The Simpsons
The Simpsons é unha comedia de situación de animación estadounidense creada por Matt Groening para a canle de televisión, tamén estadounidense, Fox Broadcasting Company. A serie é unha parodia satírica do estilo de vida do americano de clase media personificado na familia protagonista, formada por Homer, Marge, Bart, Lisa e Maggie. O programa está ambientado na cidade de ficción Springfield, satirizando moitos dos aspectos das condicións humanas, dentro das que se atopa a cultura, sociedade e televisión dos Estados Unidos.
The Simpsons | |
---|---|
Formato | Comedia de animación |
Creado por | Matt Groening |
Desenvolvido por | James L. Brooks Matt Groening Sam Simon |
Intérpretes | Dan Castellaneta Julie Kavner Nancy Cartwright Yeardley Smith Hank Azaria Harry Shearer |
Tema de apertura | "The Simpsons Theme" |
País de orixe | Estados Unidos |
Temporadas | 32 |
Episodios | 643 (Lista de episodios) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | James L. Brooks Matt Groening Sam Simon Al Jean |
Duración | 21 - 24 minutos |
Distribuidor | 20th Television |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | FOX |
Formato de imaxe | SDTV 480i (1989-2009) HDTV 720p (2009-presente) |
Primeiro episodio | 17 de decembro de 1989 |
Derradeiro episodio | presente |
Na rede | |
https://SimpsonsWorld.com e https://www.fox.com/the-simpsons/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
A familia foi concibida por Groening pouco antes de se converter nunha serie de curtametraxes animadas xunto co produtor James L. Brooks. Groening creou unha familia disfuncional e chamou aos personaxes cos nomes de membros da súa propia familia, substituíndo o seu propio nome polo de Bart. As curtas convertéronse en parte de The Tracey Ullman Show o 19 de abril de 1987. Tras unha serie de 48 curtas repartidas en 3 temporadas decidiuse desenvolver con elas un programa de media hora en horario de máxima audiencia. Así a serie converteuse nun éxito para a canle Fox, chegando a ser a primeira serie da Fox que se situaba entre as 30 con maior número de audiencia nunha temporada (1989-1990).
Desde o seu debut, o 17 de decembro de 1989, a serie posúe 491 episodios repartidos en 23 temporadas. The Simpsons Movie, a película baseada na serie, foi estreada nos cines de todo o mundo o 6 e 7 de xullo de 2007, e recadou 527 millóns de dólares en todo o mundo.
The Simpsons ten gañado ducias de premios desde que a serie se puxo en antena. Entre eles destacan 24 premios Emmy, 26 premios Annie e un premio Peabody. No número do día 31 de decembro de 1999 da revista Time dicíase que era a mellor serie de televisión do século XX e o 4 de xaneiro do ano seguinte a familia Simpson foi premiada cunha estrela no Paseo da Fama de Hollywood. The Simpsons é a comedia de situación americana e programa de animación que leva máis anos en antena, e desde o 2008 é, xunto con Gunsmoke, a serie de entretemento americana que máis tempo se leva emitindo en horario de máxima audiencia. O gruñido de anoxo de Homer "D'oh!" foi adoptado no léxico inglés, se ben The Simpsons ten influenciado a moitas comedias de situación animadas orientadas a un público adulto.
En España, comezouse a emitir no mes de abril de 1993 por TVE 2, mais por falta de audiencia foi retirada de emisión. Axiña, Antena 3 mercou os dereitos desta serie, e na emisión nesta canle alcanzou un enorme éxito. Tanto é así que aínda a día de hoxe se seguen a repetir capítulos en horario de mediodía.
Orixes
editar- Artigos principais: Historia de The Simpsons e Curtametraxes de The Simpsons.
Groening ideou a historia de The Simpsons na recepción da oficina de James L. Brooks en 15 minutos. Brooks xa lle pedira a Groening que pensase na idea de realizar unha serie de curtas animadas, así que Groening pensou inicialmente en presentar a súa tira cómica Life in Hell. Non obstante, cando o caricaturista se deu conta de que animar Life in Hell requiriría a rescisión dos dereitos de publicación da obra da súa vida, buscou outro enfoque e creou a súa familia disfuncional[1]. Así, despois de concibilos, deulles aos personaxes os nomes de membros da súa propia familia, substituíndo o seu nome polo de Bart[2].
A familia Simpson fixo a súa primeira aparición nunhas curtametraxes en The Tracey Ullman Show o 19 de abril de 1987[3]. Groening só enviou bosquexos básicos aos animadores e asumiu que os corrixirían durante a produción. Porén, os animadores soamente copiaron os seus debuxos, dando como resultado a aparencia ruda que estes teñen nos primeiros episodios curtos[2]. A primeira curta, de apenas dous minutos, titulouse "Good Night". A partir de aí emitíronse un total de corenta e oito curtas animadas ata que a familia pasou a ter a súa propia serie independente.
En 1989, un equipo da produción da compañía adaptou The Simpsons a unha serie de media hora de duración para a Fox Broadcasting Company. O equipo incluía o que hoxe é a casa de animación Klasky Csupo. Jim Brooks negociou unha cláusula no contrato coa Fox para que esta non puidese interferir no contido do programa[4]. Groening afirmou que o seu obxectivo ao crear o programa era ofrecer á audiencia unha alternativa ao que el chamaba "lixo principal" que estaban vendo na televisión[5]. Deste modo, a serie de trinta minutos emitiu o 17 de decembro de 1989 o seu primeiro episodio, titulado "Simpsons Roasting on an Open Fire", o cal se trataba dun especial de Nadal[6]. "Some Enchanted Evening" foi o primeiro episodio en producirse, pero non se emitiu ata maio de 1990 debido a problemas coa animación[7].
Ao primeiro, a cadea FOX tivo serias dúbidas sobre se a serie sería vista en horario de máxima audiencia, algo que non pasaba desde Os Picapedra, polo que os directivos decidiron emitir só catro episodios da primeira temporada. Porén, o produtor James L. Brooks convenceu á canle para que emitisen os trece episodios que a constituían. Con todo, axiña a serie The Simpsons se converteu nun éxito de audiencia. The Simpsons se converteu na primeira serie de televisión da Fox que se meteu entre os 30 programas máis vistos durante unha temporada[8]. O éxito do programa fixo que a Fox expandise a emisión a unha nova noite (a dos xoves) para facerlle a competencia a The Cosby Show, pero non fixo máis que danar a audiencia de The Simpsons[9]. En 1992, Tracey Ullman demandou á Fox argumentando que o seu programa fora a orixe do éxito da serie. O xuíz dixo que debería recibir unha parte dos beneficios de The Simpsons, petición rexeitada polo tribunal[10].
O programa tivo controversias desde o seu inicio. O personaxe rebelde por excelencia daquela, Bart, non adoitaba recibir castigo algún polo seu mal comportamento, o que fixo que algúns pais e conservadoristas o caracterizaran como un modelo nefasto a seguir polos cativos[11][12]. Ao mesmo tempo, o entón presidente George H. W. Bush dixo: «Imos lograr que as familias americanas sexan máis coma os Walton e menos coma os Simpson»[13]. Varias escolas públicas estadounidenses incluso prohibiron o uso de mercancías e camisetas, tales como unha na que aparecía Bart xunto ao texto "Underachiever ('And proud of it, man!')" ("Parvo (e orgulloso de selo, ho!)")[13]. Malia a prohibición, as mercancías de The Simpsons vendéronse ben e xeraron 2 mil millóns de dólares durante os primeiros 14 meses de vendas[13].
Produción
editarProdutores executivos
editarLista dos produtores do programa desde o inicio da serie:
- Temporadas da 1 á 2: Matt Groening, James L. Brooks e Sam Simon
- Temporadas da 3 á 4: Al Jean e Mike Reiss
- Temporadas da 5 á 6: David Mirkin
- Temporadas da 7 á 8: Bill Oakley e Josh Weinstein
- Temporadas da 9 á 12: Mike Scully
- Temporadas da 13 ao presente: Al Jean
Matt Groening e James L. Brooks foron os produtores executivos ao longo da historia do programa, facendo tamén a función de consultores creativos. Sam Simon, quen foi o supervisor creativo das primeiras catro temporadas, segue a recibir beneficios de produtor executivo malia non traballar na serie desde 1993[14]. Existe unha posición máis influente na serie, a de show runner, quen actúa como xefe de guionistas e xestiona a produción do programa durante unha temporada completa[15].
Guionistas
editar- Artigo principal: Lista de guionistas de The Simpsons.
O equipo de guionistas de The Simpsons está formado por un grupo de dezaseis persoas que propoñen ideas para facer novos episodios cada principios de decembro[16]. O principal guionista de cada episodio escribe o primeiro borrador. As sesións de grupo reescriben e desenvolven os guións finais engadindo ou eliminando chistes, inserindo novas escenas e pedíndolles aos dobradores que lean algunhas liñas do guión[17]. O líder destas sesións é George Meyer, quen desenvolve o programa desde a primeira temporada. Segundo Jon Vitti, un dos guionistas que levan máis tempo na serie, Meyer frecuentemente inventa as mellores liñas dun episodio xa escrito, aínda que outros guionistas poidan recibir os créditos da escritura[17]. A produción de cada episodio leva seis meses, polo que o programa rara vez comenta sobre eventos recentes[18]. Non obstante, ás veces os episodios mencionan eventos previstos, tales como as Olimpíadas ou a Super Bowl.
Con sesenta episodios ás súas costas, John Swartzwelder é o guionista máis prolífero dos membros de The Simpsons[19]. Un dos compoñentes máis coñecidos deste equipo é Conan O'Brien, quen contribuíu en varios episodios a principios dos anos 90 antes de substituír a David Letterman como presentador do programa de entrevistas Late Night[20]. O cómico inglés Ricky Gervais escribiu o episodio "Homer Simpson, This Is Your Wife", converténdose así na primeira celebridade en escribir e pór a voz nun episodio[21].
A finais do ano 2007 os guionistas de The Simpsons foron á folga xunto ao sindicato Writers Guild of America, East, do que forman parte desde 1998[22].
Actores de dobraxe
editarOs membros principais do elenco de The Simpsons son seis. Dan Castellaneta interpreta a Homer Simpson, Abraham Simpson, Krusty o pallaso, Barney Gumble e outros personaxes homes adultos[23]. Julie Kavner fai as voces de Marge Simpson e Patty e Selma Bouvier, así como varios personaxes menores[23]. Nancy Cartwright interpreta as voces de Bart Simpson, Ralph Wiggum e outros cativos[23]. Yeardley Smith, a de Lisa Simpson, sendo o único membro do elenco que só lle pon a súa voz a un personaxe, aínda que ocasionalmente ela tamén o fai con personaxes episódicos[23]. Hai dous actores que non interpretan a ningún dos membros da familia pero si que o fan coa meirande parte dos cidadáns; Hank Azaria, quen forma parte dos actores de voz de The Simpsons desde a segunda temporada[24], presta a súa voz a personaxes asiduos como Moe, o xefe Wiggum e Apu, e Harry Shearer proporciona voces para o Sr. Burns, Smithers, o director Skinner, Ned Flanders, o Reverendo Lovejoy e o Dr. Hibbert[23]. Coa única excepción de Harry Shearer, todos os membros principais do elenco gañaron un Emmy na categoría "Outstanding Voice-Over Performance" ("Mellor interpretación de actor de voz")[25].
Cunha soa excepción, os créditos dos episodios só mostran os actores de voz e non os personaxes aos que lles poñen voz. A Fox e mais os membros de produción quixeron manter as súas identidades en segredo durante as primeiras temporadas e, por esa razón, as sesións de gravación facíanse a porta pechada e non se podían sacar fotos durante o seu transcurso[26]. Porén, a cadea revelou eventualmente que papeis interpreta cada actor no episodio "Old Money", porque os produtores decidiron que os dobradores deberían recibir recoñecemento polo seu labor[27]. En 2003, o elenco apareceu nun episodio de Inside the Actors Studio, facendo interpretacións en directo das voces dos seus personaxes.
Ata o ano 1998, os principais seis actores de dobraxe cobraban 30.000 dólares por episodio, pero neste ano víronse envoltos nunca disputa coa Fox polo diñeiro. A empresa ameazounos con substituílos por novos actores, e incluso cegando a preparar unhas probas para escoller novas voces. Groening, creador da serie, apoiou aos actores nas súas accións[28]. Non obstante, o problema foi axiña resolto e, desde o ano 1998 ata o 2004, cobraron 125.000 dólares por episodio. O éxito do programa foi en aumento e con el os ingresos debido ás vendas das temporadas en DVD, e en abril de 2004 o elenco principal esixiu que se lles pagase a suma de 360.000 dólares por episodio[29][30]. A folga foi resolta logo dun mes[31] e os seus salarios foron incrementados ata unha cantidade entre 250.000[32] e 360.000 dólares por episodio[33]. En 2008, a produción da vixésima temporada suspendeuse por mor de novas negociacións dos contratos dos actores, que querían un "incremento notable" nos seus salarios ata acadar a cifra dos 500.000 dólares por episodio[33]. A disputa foi resolta rapidamente e os seus salarios foron subidos ata os 400.000 dólares por episodio[34].
Á parte do elenco principal, Pamela Hayden, Tress MacNeille, Marcia Wallace, Maggie Roswell e Russi Taylor poñen cadansúa voz a diversos personaxes secundarios que adoitan saír na serie[23]. Desde 1999 ata 2002, os personaxes de Maggie Roswell eran realizados por Marcia Mitzman Gaven. Karl Wiedergott ten aparecido en papeis menores, pero non lle presta a súa voz a ningún dos personaxes recorrentes[35]. Algunhas das "voces especiais" que ás veces repiten a Albert Brooks, Phil Hartman, Jon Lovitz, Joe Mantegna e Kelsey Grammer[36].
De cando en vez os episodios presentan voces invitadas de xente famosa de todo tipo de profesións, incluíndo actores, atletas, autores, bandas, músicos e científicos. Nas primeiras temporadas as voces invitadas dobraban a personaxes eventuais, pero máis recentemente empezaron a aparecer como si mesmos. Tony Bennett foi a primeira estrela invitada en aparecer brevemente como el mesmo no episodio da segunda temporada titulado "Dancin' Homer"[37]. The Simpsons posúe o récord do mundo por ser a serie co "Meirande número de estrelas invitadas a unha serie de televisión"[38].
O programa foi dobrado a varias linguas, incluíndo o xaponés, alemán, castelán e portugués. Ademais, é un dos poucos programas que foi dobrado ao francés e ao francés do Quebec[39]. The Simpsons foi emitida en árabe, pero debido aos costumes islámicos, numerosos aspectos da serie foron modificados. Por exemplo, Homer bebe auga carbonatada no canto de cervexa e come salchichas de vaca exipcia en vez de bocadillos de salchicha quentes. Xa que logo, por mor destes cambios, a versión árabe da serie topouse con reaccións negativas dos afeccionados de The Simpsons da área[40].
Animación
editarEstudios de animación internacionais que teñen tomado parte:
- Produciu exclusivamente as dúas primeiras temporadas da serie.
- Produciu episodios ao longo da emisión da serie.
- Produciu a animación dos episodios das temporadas da 3 á 10.
- Produciu a animación dos episodios da cuarta temporada en diante.
- Produciu o episodio "Radioactive Man" xunto con Anivision.
- Produciu o episodio "The Simpsons 138th Episode Spectacular".
- Produciu os episodios "The Fat and the Furriest" e "She Used to Be My Girl".
Diversos estudios estadounidenses e internacionais animan ou teñen animado The Simpsons. A totalidade das curtametraxes animadas emitidas en The Tracey Ullman Show foron producidas por Klasky Csupo[41]. Coa aparición da serie de animación, debido ao incremento da cantidade de traballo, a Fox subcontratou para a produción a varios estudios internacionais, localizados en Corea do Sur.[41] Os artistas nos estudios de animación dos Estados Unidos, Film Roman, debuxaban storyboards, deseñaban novos personaxes, fondos, escenarios, os cales eran proxectados aos guionistas de Gracie Films para que se lles puidesen realizar cambios antes de que o traballo fose distribuído. Logo, os estudios no estranxeiro debuxarían os fotogramas intermedios, daríanlles cor e tinta e renderizarían a animación para gravala antes de que esta fose devolta aos Estados Unidos para ser repartida pola Fox tres ou catro meses máis tarde[42].
Nas primeiras tres temporadas, Klasky Csupo encargouse da animación de The Simpsons nos Estados Unidos. En 1992, a compañía de produción, Gracie Films, cambiou a produción para que agora a realizasen os estudios Film Roman[43], que continuou a animar o programa ata o 2008.
Na décimo cuarta temporada, a produción trocou da animación tradicional por celas á dixital (pintado e entintado)[44]. O primeiro episodio que experimentou co coloreado dixital foi "Radioactive Man" en 1995. Os animadores usaron tinta e coloreado dixital durante a produción do episodio da duodécima temporada titulado "Tennis the Menace", pero Gracie Films atrasou o uso regular e habitual destas técnicas ata dúas temporadas máis tarde. O episodio "Tennis the Menace", que xa fora completado integramente deste xeito, foi así emitido[45].
A serie comezou a súa produción en alta definición a partir da vixésima temporada; o primeiro episodio, "Take My Life, Please", emitiuse o 15 de febreiro de 2009. O cambio á HDTV veu xunto cunha nova secuencia de apertura[46].
Personaxes
editar- Artigo principal: Lista de personaxes de The Simpsons.
Os Simpson son unha familia típica que vive nunha cidade ficticia da "América meridional" chamada Springfield[47]. Homer, o pai, traballa como inspector de seguridade do sector 7G da Planta de enerxía nuclear de Springfield, un posto estraño dados os seus descoidos e a súa personalidade bufonesca. Está casado con Marge Simpson, un estereotipo de nai e ama de casa americana. Teñen tres fillos: Bart, un neno cafre e traveso de dez anos; Lisa, unha activista precoz de oito anos; e Maggie, un bebé que raramente fala, pero que se comunica chuchando o seu chupete. A familia posúe un can, Santa's Little Helper ("Pequeno axudante de Santa"), e mais un gato, Snowball II ("Bóla de neve II"). Ambas as mascotas teñen tido o papel protagonista en varios episodios. Malia o transcurso dos anos, deducido a partir da celebración de vacacións e aniversarios, os Simpson non avellentan fisicamente e seguen a aparentar a mesma idade que tiñan ao final dos anos 80 (agás lixeiras diferenzas na animación, non obstante).
A serie inclúe un conxunto de personaxes secundarios peculiares: compañeiros de traballo, profesores, amigos da familia, outros parentes, xente da cidade e celebridades locais. Orixinalmente, os creadores querían só pretendían que estes personaxes participasen nalgunha broma ou chiste puntual ou para encher as funcións que a cidade precisaba. Máis adiante, unha gran maioría deles gañou un papel máis importante para, posteriormente, protagonizar os seus propios episodios. Segundo o dito por Matt Groening, o programa adoptou o concepto dun elenco secundario grande da serie de comedia Second City Television[9][9].
Familia Simpson
editar- Artigo principal: Familia Simpson.
- Homer J. Simpson
- Marjorie Simpson (Marge)
- Bartholomew Jo Jo Simpson (Bart)
- Lisa Marie Simpson (Lisa)
- Margaret Simpson (Maggie)
Outros membros da familia
editar- Abraham Simpson é o pai de Homer. Estivo presente na segunda guerra mundial e sempre que se atopa coa súa familia acaba sendo unha carga para eles.
- Mona Jay Simpson é a finada nai de Homer. Era unha fuxitiva da lei que tiña que escapar da policía polas súas ideas políticas. O personaxe morre no episodio Mona Leaves-a, da tempada 19.
- Herbert Powell é o medio irmán de Homer. Antes de coñecelo tiña unha grande empresa de automóbiles, pero despois de pedirlle ao seu irmán axuda co deseño dun coche para a clase media, a empresa quebra e perde todo o que tiña. Logo volve facerse rico coa fabricación dun tradutor de bebés, que puido sacar adiante grazas ao financiamento de Homer.
- Clancy Bouvier é o finado pai de Marge.
- Jacqueline Bouvier é a nai de Marge.
- Patty e Selma Bouvier son as irmás xemelgas de Marge.
- Gladys Bouvier é a finada tía de Marge.
Episodios
editar- Artigo principal: Lista de episodios de The Simpsons.
Actualmente a serie emitiu as súas trinta tempadas nos Estados Unidos. En setembro de 2009 emitiuse a vixésimo primeira temporada; non sen motivo, The Simpsons posúe o récord de ser a serie de debuxos animados con maior permanencia en horario de máxima audiencia. Os episodios da serie abordan diversos temas, e adoitan comezar cun feito totalmente distinto ao tema central que se vai tratar, pero sempre o primeiro conduce ao comezo do segundo. Ademais, en ocasións, a serie trata temas concretos, xa sexa como gags puntuais ou como episodios completos.
Situación
editar- Artigo principal: Springfield (The Simpsons).
Os acontecementos que ocorren en The Simpsons teñen lugar na cidade americana ficticia de Springfield, sen ningunha coordenada xeográfica ou referencias a estados dos Estados Unidos que poidan identificar en que lugar do país se atopa. Non obstante, os fanáticos da serie teñen intentado determinar a localización da cidade tomando as súas características, a xeografía lindeira e os puntos de referencias próximos como pistas. Como resposta, o programa dá evasivas para dificultar a localización de Springfield[48], xa que o nome "Springfield" é moi común en América e aparece en máis da metade dos estados[49]. A xeografía de Springfield e os territorios dos arredores contén litoral, deserto, terras de cultivo, montañas altas ou o que a historia do capítulo requira.[50] Malia isto, Groening dixo que Springfield ten moitas cousas en común con Portland, Oregón, a cidade onde o debuxante creceu.[51]
Temas
editar- Artigo principal: Temática de The Simpsons.
The Simpsons usa o estandarte de comedia de situación como premisa. O argumento da serie céntrase na historia dunha familia e a súa vida nunha cidade típica americana[47]. Non obstante, debido á natureza animada, o alcance de The Simpsons é moito máis amplo có dunha comedia de situación habitual. A cidade de Springfield actúa como un universo completo no cal os personaxes poden explorar os problemas aos que a sociedade moderna se enfronta. A presenza de Homer na planta de enerxía nuclear dá pé a que o programa poida comentar acerca do estado do medio ambiente[52]. A través dos días de Bart e Lisa na Escola elemental, os guionistas poden ilustrar asuntos con controversia no campo da educación. A cidade presenta un conxunto enorme de medios de comunicación, desde cadeas con programación para nenos ata telexornais locais, o que permite aos produtores facer chistes sobre eles mesmos e sobre a industria do entretemento[53].
Algúns comentaristas din que o programa é política na súa natureza e susceptible de ideas de esquerdas[54]. Al Jean admitiu nunha entrevista que "Nós [o programa] somos de inclinación liberal"[55]. Adoito, os guionistas evidencian unha apreciación dos ideais liberais, aínda que bromean con todo o amplo espectro político[56]. Ademais, o programa retrata o goberno e as grandes corporacións como entidades crueis que toman vantaxe ao traballador común[55]. Por esta razón, a miúdo os guionistas retratan as figuras de autoridade dun xeito escuro e pouco favorecedor. En The Simpsons, os políticos son corruptos, os pastores, como o Reverendo Lovejoy, móstranse indiferentes cara aos practicantes, e a policía local é incompetente[57]. A relixión tamén figura entre os temas máis tratados. En tempos de crise, frecuentemente a familia volta a Deus; así, a serie ten falado da maioría das grandes relixións[58].
Marcas de identidade
editarSecuencia de apertura
editar- Artigo principal: Secuencia de apertura de The Simpsons.
- Véxase tamén: Gag do encerado, Gag do sofá e The Simpsons Theme.
A secuencia de apertura de The Simpsons é un dos sinais de identidade máis salientables da serie. A meirande parte dos episodios comezan cun zoom dunha cámara que vai cara ao nome do programa para logo percorrer en vista aérea a cidade de Springfield. Despois, a cámara segue aos membros da familia Simpson no seu retorno á casa. Ao chegaren, os Simpson sentan no seu sofá para ver a televisión. A apertura foi creada por David Silverman, sendo esta a primeira tarefa que fixo ao comezar a produción da serie[59]. A canción distintiva da serie foi composta polo músico Danny Elfman en 1989, despois de que Groening lle propuxese unha peza de estilo retro. Esta peza, que levou dous días creala, foi destacada como a máis popular da carreira de Elfman[60].
Un dos aspectos máis distintivos desta secuencia é que tres dos fragmentos cambian dun episodio a outro: Bart escribe unha frase diferente no encerado da escola[59], Lisa toca un solo diferente co seu saxofón e a familia sofre un gag visual distinto ao entraren ao salón para sentárense no sofá[61].
O 15 de febreiro de 2009 introduciuse unha nova secuencia de apertura para acompañar o salto á alta definición da serie. A secuencia ten todas as características da apertura orixinal, pero se lle engadiron numerosos detalles e personaxes[62].
Episodios de Halloween
editar- Artigo principal: Especiais de Halloween de The Simpsons.
O episodio especial de Halloween xa se converteu nunha tradición anual. O primeiro episodio titulado "Treehouse of Horror" emitiuse en 1990 como parte da segunda temporada e estableceu o patrón das tres historias independentes de conclusión propia que compoñen cada un dos episodios de Halloween[63]. Estas partes a miúdo envolven á familia Simpson nalgunha situación terrorífica, de ficción científica ou sobrenatural e parodia ou renden homenaxe a obras famosas de cada xénero[64]. O normal é que os acontecementos teñan lugar fóra da continuidade do programa. Aínda que estes episodios están feitos para ser vistos na data de Halloween, dun tempo a esta parte, os máis recentes foron emitidos máis tarde debido ao contrato actual da Fox coa Serie Mundial da Liga Maior de Béisbol[65].
Humor
editar- Artigo principal: Bromas habituais en The Simpsons.
O humor da serie baséase en referencias culturais que cobren un amplo espectro da sociedade, o que fai que os espectadores de todas as xeracións poidan desfrutar do programa[66]. Estas referencias, por exemplo, veñen de películas, da televisión, da música, da literatura, da ciencia e da historia[66]. Ademais, os animadores tamén engaden regularmente bromas ou lixeiros chistes nos fondos do programa mediante textos graciosos ou incongruentes en sinais, carteis, xornais ou calquera outro sitio[67]. A audiencia pode non decatarse dalgunhas destas bromas visuais nun único visionado do episodio. Algunhas son tan fugaces que fai falla deter a imaxe para aprecialas[67]. Kristin Thompson argumenta que The Simpsons usa "...unha manchea de referencias culturais, caracterizacións intencionadamente incoherentes e considerables reflexións propias sobre as convencións de televisión e o estado do programa como serie televisiva"[68].
A serie usa diversas frases comodín, e case que todos os personaxes, tanto principais coma secundarios, teñen, polo menos, unha[69]. Entre estas expresións atópanse o gruñido de anoxo de Homer "D'oh!", o "Excellent..." ("Excelente...") do Sr. Burns e o "Ha-ha!" de Nelson Muntz, por exemplo. Algunhas das frases que Bart usa, como "¡Ay, caramba!", "Don't have a cow, man!" ("Non teñas unha vaca, meu!") e "Eat my shorts!" ("Come os meus calzóns!") apareceron como eslogan nalgunhas camisetas[70]. Porén, Bart raramente usaba as últimas dúas frases ata que se fixeron populares a través do merchandising. Por outra banda, o uso destas frases declinou nas temporadas máis recentes. No episodio "Bart Gets Famous", que se basea neste tipo de humor, Bart logra a fama ao saír pola televisión no Krusty the Clown Show (O show de Krusty o pallaso) tras dicir "I didn't do it" ("Non o fixen")[71].
Influencias na cultura
editarLingua
editarUn gran número dos neoloxismos orixinados en The Simpsons foise facendo habitual na linguaxe popular[72]. Mark Liberman, director do Linguistic Data Consortium, remarcou, "Aparentemente, The Simpsons substituíu a Shakespeare e á Biblia como a nosa mellor fonte cultural de linguas, frases comodín e diversas alusións textuais"[73]. A frase máis coñecida é o gruñido de anoxo de Homer: "D'oh!". A expresión é tan empregada que foi incluída no Oxford English Dictionary, sen o apóstrofo[74]. Dan Castellaneta dixo que tomou prestada a frase de James Finlayson, un actor que aparecía nas primeiras comedias de Laurel e Hardy, quen a pronunciaba nun ton máis longo, como de queixa. O director de The Simpsons falou con Castellaneta para pedirlle que acurtase o ruído, conseguindo con isto que se convertese na exclamación máis coñecida da serie[75].
A descrición de Willie dos franceses como "cheese-eating surrender monkeys" ("monos come-queixo que se renden") foi usada polo columnista Jonah Goldberg da National Review en 2003, despois da oposición de Francia á proposta da invasión de Iraq. A frase propagouse rapidamente por outros xornais[76]. "Cromulent", palabra usada no episodio "Lisa the Iconoclast", apareceu desde aquela no Webster’s New Millennium Dictionary de inglés[77]. "Kwyjibo", unha palabra falsa usada por Bart no episodio "Bart the Genius" mentres xogaba ao Scrabble, foi usada como un dos alias do creador do virus informático Melissa[78]. "I, for one, welcome our new insect overlords" ("Eu, pola miña banda, dou a benvida aos novos amos"), foi usada por Kent Brockman en "Deep Space Homer", converténdose nun cliché común[79]. Diversas variantes do dito por Brockman son usadas para expresar submisión simulada, normalmente con obxecto de humor[80]. A frase, ademais, foi usada nos medios de comunicación, como a revista New Scientist[81]. O termo de rexeitamento "Meh", que foi popularizado pola serie[82], introduciuse no dicionario Collins de inglés en 2008[83].
Televisión
editarThe Simpsons foi o programa animado emitido en horario de máxima con máis éxito desde Wait till Your Father Gets Home nos anos 70[84]. Durante gran parte dos anos 80, os expertos consideraron que os programas animados só eran apropiados para os nenos, e que a animación dun programa era demasiado cara para conseguir a calidade axeitada para o horario de máxima audiencia na televisión. The Simpsons cambiou esta percepción[41]. O uso de estudios de animación coreanos facendo os fotogramas intermedios, dando cor e gravando fixo que os episodios fosen máis baratos. O éxito de The Simpsons e o custo máis baixo da produción provocou que as cadeas de televisión probasen sorte con outras series animadas[41]. Este desenvolvemento permitiu que nos anos 90 houbese un incremento substancial con novas series animadas, tales como South Park, Family Guy, King of the Hill, Futurama e The Critic[41]. "The Simpsons creou unha audiencia para a animación que non estaba aí desde hai moitos, moitos anos" dixo o creador de Family Guy, Seth MacFarlane. "No que a min respecta, basicamente reinventan a roda. Crearon o que, en moitos aspectos, se pode clasificar coma un novo medio"[85]. South Park rendeu unha homenaxe a The Simpsons co episodio "Simpsons Already Did It"[86].
The Simpsons tamén influenciou en series non animadas como Malcolm in the Middle, que debutou o 9 de xaneiro de 2000 na franxa horaria despois de The Simpsons[87][88]. Malcolm in the Middle caracterízase polo uso de bromas que poden pasar desapercibidas e por non usar as risas gravadas, como fan a meirande parte das comedias de situación. Ricky Gervais comentou que The Simpsons tivo unha importante influencia na súa comedia británica The Office, que tamén carece deste tipo de risas[89].
Recepción e logros
editarThe Simpsons foi eloxiada con moitas críticas, sendo descrita como "a serie en antena máis irreverente e sen desculpa"[90]. Nunha recensión do ano 1990 sobre o programa, Ken Tucker do Entertainment Weekly describiuno como "a familia americana máis complicada, feita como simples debuxos animados. É isto o que fai que millóns de persoas vexan The Simpsons as noites dos domingos"[91]. Tucker quixo tamén describir o programa como "un fenómeno cultural, unha serie de debuxos animados emitida en horario de máxima audiencia que fai un chamamento a toda a familia"[92].
Premios
editar- Artigo principal: Lista de premios obtidos por The Simpsons.
A serie The Simpsons gañou ducias de premios desde que debutou como serie. Entre eles destacan 24 Premios Emmy[38], 26 Premios Annie[93] e un Premio Peabody[94]. Nun número do ano 1998 celebrando os mellores logros en arte e entretemento do século XX, a revista Time nomeou a The Simpsons como a mellor serie de televisión do século[95]. Nese mesmo número, Time incluíu a Bart Simpson na "Lista das 100 persoas máis influentes do século XX"[96]. Bart foi o único personaxe de ficción da lista. O 14 de xaneiro de 2000, a familia Simpson foi premiada cunha estrela no Paseo da Fama de Hollywood[97]. Ademais diso, tamén en 2000, o crítico da revista de televisión Entertainment Weekly Ken Tucker dixo que The Simpsons fora o mellor programa de televisión dos anos 90. Ademais, os telespectadores do canal británico Channel 4 déronlle as mellores puntuacións en dúas enquisas: no máis alto da lista dos 100 mellores programas para nenos no ano 2001[98] e dos 100 mellores debuxos animados no ano 2005[99], con Homer Simpson no primeiro lugar dos 100 mellores personaxes de televisión no ano 2001[100] e o noveno posto na lista das 50 mellores iconas da televisión do Entertainment Weekly[101]. En 2002, The Simpsons estaban os oitavos na "Guía da televisión dos 50 mellores programas da televisión de todos os tempos"[102]; mentres que en 2007 foi incluído na lista Time dos "100 mellores programas de televisión de todos os tempos"[103]; así, en 2008, o programa acadou a primeira praza nos "100 mellores programas dos últimos 25 anos" do Entertainment Weekly[104] e Empire declarouna como a mellor serie de televisión de todos os tempos[105].
Logros de maior tempo de emisión
editarO 9 de febreiro de 1997, The Simpsons superou a Os Picapedra co episodio "The Itchy & Scratchy & Poochie Show" como a serie de animación estadounidense en horario de máxima audiencia que leva máis tempo en emisión. En 2004, The Simpsons substituíu a The Adventures of Ozzie and Harriet (de 1952 a 1966) como a comedia de situación (animada ou non) máis tempo en antena nos Estados Unidos[106]. En outubro de 2004, Scooby-Doo superou brevemente a The Simpsons como o programa animado norteamericano co maior número de episodios[107]. Non obstante, en abril de 2005 os executivos da cadea volveron cancelar Scooby-Doo, que finalizou con 371 episodios, mentres que The Simpsons recuperou o título con 378 episodios á fin da súa décimo sétima temporada[108]. En maio de 2007, The Simpsons atinxiu o seu episodio número 400 ao final da décimo oitava temporada. Se ben The Simpsons posúe o récord do número de episodios dun programa animado estadounidense, outras series animadas superárona fóra deste país[109]. É o caso, por exemplo, da serie de anime xaponés Sazae-san, que rematou con 2.000 episodios[109].
No ano 2007, a serie celebrou o seu vixésimo aniversario. Coa súa vixésima temporada (2008-2009) aínda en emisión, a serie iguala a Gunsmoke como a serie de televisión norteamericana máis lonxeva. Porén, o número de episodios de Gunsmoke chegaba ata os 635, lonxe da cifra actual de The Simpsons, que só podería acadala se durase, aproximadamente, 29 temporadas baixo condicións de programación semellantes ás de agora[106][110].
En 2009, a Fox celebrará o 20 aniversario de The Simpsons cunha programación especial titulada "Best. 20 Years. Ever." ("Mellor. 20 anos. Sempre.") que durará todo o ano. Rematará o 14 de xaneiro de 2010, vinte anos despois da estrea do episodio "Bart the Genius". Unha das primeiras partes desta celebración é o concurso "Unleash Your Yellow" ("Desata o teu amarelo") no que os participantes deberán deseñar un chiste para a serie[111]. O 26 de febreiro de 2009 a Fox anunciou que o programa fora renovado e solicitou dúas temporadas máis, o que levaría á serie a acadar as vinte e dúas temporadas[112].
Críticas ao descenso da calidade
editarAs críticas aos novos episodios de The Simpsons alabaron a serie polo seu enxeño, realismo e intelixencia[5][113]. A finais dos anos 90, o ton e a énfase do programa comezou a cambiar. Algúns críticos comezaron a chamar "aburrida" a serie[114]. En 2000, algúns dos afeccionados máis veteranos desilusionáronse e apuntaron que os cambios nos argumentos empezáranse a converter en historias demasiado estrañas ou excéntricas[115][116]. O autor Douglas Coupland describiu as críticas ao descenso da calidade da serie como "parvadas", dicindo: "The Simpsons non perdeu as oportunidades en catorce anos, polo que é moi difícil que perda unha agora"[117]. Mike Scully, quen foi o show runner desde a novena á duodécima temporada, foi obxecto de críticas[118][119]. Chris Suellentrop da revista Slate escribiu "durante o tempo no que Scully estivo nese cargo, a serie The Simpsons converteuse en debuxos animados. [...] Os episodios que unha vez puideron acabar con Homer e Marge montados na bicicleta cara ao solpor agora rematan con Homer disparando un dardo tranquilizante contra o pescozo de Marge. A serie segue a ser graciosa, pero non é conmovedora desde hai anos"[118].
En 2003, para celebrar o episodio número 300 da serie, titulado "Barting Over", USA Today publicou un par de artigos relacionados con The Simpsons: un cunha lista dos mellores dez episodios escollidos polo webmaster do sitio web para fans The Simpsons Archive[120] e outro cunha lista dos 15 mellores feita polos guionistas[121]. O episodio máis recente que aparecía na lista dos fans era "Homer's Phobia", do ano 1997; o máis actual elixido polos guionistas foi "Behind the Laughter", do ano 2000. En 2004, Harry Shearer criticou que precibira como o programa fora perdendo calidade: "Valoro as tres últimas temporadas como entre as peores, polo que a cuarta temporada paréceme moi boa agora"[122].
Non obstante, malia estas críticas, The Simpsons segue a manter a grande audiencia e a atraer a novos afeccionados. Mentres que a primeira temporada gozou dunha media de 13,4 millóns de espectadores por episodios nos Estados Unidos de América[8] a décimo novena temporada obtivo unha media de 7,7 millóns[123]. Nunha entrevista feita a Matt Groening en abril de 2006, este dixo, "Honradamente, eu non vexo ningunha fin no interese. Penso que é posible que a serie se converta en moi custosa economicamente... pero arestora, o programa é creativamente tan bo ou mellor do que nunca foi. A animación e incriblemente detallada e imaxinativa, e as historias fan cousas que nunca antes fixemos. Así que, creativamente, non hai ningún motivo para cancelala"[124].
Outros medios
editarBandas deseñadas
editar- Artigo principal: Bandas deseñadas de The Simpsons.
Numerosas publicacións relacionadas con The Simpsons foron realizadas e postas á venda ao longo dos anos. Ata o de agora, nove series de cómics foron publicadas por Bongo Comics desde 1993[125]. As primeiras tiras cómicas baseadas en The Simpsons apareceron en 1991 na revista Simpsons Illustrated, a cal foi unha revista sacada por mor do programa[126]. Os cómics de The Simpsons e de Bart Simpson foron coleccionados e reimprimidos nos Estados Unidos HarperCollins[127][128][129]. Ademais, moitos outros libros sobre guías de episodios foron tamén publicados.
Película
editar- Artigo principal: The Simpsons Movie.
20th Century Fox, Gracie Films e Film Roman produciu o filme animado de The Simpsons, que se estreou o 27 de xullo de 2007[130]. A película foi dirixida polo produtor David Silverman e escrita por un equipo de guionistas entre os que se atopaban Matt Groening, James L. Brooks, Al Jean, George Meyer, Mike Reiss, John Swartzwelder, Jon Vitti, David Mirkin, Mike Scully, Matt Selman e Ian Maxtone-Graham[130]. A produción do filme levouse a cabo xunto coa escritura do guión da serie, malia que se dixera que só se faría a película despois de que a serie rematase[130]. Xa se falara dunha posible longametraxe de The Simpsons desde as primeiras temporadas da serie. James L. Brooks pensou orixinalmente en levar a historia do episodio "Kamp Krusty" ao cine, pero topou con dificultades ao intentar alongar a trama para convertelo nunha longametraxe[131]. Durante un longo período de tempo, as dificultades, tales como a falta dunha historia adecuada e un equipo completamente ocupado, atrasaron o proxecto[124].
Tras gañar un concurso da Fox e mais do USA Today, Springfield, Vermont foi o lugar onde se celebrou a estrea mundial do filme[132]. The Simpsons Movie recadou un total de 74 millóns de dólares na súa primeira fin de semana nos Estados Unidos, chegando a ser unha das máis vistas[133], fixando, ademais, o récord de fin de semana con máis recadacións dunha película baseada nunha serie de televisión, superando así a Mission: Impossible II[134]. Abriuse paso no estranxeiro, chegando aos 96 millóns de dólares en setenta e un territorios; incluíndo 27,8 millóns no Reino Unido, facéndoa a segunda mellor estrea da Fox neste país[135]. En Australia, recadou 13,2 millóns de dólares australianos, a meirande estrea dunha película animada e a terceira mellor fin de semana no país[136]. Ata hoxe, o filme ten unha recadación mundial de 526.622.545 dólares[137].
Música
editar- Artigo principal: Discografía de The Simpsons.
Foron editados varios álbums con coleccións de música orixinal da serie, entre os que se encontran Songs in the Key of Springfield, Go Simpsonic with The Simpsons e The Simpsons: Testify[138]. Varias das cancións foron gravadas co propósito de editar un single ou un álbum sen este ser emitido no programa. O álbum The Simpsons Sing the Blues foi lanzado en setembro de 1990 e foi un éxito, alcanzando o #3 no Billboard 200[139] e conventéndose en disco de plantino segundo a Recording Industry Association of America[140]. O primeiro single do álbum é a canción de hip hop "Do the Bartman", interpretada por Nancy Cartwright e presentada o 20 de novembro de 1990. A canción foi escrita por Michael Jackson, aínda que non recibiu ningún crédito[141]. Mentres que a canción nunca foi lanzada oficialmente coma un single nos Estados Unidos, foi un éxito no Reino Unido. En 1991 chegou á lista dos máis vendidos durante tres semanas do 16 de febreiro ao 9 de marzo e foi a sétima mellor vendida do ano[142]. Vendeu medio millón de copias, sendo certificada co ouro da British Phonographic Industry o 1 de febreiro de 1991[143]. No Reino Unido, "Deep, Deep Trouble" foi lanzado para continuar co éxito que "Do The Bartman" obtivera. Por outra parte, os álbums The Simpsons Sing the Blues e The Yellow Album conteñen versións cóver de cancións, así como algunhas orixinais.
The Simpsons Ride
editar- Artigo principal: The Simpsons Ride.
En 2007, foi anunciado oficialmente que The Simpsons Ride, un simulador, sería incluído nos Universal Studios Orlando e nos Universal Studios Hollywood[144]. Abriu oficialmente o 15 de maio de 2008 en Florida[145] e o 19 de maio de 2008 en Hollywood[146]. No simulador, os visitantes entran a un parque temático chamado Krustyland, construído por Krusty o pallaso. Non obstante, Sideshow Bob fuxiu do cárcere e quere vingarse de Krusty e mais da familia Simpson[147]. Nesta atracción aparecen máis de 24 personaxes regulares de The Simpsons, coas súas correspondentes voces de membros do elenco habituais, como Pamela Hayden, Russi Taylor e Kelsey Grammer[148]. Harry Shearer decidiu non participar no simulador, polo que ningún dos seus personaxes fala[149]. James L. Brooks, Matt Groening e Al Jean colaboraron co equipo creativo dos Universal Studios, Universal Creative, para axudarlles a desenvolver a atracción[150]. Durante o transcurso, de seis minutos de duración, úsanse 80 pantallas IMAX e proxectores de Sony[151]. A atracción posúe 24 habitáculos, cada un cunha capacidade de oito persoas[148], o que permite que, aproximadamente, 2.000 persoas poidan montarse cada hora[147]. A animación na atracción usa animacións tridimensionais xeradas por ordenador renderizadas por Blur Studio e Reel FX[152], a diferenza da animación tradicional en dúas dimensións que se ve en The Simpsons[153]. A versión da atracción dos Universal Studios Florida atinxiu a cifra dun millón de visitantes o 14 de xullo de 2008, obtendo o fito de ser a atracción máis rápida do parque en conseguilo[154].
Videoxogos
editar- Artigo principal: Videoxogos de The Simpsons.
A industria dos videoxogos foi moi rápida ao adaptar os personaxes e o mundo de Springfield en xogos. Entre algúns dos primeiros xogos atópanse o xogo arcade de Konami The Simpsons (1991) e o de Acclaim Entertainment chamado The Simpsons: Bart vs. the Space Mutants (1991). En canto aos máis modernos están The Simpsons Road Rage (2001), The Simpsons Hit & Run (2003) e The Simpsons Game (2007). Ademais, dous máquinas de pinball de The Simpsons foron producidas; unha que estivo brevemente dispoñible pouco despois da primeira temporada e outra que aínda está dispoñible no mercado[155].
Mercadorías
editar- Véxase tamén: Libros de The Simpsons e DVDs de The Simpsons.
A popularidade de The Simpsons fixo que a industria das mercancías desta serie producise millóns de dólares[13]. A familia protagonista e os personaxes habituais aparecen en moitos destes produtos, desde camisetas ata pósters. The Simpsons inspirou edicións especiais de xogos de mesa moi coñecidos, incluíndo Cluedo, Scrabble, Monopoly, Operación e The Game of Life, así como xogos de preguntas como What Would Homer Do? e Simpsons Jeopardy!. Varios xogos de cartas como The Simpsons Trading Card Game xa se están vendendo nas tendas. Tamén se teñen publicado moitos libros oficiais e non oficiais.
En 2003, ao redor de 500 compañías no mundo tiveron licenza para usar a imaxe dos personaxes de The Simpsons nos seus anuncios de publicidade[156]. Como promoción de The Simpsons Movie, doce tendas 7-Eleven foron transformadas en Kwik-E-Marts e venderon produtos relacionados con The Simpsons. Isto incluía a "Buzz Cola", os cereais "Krusty-O" e dónuts rosas[157].
O 1 de abril de 2009, o Servizo Postal dos Estados Unidos anunciou que Homer, Marge, Bart, Lisa e Maggie aparecerán nun conxunto de cinco selos de 44 céntimos. Os selos puxéronse en circulación a partir do 9 de abril, facendo que a serie The Simpsons sexa a primeira en recibir este recoñecemento co programa aínda en antena e produción[158][159].
Ademais, moitos dos episodios da serie foron postos á venda en formatos DVD e VHS ao longo dos anos. Cando a primeira temporada foi posta á venda en 2001, converteuse axiña no DVD dunha serie de televisión mellor vendido da historia, aínda que máis adiante fose superado pola primeira temporada de Chappelle's Show[160]. En concreto, as temporadas da unha á once foron postas á venda nos EUA (Rexión 1), Europa (Rexión 2) e Australia/Nova Zelandia/América Latina (Rexión 4) con expectativa de lanzar máis temporadas no futuro[161].
Notas
editar- ↑ Groening, Matt (14-02-2003). Fresh Air. Entrevista con David Bianculli. National Public Radio. WHYY. Philadelphia. Consultado o 08-08-2007.
- ↑ 2,0 2,1 BBC (2000). The Simpsons: America's First Family (6 minute edit for the season 1 DVD) (DVD). UK: 20th Century Fox.
- ↑ Richmond, p. 14
- ↑ Kuipers, Dean (15-04-2004). Los Angeles: City Beat, ed. "'3rd Degree: Harry Shearer'". Arquivado dende o orixinal o 08-03-2008. Consultado o 01-09-2006.
- ↑ 5,0 5,1 Tucker, Ken (12-03-1993). Entertainment Weekly, ed. "Toon Terrific". p. 48(3).
- ↑ "Simpsons Roasting on an Open Fire" The Simpsons.com. Comprobado o 5 de febreiro de 2007
- ↑ Groening, Matt (2001). The Simpsons season 1 DVD commentary for the episode "Some Enchanted Evening" (DVD). 20th Century Fox.
- ↑ 8,0 8,1 ClassicTVHits.com (ed.). "TV Ratings: 1989–1990". Consultado o 03-07-2006.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 Rabin, Nathan (26-04-2006). The A.V. Club, ed. "Matt Groening: Interview". Arquivado dende o orixinal o 16-12-2008. Consultado o 22-10-2006.
- ↑ Spotnitz, Frank (23-10-1992). Entertainment Weekly, ed. "Eat my shorts!". p. 8(1).
- ↑ Turner, p. 131
- ↑ Rosenbaum, Martin (29-06-2007). BBC News, ed. "Is The Simpsons still subversive?". Consultado o 06-08-2007.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 13,3 Griffiths, Nick (15-04-2000). The Times Magazine, ed. "America's First Family". p. 25, 27–28.
- ↑ Dan Snierson. Entertainment Weekly, ed. "D'Oh!". Arquivado dende o orixinal o 01-08-2014. Consultado o 21-10-2007.
- ↑ Cagle, Daryl. MSNBC, ed. "The David Silverman Interview". Arquivado dende o orixinal o 30-11-2005. Consultado o 30-11-2005.
- ↑ Mitchell, Gail (24-01-1999). Ultimate TV, ed. "Mike Scully".
- ↑ 17,0 17,1 Owen, David (13-03-2000). The New Yorker, ed. "Taking Humor Seriously".
- ↑ Nixon, Geoff (04-03-2004). The Silhouette, ed. "Mmmmmm... pop culture".
- ↑ Turner, p. 21
- ↑ McGinty, Stephen (04-01-2005). Scotsman, ed. "The icing on the Simpsons' cake". Consultado o 10-08-2007.
- ↑ BBC News, ed. (23-12-2004). "Gervais writing Simpsons episode". Consultado o 29-12-2006.
- ↑ Munoz, Lorenza (23-12-2007). Los Angeles Times, ed. "Why SpongeBob is sitting out the writers strike". Arquivado dende o orixinal o 26-12-2007. Consultado o 09-01-2008.
- ↑ 23,0 23,1 23,2 23,3 23,4 23,5 Richmond, pp. 178–179
- ↑ 24,0 24,1 Azaria, Hank (06-12-2004). Fresh Air. Entrevista con Terry Gross. National Public Radio. WHHY. Philadelphia. Consultado o 15-08-2007.
- ↑ O'Niel, Tom (20-07-2006). The Envelope, ed. "Shearer snubbed again! Blame that Mr. Burns?". Arquivado dende o orixinal o 22-12-2007. Consultado o 10-08-2007.
- ↑ Groening, Matt; James L. Brooks, David Silverman (2001). The Simpsons season 1 DVD commentary for the episode "Simpsons Roasting on an Open Fire" (DVD). 20th Century Fox.
- ↑ Groening, Matt; Jay Kogen, Wallace Wolodarsky, Al Jean, David Silverman (2002). The Simpsons season 2 DVD commentary for the episode "Old Money" (DVD). 20th Century Fox.
- ↑ Doherty, Brian (marzo/abril de 1999). Mother Jones, ed. "Matt Groening".
- ↑ Dan Glaister (03-04-2004). The Age, ed. "Simpsons actors demand bigger share". Consultado o 09-02-2008.
- ↑ McGinnis, Rick (09-08-2004). Metro, ed. "Star talks Simpsons".
- ↑ CBS News, ed. (01-05-2004). "'Simpsons' Cast Goes Back To Work". Arquivado dende o orixinal o 10-11-2013. Consultado o 09-02-2008.
- ↑ Peter Sheridan (06-05-2004). Daily Express, ed. "Meet the Simpsons".
- ↑ 33,0 33,1 Michael Schneider (19-05-2008). Variety, ed. "Still no deal for 'Simpsons' cast". Consultado o 20-05-2008.
- ↑ BBC News, ed. (03-06-2008). "Simpsons cast sign new pay deal". Consultado o 08-09-2008.
- ↑ McCann, Jesse L.; Matt Groening (2002). The Simpsons Beyond Forever!: A Complete Guide to Our Favorite Family ...Still Continued. Harper Collins Publishers. pp. 117. 0-06-050592-3.
- ↑ Finley, Adam (20-06-2006). TV Squad, ed. "The Five: Great Simpsons guest stars". Arquivado dende o orixinal o 15-07-2009. Consultado o 10-08-2007.
- ↑ Turner, p. 393
- ↑ 38,0 38,1 "THE SIMPSONS — Season 19 (2007-2008)". FoxFlash. Arquivado dende o orixinal o 17-12-2007. Consultado o 21-10-2007.
- ↑ Kay, Jonathan (09-09-2000). Saturday Night Magazine, ed. "Caste Of Characters". Arquivado dende o orixinal o 10-02-2008. Consultado o 07-08-2007.
- ↑ El-Rashidi, Yasmine (14-10-2005). "D'oh! Arabized Simpsons not getting many laughs". Pittsburgh Post-Gazette. Arquivado dende o orixinal o 22-01-2012. Consultado o 07-08-2007.
- ↑ 41,0 41,1 41,2 41,3 41,4 Deneroff, Harvey (xaneiro de 2000). Animation Magazine, Vol. 14, #1, ed. "Matt Groening's Baby Turns 10". pp. 10, 12.
- ↑ Elber, Lynn (05-08-2001). Associated Press, ed. "TV's 'The Simpsons' Goes Global".
- ↑ Bernstein, Sharon (21-01-1992). Los Angeles Times, ed. "'The Simpsons' Producer Changes Animation Firms". p. 18.
- ↑ Groening, Matt; Al Jean, Jeffrey Lynch, Mike Reiss, David Silverman (2004). The Simpsons season 4 DVD commentary for the episode "Whacking Day" (DVD). 20th Century Fox.
- ↑ Grala, Alyson. License Mag, ed. "A Salute to the Simpsons" (PDF). pp. páx. 14. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25-09-2007. Consultado o 11-08-2007.
- ↑ FoxFlash, ed. (23-01-2009). "Primetime Listings (February 8 - February 14)". Arquivado dende o orixinal o 01-02-2009. Consultado o 24-01-2009.
- ↑ 47,0 47,1 Turner, p. 28
- ↑ Turner, pp. 289–290
- ↑ US Geological Survey (ed.). "Geographic Names Information System Feature Query Results". Consultado o 05-06-2007.
- ↑ Turner, p. 30
- ↑ Hamilton, Don (19-07-2002). Portland Tribune, ed. "Matt Groening’s Portland". Arquivado dende o orixinal o 24-02-2007. Consultado o 04-08-2007.
- ↑ Turner, p. 55
- ↑ Turner, p. 388
- ↑ Turner, pp. 221–222
- ↑ 55,0 55,1 Turner, p. 223
- ↑ Turner, p. 224
- ↑ Turner, p. 56
- ↑ Pinsky, Mark I (15-08-1999). Orlando Sentinel, ed. "The Gospel According to Homer".
- ↑ 59,0 59,1 BBC (ed.). "Top titles". Consultado o 01-08-2007.
- ↑ Glionna, John M. (1999). Danny Elfman's Music For A Darkened People, ed. "Danny Elfman in the L.A. Times". Arquivado dende o orixinal o 01-10-2011. Consultado o 03-07-2006.
- ↑ Richmond, pp. 90–91
- ↑ Leonard, Tom (17-02-2009). "'The Simpsons' opening sequence changes". The Daily Telegraph. Consultado o 02-03-2009.
- ↑ Martyn, Warren; Wood, Adrian (2000). BBC, ed. "The Simpsons Halloween Special". Consultado o 09-11-2007.
- ↑ Turner, p. 31
- ↑ Ryan, Andrew (04-11-2006). The Globe and Mail, ed. "Pick of the Day: The Simpsons Treehouse of Horror XVII". pp. p. 12.
- ↑ 66,0 66,1 Turner pp. 63–65
- ↑ 67,0 67,1 Turner p. 62
- ↑ King, Geoff (29-03-2002). New Hollywood Cinema: An Introduction. I B Tauris & Co. ISBN 1-86064-750-2.
- ↑ Turner p. 60
- ↑ Turner p. 25
- ↑ Turner p. 61
- ↑ Bahn, Christopher; Donna Bowman, Josh Modell, Noel Murray, Nathan Rabin, Tasha Robinson, Kyle Ryan, Scott Tobias (26-04-2006). The A.V. Club, ed. "Beyond "D'oh!": Simpsons Quotes For Everyday Use". Arquivado dende o orixinal o 16-12-2008. Consultado o 03-07-2006.
- ↑ Macintyre, Ben (11-08-2007). "Last word: Any word that embiggens the vocabulary is cromulent with me". The Times. Arquivado dende o orixinal o 15-06-2011. Consultado o 07-01-2009.
- ↑ BBC News, ed. (14-06-2001). "It's in the dictionary, d'oh!". Consultado o 2006-12-24.
- ↑ Simon, Jeremy (11-02-1994). The Daily Northwestern, ed. Wisdom from The Simpsons' 'D'ohh' boy. (Entrevista).
- ↑ Younge, Gary; Jon Henley (07-07-2006). Guardian Unlimited, ed. "Wimps, weasels and monkeys — the US media view of 'perfidious France'". Consultado o 05-08-2006.
- ↑ definición en reference.com
- ↑ Vitti, Jon (2001). The Simpsons The Complete First Season DVD commentary for the episode "Bart the Genius" (DVD). 20th Century Fox.
- ↑ Liberman. Mark (29-01-2004). Language Log, ed. "I, for one, welcome our new * overlords". Consultado o 12-01-2009.
- ↑ Turner, p. 300
- ↑ New Scientist magazine (ed.). "The British government welcomes our new insect overlords". Arquivado dende o orixinal o 13-04-2016. Consultado o 14-10-2007.
- ↑ Michael Hann (05-03-2007). The Guardian, ed. "Meh — the word that's sweeping the internet". Consultado o 14-10-2007.
- ↑ Boswell, Randy (18-11-2008). Canwest News Service, ed. "Canadian politics: The definition of 'meh'". Vancouver Sun. Arquivado dende o orixinal o 06-12-2008. Consultado o 21-11-2008.
- ↑ Alberti, p. xii.
- ↑ John Ortved (agosto de 2007). Vanity Fair, ed. "Simpson Family Values". Consultado o 18-10-2008.
- ↑ Richard Corliss (29-07-2007). TIME, ed. "The Simpsons, Bigger and Better". Arquivado dende o orixinal o 04-12-2010. Consultado o 01-08-2007.
- ↑ BBC News, ed. (15-02-2003). "The Simpsons: The world's favourite family". Consultado o 19-12-2006.
- ↑ Wallenstein, Andrew. Media Life Magazine, ed. "'Malcolm in the Middle': trite Fox fare with a first-rate time slot". Arquivado dende o orixinal o 21-10-2011. Consultado o 03-07-2006.
- ↑ Schuchardt, Richard. DVDActive.com, ed. "Ricky Gervais Part One". Arquivado dende o orixinal o 13-04-2016. Consultado o 20-12-2006.
- ↑ Ted Drozdowski (1997). The Boston Phoenix, ed. "Eye pleasers". Arquivado dende o orixinal o 03-02-2008. Consultado o 27-01-2008.
- ↑ Ken Tucker (18 de maio de 1990). Entertainment Weekly, ed. "TV review: The Simpsons". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2014. Consultado o 27-01-2008.
- ↑ Ken Tucker (15 de xuño de 1990). Entertainment Weekly, ed. "TV review: The Simpsons". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2014. Consultado o 27-01-2008.
- ↑ Annie Awards (ed.). "Legacy: 20th Annual Annie Award Nominees and Winners (1992)". Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2012. Consultado o 2007-10-16.
- ↑ Peabody.uga.edu (ed.). "George Foster Peabody Award Winners" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26-07-2011. Consultado o 15-10-2006.
- ↑ TIME, ed. (31-12-1999). "The Best Of The Century". Arquivado dende o orixinal o 30-09-2007. Consultado o 03-06-2007.
- ↑ Corliss, Richard (08-06-1998). TIME, ed. "Bart Simpson". Arquivado dende o orixinal o 08-04-2000. Consultado o 03-07-2006.
- ↑ "The Simpsons" no Directorio do Paseo da Fama de Hollywood Arquivado 15 de abril de 2009 en Wayback Machine.. Consultado o 17-10-2007.
- ↑ Channel 4.com (ed.). "100 Greatest Kids' TV Shows". Consultado o 2007-12-31.
- ↑ Channel 4.com (ed.). "100 Greatest Cartoons". Consultado o 31-12-2007.
- ↑ Channel 4.com (ed.). "100 Greatest TV Characters". Consultado o 31-12-2007.
- ↑ Entertainment Weekly (ed.). "The 50 Greatest TV Icons". Arquivado dende o orixinal o 09-07-2014. Consultado o 15-11-2007.
- ↑ TV Guide, ed. (04-05-2002). "TV Guide's 50 Greatest TV Shows of All Time".
- ↑ TIME (ed.). "The 100 Best TV Shows of All-TIME — The Simpsons". Arquivado dende o orixinal o 23-01-2011. Consultado o 10-01-2007.
- ↑ Jennifer Armstrong, Whitney Pastorek, Dan Snierson, Tim Stack e Alynda Wheat (2008). Entertainment Weekly, ed. "100 New TV Classics: The Top 25–1. The Simpsons". Arquivado dende o orixinal o 16-02-2009. Consultado o 14-09-2008.
- ↑ Empire, ed. (2008). "The 50 Greatest TV Shows of All Time–01–The Simpsons". Consultado o 27-09-2008.
- ↑ 106,0 106,1 Owen, Rob (21-01-2003). Pittsburgh Post-Gazette, ed. "TV Notes: 'Simpsons' breaks record with contract renewal". Arquivado dende o orixinal o 11-01-2012. Consultado o 19-12-2006.
- ↑ BBC, ed. (25-10-2004). "Scooby-Doo breaks cartoon record". Consultado o 21-08-2006.
- ↑ Folkard, Claire (2006). Bantam USA, ed. Guinness World Records 2006. ISBN 0-553-58906-7.
- ↑ 109,0 109,1 Andy Vineberg (15-11-2007). PhillyBurbs.com, ed. "Some records will last forever". Arquivado dende o orixinal o 16-12-2008. Consultado o 17-11-2007.
- ↑ Bill Keveney (28-09-2008). ABC, ed. "'The Simpsons' Hits a Landmark". Consultado o 02-10-2008.
- ↑ Wallace, Lewis (13-01-2009). "Simpsons Poster Contest Will Have Fans Seeing Yellow". Wired. Consultado o 14-01-2009.
- ↑ FoxFlash, ed. (26-02-2009). ""Best. News. Ever. Fox renews hit animated series "The Simpsons" for two additional". Arquivado dende o orixinal o 29-02-2012. Consultado o 26-02-2009.
- ↑ Remington, Bob (26-10-1990). TV Times (Calgary Herald), ed. "It's The Simpsons, Man". p. 10.
- ↑ Suellentrop, Chris (12-02-2003). Slate, ed. "Who turned America's best TV show into a cartoon?". Consultado o 03-07-2006.
- ↑ Weinman, Jaime J. (2000-01-24). "Worst Episode Ever". Salon.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2006. Consultado o 2006-07-03.
- ↑ Bonné, Jon (02-09-2000). MSNBC, ed. "’The Simpsons’ has lost its cool". Consultado o 27-01-2008.
- ↑ Turner, p. xiii
- ↑ 118,0 118,1 Suellentrop, Chris (12-02-2003). Slate, ed. "The Simpsons: Who turned America's Best TV Show into a Cartoon?". Consultado o 15-05-2008.
- ↑ Turner, p. 42
- ↑ Paakkinen, Jouni (06-02-2003). USA Today, ed. "10 fan favorites". Consultado o 03-07-2006.
- ↑ USA Today, ed. (06-02-2003). "15 writer favorites". Consultado o 03-07-2006.
- ↑ Leggett, Chris (04-08-2004). UK Teletext, ed. "Harry Shearer".
- ↑ Verne Gay (04-06-2008). Newsday, ed. ""The Simpsons": Could The End (Gulp) be Near?". Arquivado dende o orixinal o 06-06-2008. Consultado o 09-06-2008.
- ↑ 124,0 124,1 Rabin, Nathan (26-04-2006). A.V. Club, ed. "Matt Groening interview with The A.V. Club (páxina 3)". Arquivado dende o orixinal o 16-12-2008. Consultado o 27-10-2006.
- ↑ Shutt, Craig. MSNBC, ed. "Sundays with the Simpsons". Arquivado dende o orixinal o 08-07-2007. Consultado o 08-07-2007.
- ↑ "The Groening of America". Entertainment Weekly. 29-03-1991. Arquivado dende o orixinal o 06-10-2014. Consultado o 10-03-2009.
- ↑ "Simpsons search at Harper Collins". Harper Collins. Arquivado dende o orixinal o 12-10-2013. Consultado o 03-08-2008.
- ↑ "Treehouse of Horror search at Harper". HarperCollins. Arquivado dende o orixinal o 14-10-2013. Consultado o 04-08-2008.
- ↑ "Bart Simpson search at Harper". HarperCollins. Arquivado dende o orixinal o 12-10-2013. Consultado o 04-08-2008.
- ↑ 130,0 130,1 130,2 Fleming, Michael (02-04-2006). Variety.com, ed. "Homer going to bat in '07". Consultado o 03-07-2006.
- ↑ Groening, Matt; Al Jean, Mark Kirkland, David Silverman (2004). The Simpsons season 4 DVD commentary for the episode "Kamp Krusty" (DVD). 20th Century Fox.
- ↑ BBC News, ed. (21-07-2007). "Simpsons launch hits Springfield". Consultado o 22-07-2007.
- ↑ Box Office Mojo (ed.). "Weekend Box Office July 27–29, 2007". Consultado o 29-07-2007.
- ↑ Joshua Rich. Entertainment Weekly, ed. "Raking in the d'oh!". Arquivado dende o orixinal o 09-07-2014. Consultado o 30-07-2007.
- ↑ Frank Segers (29-07-2007). Reuters, ed. ""Simpsons Movie" rules foreign box office". Consultado o 30-07-2007.
- ↑ Patrick Kolan (30-07-2007). IGN, ed. "Simpsons Movie Breaks Records". Arquivado dende o orixinal o 07-09-2007. Consultado o 31-07-2007.
- ↑ Box Office Mojo (ed.). "The Simpsons Movie". Consultado o 20-12-2007.
- ↑ "Dozens Of 'Simpsons' Songs Bundled For 'Testify'". Billboard. Arquivado dende o orixinal o 09-02-2008. Consultado o 03-01-2009.
- ↑ Billboard charts (ed.). "Artist Chart History — The Simpsons". Arquivado dende o orixinal o 01-03-2009. Consultado o 28-10-2008.
- ↑ Recording Industry Association of America (ed.). "RIAA Searchable database – Gold and Platinum". Arquivado dende o orixinal o 03-11-2015. Consultado o 05-11-2008.
- ↑ MTV, ed. (23-02-1998). "Michael Jackson Update: News From Korea, Poland And Groening". Arquivado dende o orixinal o 09-01-2010. Consultado o 28-10-2008.
- ↑ Official Charts Company (ed.). "All the Number 1 Singles–1990s". Arquivado dende o orixinal o 17-12-2008. Consultado o 01-12-2008.
- ↑ British Phonographic Industry (ed.). "Certified awards". Arquivado dende o orixinal o 25-05-2008. Consultado o 28-10-2008.
- ↑ Josef Adalian (01-03-2008). Variety, ed. "Universal launches 'Simpsons' ride". Consultado o 23-04-2007.
- ↑ Jane Clark (04-04-2008). USA Today, ed. "Orlando unveils a few new tricks to boost bookings". Consultado o 11-08-2008.
- ↑ Universal Parks & Resorts (ed.). "The Simpsons Ride™ coming May 19th". Arquivado dende o orixinal o 18-07-2011. Consultado o 14-03-2008.
- ↑ 147,0 147,1 Mark Albright (29-04-2008). St. Petersburg Times, ed. "Universal takes new 'Simpsons' ride for a spin". Arquivado dende o orixinal o 07-06-2011. Consultado o 30-04-2008.
- ↑ 148,0 148,1 ThrillNetwork.com, ed. (14-05-2008). "The Simpsons Ride Fact Sheet". Arquivado dende o orixinal o 17-05-2008. Consultado o 14-05-2008.
- ↑ TMZ, ed. (15-04-2008). "Mr. Burns Sucks in Real Life Too". Consultado o 28-04-2008.
- ↑ Penny Lingo (15-05-2008). The San Diego Union-Tribune, ed. "Homer and Marge's eeeexcelllent adventure". Consultado o 15-05-2008.
- ↑ Universal Studios Orlando (ed.). "The Simpsons Ride". Arquivado dende o orixinal o 06-10-2008. Consultado o 16-02-2008.
- ↑ Seth Kubersky (08-05-2008). Orlando Weekly, ed. "Live Active Cultures". Consultado o 09-05-2008.
- ↑ Brady MacDonald (16-05-2008). Los Angeles Times, ed. "Review: Simpsons Ride at Universal Studios Hollywood blends satire with thrills". Consultado o 30-10-2008.
- ↑ Scott Powers (15-07-2008). Orlando Sentinel, ed. "Simpsons Ride gets 1 million riders in quickest time ever". Arquivado dende o orixinal o 15-05-2013. Consultado o 15-07-2008.
- ↑ Stern Pinball, Inc. (ed.). "Stern Pinball, Inc. Announces A Wild "Simpsons Pinball Party"". Arquivado dende o orixinal o 01-08-2012. Consultado o 12-08-2007.
- ↑ Bonne, Jon (07-11-2003). MSNBC, ed. "‘Simpsons’ evolves as an industry". Arquivado dende o orixinal o 23-03-2009. Consultado o 08-03-2009.
- ↑ Fox News, ed. (01-07-2007). "7-Eleven Becomes Kwik-E-Mart for 'Simpsons Movie' Promotion". Arquivado dende o orixinal o 04-07-2007. Consultado o 03-07-2007.
- ↑ BBC News, ed. (01-04-2009). "The Simpsons get postage stamps". Consultado o 01-04-2009.
- ↑ Szalai, George (01-04-2009). "Postal Service launching 'Simpsons' stamps". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 02-04-2009. Consultado o 01-04-2009.
- ↑ Lambert, David (19-09-2004). TVshowsonDVD.com, ed. "Chapelle's Show—S1 DVD Passes The Simpsons As #1 All-Time TV-DVD; Celebrates by Announcing Season 2!". Arquivado dende o orixinal o 06-04-2016. Consultado o 03-07-2006.
- ↑ Datas de lanzamentos en DVD Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. en TVShowsOnDVD.com. Consultado o 7 de xuño de 2006.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Alberti, John (ed.) (2003). Wayne State University Press, ed. Leaving Springfield: The Simpsons and the Possibility of Oppositional Culture. Detroit. ISBN 0-8143-2849-0.
- Cartwright, Nancy (2000). Hyperion, ed. My Life as a 10-Year-Old Boy. New York City. ISBN 0-7868-8600-5.
- Richmond, Ray; Antonia Coffman (1997). Harper Collins Publishers, ed. The Simpsons: A Complete Guide to our Favorite Family. ISBN 0-06-019348-4.
- Turner, Chris (2004). Random House of Canada, ed. Planet Simpson: How a Cartoon Masterpiece Documented an Era and Defined a Generation. ISBN 0-679-31318-4.
- Brown, Alan; Chris Logan (2006). Benbella Books, ed. The Psychology of The Simpsons. Dallas, Texas. ISBN 1-932100-70-9.
- Gray, Jonathan (2006). Routledge, ed. Watching with The Simpsons: Television, Parody, and Intertextuality. Abingdon. ISBN 0-415-36202-4.
- Irwin, William; Mark T. Conrad; Aeon Skoble (eds.) (1999). The Simpsons and Philosophy: The D'oh! of Homer. Chicago: Open Court. ISBN 0-8126-9433-3.
- Keller, Beth L. (1992). Regent University, ed. The Gospel According to Bart: Examining the Religious Elements of The Simpsons. ISBN 0-8126-9433-3.
- Keslowitz, Steven (2003). Hats Off Books, ed. The Simpsons And Society: An Analysis Of Our Favorite Family And Its Influence In Contemporary Society. ISBN 1-58736-253-8.
- Pinsky, Mark I (2001). Westminster John Knox Press, ed. The Gospel According to The Simpsons: The Spiritual Life of the World's Most Animated Family. Louisville. ISBN 0-664-22419-9.
- Pinsky, Mark I.; Samuel F. Parvin (2002). Westminster John Knox Press, ed. The Gospel According to the Simpsons: Leaders Guide for Group Study. Louisville, KY. ISBN 0-664-22590-X.
Outros artigos
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: The Simpsons |
Ligazóns externas
editar- Páxina web oficial de The Simpsons en FOX.com
- The Simpsons na IMDb (en inglés).
- The Simpsons Arquivado 29 de abril de 2007 en Wayback Machine. en TV.com
- Wiki de The Simpsons en Wikia.com
- The Simpsons Archive (véxase The Simpsons Archive)
- The Simpsons na Enciclopedia da televisión