoire du pays de Luxembourg (I). Institute Supérieur d'Archéologie et d'Histoire de l'Art. Lovaina a Nova.
- (1982). Les monnayages étrangers des princes luxembourgeois. Luxemburgo.[17]
- (1983). Monnaies antiques découvertes au Grand-Duché de Luxembourg (III). Gebr. Mann. Berlín.[18]
- (1988). Les médailles dans l'histoire du pays de Luxembourg (II). Institute Supérieur d'Archéologie et d'Histoire de l'Art. Lovaina a Nova.
- (1988). Die Münzen von Trier. Droste, Düsseldorf. ISBN 9783770075676
- (1989). La circulation monétaire et les trouvailles numismatiques du moyen âge et des temps modernes au pays de Luxembourg II. Numismatica Lovaniensia, 13. Université catholique de Louvain. Lovaina a Nova.[19]
- (1997). Les médailles dans l'histoire du pays de Luxembourg (III). Institute Supérieur d'Archéologie et d'Histoire de l'Art. Lovaina a Nova.[20]
Artigos
editar- (1972). "Les florins d'or au baptiste de Jean l'Aveugle, roi de Bohême (1310-1346) et comte de Luxembourg (1309-1346)". En Schweizerische Numismatische Rundschau. 51. Páxinas 155-168.
- (1976). "Numismates au pays de Luxembourg". En Hémecht. 29. Páxinas 459-480.
- (1987). "Un épisode de la circulation monétaire au Pays de Luxembourg au début du 18e siècle". En Revue Belge de Numismatique. 133. Páxinas 121-153.
- (1994). "Tessères gallo-romaines en plomb de Dalheim-'Pëtzel' (site du vicus 'Ricciaco' de la Table de Peutinger) ". En Revue Belge de Numismatique. 140. Páxinas 19-23.
- (1995). "Supplément au catalogue des monnaies luxembourgeoises". En Revue Belge de Numismatique. 141. Páxinas 185-225.
- (1999). "Un sceat trouvé au Grand-Duché de Luxembourg". En Revue Belge de Numismatique. 145. Páxinas 219-230.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Grierson, P. "Medieval numismatics in the Southern Netherlands". En Coloquium 175 years RNSB. Páxinas 307-308.
- ↑ Rapport d'activité 1998. Ministére de la Culture. Grand-Duché de Luxembourg. Páxinas 221 e 249.
- ↑ "Liste de nos membres". Institut Grand-Ducal. Section Historique.
- ↑ Boletín del Museo Arqueológico Nacional. 24-25-26. 2006-2007-2008. Páxina 224.
- ↑ Weiller, R.; Amandry, M. (1996). "Histoire de la Commission Internationale de Numismatique (NIC) Arquivado 24 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". En Compte Rendu 43. Comission Internationale de Numismatique. Páxinas 12 e 24.
- ↑ "Le XIe Congrès Internationale de Numismatique. Bruxelles 8-13 septembre 1991". En Revue Belge de Numismatique. CXXXVIII, 1992.
- ↑ Marcheti, P. (1997). "In memoriam Tony Hackens". En Revue belgue de numismatique. CXLIII. Páxina VIII.
- ↑ Rapport d'activité 1998. Ministére de la Culture. Grand-Duché de Luxembourg. Páxina 249.
- ↑ "Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
- ↑ "Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte". www.gig-geldgeschichte.de. Consultado o 2021-05-28.
- ↑ Grierson, P. "Medieval numismatics in the Southern Netherlands". Páxina 320.
- ↑ "Raymond Weiller". BnF.
- ↑ "Weiller, Raymond Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ Recensión do libro por Jean-Naptiste Giard. En Revue numismatique. 1972. Nº 14. Páxina 281.
- ↑ Recensión do libro por Jean-Naptiste Giard. En Revue numismatique. 1977. Nº 19. Páxina 209.
- ↑ Recensión do libro por Jean Duplessy. En Revue numismatique. 1977. Nº 19. Páxinas 214-216.
- ↑ Recensión do libro por Jean Duplessy. En Revue numismatique. 1983. Nº 25. Páxinas 253-254.
- ↑ Recensión do libro por Jean-Naptiste Giard. En Revue numismatique. 1983. Nº 25. Páxina 249.
- ↑ Recensión do libro por Jean Duplessy. En Revue numismatique. 1992. Nº 34. Páxinas 269-270.
- ↑ Recensión do libro por Michel Popoff. En Revue numismatique. 2000. Nº 155 Páxina 364.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Coulie, B. (2007). "Avant-propos". En Moucharte, G.; Borba Florenzano, M. B.; De Callataÿ, F. et al. (eds.). Liber amicorum Tony Hackens. Lovain a Nova. Páxina VII.
- De Callataÿ, F. (1997). "Tony Hackens". En Compte rendu, 44. Commission Internationale de Numismatique. Páxinas 58-60.
- De Callataÿ, F. (2000). "Séance tenue au Cabinet des Médailles le 18 décembre 1999". En Revue belge de numismatique. CXLVI. Páxina 275.
- De Callataÿ, F. (2011). “Tony Hackens et l’humanisme scientifique: Argos et la circulation monétaire dans le Péoponnèse”. En Doyen, C.; Apostolou, E. (eds.). Coins in the Peloponnese. Proceedings of the Sixth scientific meeting of the Friends of the Numismatic Museum. Argos 2011. Volume I: Ancient Times. Páxinas 23-32.
- Marchetti, P.; Moucharte, G. (1999). "Quelques points forts de la biographie de Tony Hackens". En Revue des archéologues et historiens d’art de Louvain, XXXII. Lovaina a Nova. Páxina XVII.
- Moucharte, G. (1999). "Bibliographie du professeur Tony Hackens". En Revue des archéologues et historiens d’art de Louvain, XXXII. Lovaina a Nova. Páxinas XXIII-XXX.
- Vanschoonwinkel, J. (1998). "In memoriam Tony Hackens". En l'Antiquité classique, 67. Páxinas 1-4.