The French Connection (filme)

filme de 1971 dirixido por William Friedkin

The French Connection é un filme estadounidense dirixido por William Friedkin e producido por Philip D'Antoni. Está protagonizado por Gene Hackman, Fernando Rey e Roy Scheider. Foi adaptado por Ernest Tidyman a partir do libro non ficticio de 1969 The French Connection de Robin Moore. Conta a historia dos detectives Jimmy "Popeye" Doyle e Buddy "Cloudy" Russo, que está inspirada nas vidas reais dos detectives Eddie Egan e Sonny Grosso.

The French Connection
Ficha técnica
Título orixinalThe French Connection
DirectorWilliam Friedkin
ProdutorPhilip D'Antoni
GuiónErnest Tidyman
Baseado enThe French Connection de Robin Moore
Intérpretes
MúsicaDon Ellis
FotografíaOwen Roizman
MontaxeGerald B. Greenberg
Distribuidora20th Century Fox
Estrea 9 de outubro de 1971
Duración104 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroSuspense
Orzamento$1 800 000
Recadación$51 700 000[1]
-$75 000 000[2]
Na rede
IMDB: tt0067116 Filmaffinity: 587161 Allocine: 4423 Rottentomatoes: m/french_connection Mojo: frenchconnection Allmovie: v18617 TCM: 75646 Metacritic: movie/the-french-connection-1971 TV.com: movies/the-french-connection Netlix: 60011660 Editar o valor en Wikidata

Foi o primeiro filme clasificado con contido R (restrinxido a menores de 17) en gañar un Óscar ó mellor filme dende a introdución desta clasficación nos Estados Unidos.[3] Tamén gañou os Oscar ó mellor actor (Hackman), mellor director (Friedkin), mellor montaxe, e mellor guión adaptado (Tidyman). Tidyman tamén recibiu un nomeamento ós Globos de Ouro, un Writers Guild of America Award e un Edgar Award polo seu guión. A súa secuela, French Connection II, estreouse en 1975 con Gene Hackman e Fernando Rey nos seus papeis.

En 2005, foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".

Estreouse na TVG o 7 de novembro de 1987.[4]

Personaxes

editar
  1. "The French Connection, Box Office Information". Box Office Mojo. Consultado o 29 de xaneiro de 2012. 
  2. Solomon, Aubrey (1989). Twentieth Century Fox: A Corporate and Financial History. Lanham, Maryland: Scarecrow Press, p. 167, ISBN 978-0-8108-4244-1.
  3. Cowboy de medianoite gañou o de mellor filme con clasificación X.
  4. La Voz de Galicia, 7 de novembro de 1987. Páx. 63

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar