Tati Mancebo
escritora española
Carmen Mancebo López, nada na Coruña o 1 de agosto de 1969, é unha poeta e tradutora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de agosto de 1969 (55 anos) A Coruña, España |
Formación profesional | Filoloxía Inglesa |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora, poetisa |
Xénero artístico | Poesía |
Traxectoria
editarLicenciada en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela en 1992. Como poeta publicou en 1995 o libro Na hora redonda e participou en publicacións colectivas e recitais poéticos. Traduciu guións de cine e poesía inglesa, irlandesa e estadounidense para revistas e medios electrónicos. Como editora, é socia fundadora de Amigos de Azertyuiop (1995) xunto a Alfredo Ferreiro, Dulce Fernández Graña e François Davo. Foi directora comercial da editorial Galaxia desde 2021 ata o seu despedimento en setembro de 2022.[1]
Obra
editarPoesía
editar- Na hora redonda, 1995, Cadernos de Azertyuiop.
- Mundo maquinábel, 2013, Sermos Galiza, libro electrónico.
Obras colectivas
editar- Sete Poetas, 1995. Con Pedro Casteleiro, François Davo, Alfredo Ferreiro, Mário Herrero, José António Lozano e Luís Maçãs.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Notas
editar- ↑ Tati Mancebo (2023-09-15). "Comunicado". Consultado o 2023-09-15.