Sárdoma, Vigo

parroquia civil do concello de Vigo

San Pedro de Sárdoma é unha parroquia do concello pontevedrés de Vigo na comarca de Vigo. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 2.397 habitantes (1.166 homes e 1.231 mulleres). Limita coas parroquias de Beade, Castrelos, Freixeiro, Lavadores e a cidade de Vigo e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores.

Sárdoma
Igrexa parroquial de San Pedro de Sárdoma.
ConcelloVigo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°12′54″N 8°42′27″O / 42.214944444444, -8.7074444444444
Poboación2.397 hab. (2022)
Entidades de poboación13[1]
editar datos en Wikidata ]

Xentilicio

editar

O seu xentilicio é sardomeiro[3].

Patrimonio

editar
 
A ponte Abeleira

Consérvanse, da época medieval, o pazo da Raposeira (do ano 1625), o pazo de San Roque (1688) e a Casa Grande de Aires, do século XVIII. Destaca tamén unha ponte medieval (Ponte de Sárdoma), aínda en uso, dos séculos XII-XIII. A igrexa parroquial, o adro, o cemiterio e a casa reitoral son do século XVIII. A parroquia posúe dous cruceiros, un no adro da igrexa e outro na Laxe.

Xeografía

editar

Ten 9 entidades de poboación, 5 lugares e 2.397 veciños (2022). As súas entidades de poboación son as seguintes: Fragosiño (73), Laxe (566), O Lameiro (182), O Marco (58), Moledo (318), O Outeiro (109), A Pescadeira (81), O Raviso (581) e Relfas (24). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): O Freixo, Louxadas, Monte da Serra, A Raposeira e A Salgueira.

Festas

editar

As festas máis importantes de Sárdoma son as de Santo Isidro Labrador no mes de maio, e as do patrón San Pedro que se celebra o 29 de xuño.

Servizos

editar

A freguesía de Sárdoma, na súa condición semiurbana, ten diferentes parques industriais, a igrexa parroquial, un centro de saúde, varios campos de fútbol, colexios, institutos e entidades bancarias. O seminario maior da diocese de Tui-Vigo atópase nesta parroquia. A Salgueira constitúe unha parroquia eclesiástica de seu dende 1970[4].

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Sárdoma

editar
Lugares da parroquia de Sárdoma no concello de Vigo (Pontevedra)

Fragosiño | O Freixo | O Lameiro | Laxe | Louxadas | O Marco | Moledo | Monte da Serra | O Outeiro | A Raposeira | O Raviso | Relfas | A Salgueira

Parroquias de Vigo

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Cíes | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo | Zamáns (San Mamede)

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023. 
  3. "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 27. Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  4. Tui-Vigo, Diócesis (2020-12-13). "A fe deixa pegada en Santa Lucía da Salgueira". DIOCESE TUI-VIGO. Consultado o 2023-09-08. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar