Somerville College
O Somerville College é un dos colleges que constitúen a Universidade de Oxford, e está situado en Woodstock Road, Oxford, Inglaterra. O college foi fundado en 1879 co nome de "Somerville Hall"[1] e naceu como un centro exclusivamente feminino; e non foi até 1994, que comezou a admitir homes.[2]
Somerville College | |
---|---|
Tipo | college of the University of Oxford e edificio universitario |
Data de fundación | 1879 |
Nomeado en referencia a | Mary Somerville |
Nº de empregados | 197 (2020) |
Organización matriz | Universidade de Oxford |
Sede | Oxford |
En | Oxford |
País | Reino Unido |
51°45′33″N 1°15′45″O / 51.759166666667, -1.2625 | |
Na rede | |
https://www.some.ox.ac.uk/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarNa orixe da facultade, en 1878, aparecen persoas vencelladas ao Partido Liberal e a activista Mary Ward que pretenden a creación da primeira universidade non confesional para mulleres a diferenza da anglicana, Lady Margaret Hall, que se abriu tamén en 1879.[3] En febreiro de 1879, ábrese Somerville Hall, que leva ese nome, proposto por Mary Ward, en honor da científica, escritora e activista Mary Somerville.[4] No primeiro curso, tiña 12 estudantes, mais non se lle permitía asistir ás clases ordinarias nin recibir titulación.
A facultade ten unha excelente reputación e unha excelente satisfacción dos estudantes entre as universidades de Oxford. Somerville é coñecida pola súa atmosfera agradable e liberal, a súa arquitectura variada e o seu excelente salón.
En 2017, Somerville contaba cun financiamento de aproximadamente £ 73,4 millóns de libras.[5] O Somerville College ten unha das mellores coleccións de libros de Oxford e a súa biblioteca conta con preto de 120.000 fichas.[1]
Alumnos famosos
editarEntre as súas alumnas, aparecen 2 primeiras ministras, a única muller británica en obter un premio Nobel de Ciencia[1] e moitas outras mulleres relevantes como:
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "About the college". ox.ac.uk (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2023.
- ↑ "A brief history of Somerville". some.ox.ac.uk (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2023.
- ↑ "True to its Principals". some.ox.ac.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2018. Consultado o 19 de decembro de 2023.
- ↑ "From Hall to College". some.ox.ac.uk (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2023.
- ↑ "Financial Statements of the Oxford Colleges 2016-17". ox.ac.uk (en castelán). Consultado o 19 de decembro de 2023.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Somerville College |
Bibliografía
editar- Adams, Pauline (1996). Somerville for Women: An Oxford College, 1879-1993 (en inglés). Oxford: Oxford University Press. ISBN 9780199201822.