cor
Galego
- Etimoloxía: do galego-portugués coor, do latín color, -ōris, do latín arcaico colos, do protoindoeuropeo *ḱel-.
- Pronuncia: /ˈkoɾ/ (AFI)
cor (sg: cor; pl: cores)
- (Física) Propiedade da luz de producir determinadas impresións no sentido da vista, dependendo da súa composición espectral.
- Exemplo: O ton é un dos parámetros empregados para cuantificar a cor
.
- Exemplo: O ton é un dos parámetros empregados para cuantificar a cor
- Cada unha desas impresións, diferentes entre si, que recibe o sentido da vista.
- Exemplo: As cores do arco da vella. O azul é unha das cores fundamentais
.
- Exemplo: As cores do arco da vella. O azul é unha das cores fundamentais
- Conxunto de cores combinadas nalgunha cousa.
- Exemplo: Para ese pintor a cor é moi importante
.
- Exemplo: Para ese pintor a cor é moi importante
- A cor rosa ou vermella do rostro humano.
- Exemplo: Estaba pálido pero con tres días no campo xa recobrou a cor
.
- Exemplo: Estaba pálido pero con tres días no campo xa recobrou a cor
- (Figurado) O que anima ou dá interese a algo.
- Exemplo: As actuacións dos cantantes danlles cor ás festas
.
- Exemplo: As actuacións dos cantantes danlles cor ás festas
- (Figurado) Aspecto ou aparencia das cousas segundo as circunstancias.
- Exemplo: Este asunto está adquirindo unha cor dramática
.
- Exemplo: Este asunto está adquirindo unha cor dramática
- (Política) Tendencia política ou ideolóxica.
- Exemplo: Sexa cal sexa a súa cor, ten que aceptar o erro ocorrido
.
- Exemplo: Sexa cal sexa a súa cor, ten que aceptar o erro ocorrido
Sinónimos
Termos relacionados
- Combinación de cores que serven como distintivo dun club ou equipo.
- Exemplo: Durante moitos anos defendeu as cores do Deportivo da Coruña.
- Exemplo: Durante moitos anos defendeu as cores do Deportivo da Coruña.
Traducións
- Castelán: color (es).
- Catalán: color (ca).
- Francés: couleur (fr).
- Galés: lliw (cy)
- Indonesio: warna (id)
- Inglés: color (en) (nos Estados Unidos de América), colour (en) (no Reino Unido, Australia, Canada, Nova Celandia, Sudáfrica e India)
- Portugués: cor (pt)
- Vasco: kolore (eu)
Catalán
- Etimoloxía: do occitano antigo cor, do latín cor, do protoitálico *kord, do protoindoeuropeo *ḱḗr ~ *ḱr̥d-.
cor (sg: cor; pl: cors)
Occitano antigo
- Etimoloxía: do latín cor, do protoitálico *kord, do protoindoeuropeo *ḱḗr ~ *ḱr̥d-.
cor (sg: cor; pl: cors)
Descendentes
Portugués
- Etimoloxía: do galego-portugués coor, do latín color, colōrem, do latín arcaico colos, do protoindoeuropeo *ḱel-.
cor (sg: cor; pl: cores)
- Cor.