The French Connection (filme)
The French Connection é un filme estadounidense dirixido por William Friedkin e producido por Philip D'Antoni. Está protagonizado por Gene Hackman, Fernando Rey e Roy Scheider. Foi adaptado por Ernest Tidyman a partir do libro non ficticio de 1969 The French Connection de Robin Moore. Conta a historia dos detectives Jimmy "Popeye" Doyle e Buddy "Cloudy" Russo, que está inspirada nas vidas reais dos detectives Eddie Egan e Sonny Grosso.
The French Connection | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The French Connection |
Director | William Friedkin |
Produtor | Philip D'Antoni |
Guión | Ernest Tidyman |
Baseado en | The French Connection de Robin Moore |
Intérpretes | |
Música | Don Ellis |
Fotografía | Owen Roizman |
Montaxe | Gerald B. Greenberg |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | 9 de outubro de 1971 |
Duración | 104 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Suspense |
Orzamento | $1 800 000 |
Recadación | $51 700 000[1] -$75 000 000[2] |
Na rede | |
Foi o primeiro filme clasificado con contido R (restrinxido a menores de 17) en gañar un Óscar ó mellor filme dende a introdución desta clasficación nos Estados Unidos.[3] Tamén gañou os Oscar ó mellor actor (Hackman), mellor director (Friedkin), mellor montaxe, e mellor guión adaptado (Tidyman). Tidyman tamén recibiu un nomeamento ós Globos de Ouro, un Writers Guild of America Award e un Edgar Award polo seu guión. A súa secuela, French Connection II, estreouse en 1975 con Gene Hackman e Fernando Rey nos seus papeis.
En 2005, foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".
Personaxes
editar- Gene Hackman como Det. Jimmy "Popeye" Doyle
- Fernando Rey como Alain Charnier
- Roy Scheider como Det. Buddy "Cloudy" Russo
- Tony Lo Bianco como Salvatore "Sal" Boca
- Marcel Bozzuffi como Pierre Nicoli, Hit Man
- Frédéric de Pasquale como Henri Devereaux
- Bill Hickman como Bill Mulderig
- Ann Rebbot como Mrs. Marie Charnier
- Harold Gary como Joel Weinstock
- Arlene Farber como Angie Boca
- Eddie Egan como Walt Simonson
- André Ernotte como La Valle
- Sonny Grosso como Clyde Klein
Notas
editar- ↑ "The French Connection, Box Office Information". Box Office Mojo. Consultado o 29 de xaneiro de 2012.
- ↑ Solomon, Aubrey (1989). Twentieth Century Fox: A Corporate and Financial History. Lanham, Maryland: Scarecrow Press, p. 167, ISBN 978-0-8108-4244-1.
- ↑ Cowboy de medianoite gañou o de mellor filme con clasificación X.
- ↑ La Voz de Galicia, 7 de novembro de 1987. Páx. 63
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- The French Connection na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)