Saltar ao contido

Concepción Arenal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
Homenaxes: Engado referencias, reviso formato, adapto texto a referencias. Engádense 2 exposicións e pásanse tempos a pasado
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 86: Liña 86:
== Homenaxes ==
== Homenaxes ==


* A primeira clínica-hospital fundada pola Sociedade [[Hijas de Galicia]] creada por galegas chamouse Sanatorio Concepción Arenal, en Luyano no ano 1924 en Cuba.<ref>{{Cita web|título=Emigrantes de Viveiro y Ribadeo presidieron Hijas de Galicia en Cuba|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2020/03/08/emigrantes-viveiro-ribadeo-presidieron-hijas-galicia-cuba/0003_202003X8C6991.htm|páxina-web=La Voz de Galicia|data=2020-03-08|data-acceso=2020-03-31|lingua=es}}</ref>
* A primeira clínica-hospital fundada pola Sociedade [[Hijas de Galicia]] creada por galegas chamouse Sanatorio Concepción Arenal, en Luyano no ano [[1924]] en Cuba.<ref>{{Cita web|título=Emigrantes de Viveiro y Ribadeo presidieron Hijas de Galicia en Cuba|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2020/03/08/emigrantes-viveiro-ribadeo-presidieron-hijas-galicia-cuba/0003_202003X8C6991.htm|páxina-web=La Voz de Galicia|data=8 de marzo de 2020|data-acceso=31 de amarzo de 2020|lingua=es}}</ref>
* Ten adicadas rúas e monumentos en España, [[Cuba]], [[Uruguai]] e [[Arxentina]]. Un gran número de rúas, prazas e centros de ensino por toda Galiza e resto de España levan o seu nome, así como un [[Airbus A340]] de [[Iberia]] e un barco da [[Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima|SASEMAR]]. O trofeo de fútbol do verán en Ferrol fundado en 1953 chámase [[Trofeo Concepción Arenal]].
* Ten dedicadas rúas e monumentos en España, [[Cuba]], [[Uruguai]] e [[Arxentina]]. Un gran número de rúas, prazas e centros de ensino por toda Galiza e resto de España levan o seu nome, así como tamén o levou un [[Airbus A340]] de [[Iberia]]<ref>{{Cita web|título=Iberia Flota de A340 (Almacenado)|url=https://www.airfleets.es/flottecie/Iberia-stored-a340-0-ddasc.htm|páxina-web=www.airfleets.es|data-acceso=31 de xaneiro de 2021}}</ref> e un barco en activoda [[Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima|SASEMAR]].<ref>{{Cita publicación periódica|título=Anuncio de formalización de contratos de: Dirección de la Sociedad de Salvamento y Seguridad Marítima. Objeto: Servicio de mantenimiento a realizar en los motores principales de las guardamares Polimnia, Concepción Arenal, Talía, Calíope y Salvamar Saiph. Expediente: EM19-574|id= BOE-B-2019-17575|url=https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2019-17575|número=96|data= 22 de abril de 2019|páxinas=21761 a 21763|revista=[[Boletín Oficial del Estado]]}}</ref> O trofeo de fútbol do verán en Ferrol fundado en 1953 chámase [[Trofeo Concepción Arenal]].<ref>{{Cita web|título=Trofeo Concepción Arenal|url=https://racingclubferrol.net/clube/trofeo-concepcion-arenal/|páxina-web=Racing Club de Ferrol|data-acceso=31 de xaneiro de 2021|lingua=es}}</ref>
* En 2020 celébranse actos no 200 aniversario do seu nacemento.<ref>{{Cita web|título="Para unha persoa que busque a transformación social como Concepción Arenal, o traballo intelectual non é suficiente"|url=https://praza.gal/cultura/para-unha-persoa-que-busque-a-transformacion-social-como-concepcion-arenal-o-traballo-intelectual-non-e-suficiente|páxina-web=Praza Pública|data=2020-02-09|data-acceso=2020-02-27|lingua=gl}}</ref><ref>{{Cita xornal|título=O Consello da Cultura despide o bicenterario de Concepción Arenal revisando a vixencia do seu legado|url=https://praza.gal/cultura/o-consello-da-cultura-despide-o-bicenterario-de-concepcion-arenal-revisando-a-vixencia-do-seu-legado|xornal=Praza Pública|data=2020-10-20|data-acceso=2020-10-21}}</ref>
* En 2020 celébraronse diversos actos no 200 aniversario do seu nacemento.<ref>{{Cita web|título="Para unha persoa que busque a transformación social como Concepción Arenal, o traballo intelectual non é suficiente"|url=https://praza.gal/cultura/para-unha-persoa-que-busque-a-transformacion-social-como-concepcion-arenal-o-traballo-intelectual-non-e-suficiente|páxina-web=Praza Pública|data=2020-02-09|data-acceso=2020-02-27|lingua=gl}}</ref><ref>{{Cita xornal|título=O Consello da Cultura despide o bicenterario de Concepción Arenal revisando a vixencia do seu legado|url=https://praza.gal/cultura/o-consello-da-cultura-despide-o-bicenterario-de-concepcion-arenal-revisando-a-vixencia-do-seu-legado|xornal=Praza Pública|data=2020-10-20|data-acceso=2020-10-21}}</ref><ref>{{Cita web|título=Ano Concepción Arenal (1820-2020) |editor= Universidade de Santiago de Compostela|url=https://www.usc.gal/gl/concepcion-arenal|páxina-web=www.usc.gal|data-acceso=30 de xaneiro de 2021|lingua=gl}}</ref>Entre eles dúas exposicións, a primeira impulsada pola Universidade de Santiago de Compostela no [[Colexio de Santiago Alfeo|Colexio de Fonseca]] do 24 de setembro ao 12 de decembro, baixo o título ''Concepción Arenal: a conciencia da razón.''<ref>{{Cita web|título=Inauguración de 'Concepción Arenal. A conciencia da razón' |editor=Universidade de Santiago de Compostela|url=https://www.usc.gal/gl/concepcion-arenal/eventos/inauguracion-concepcion-arenal-conciencia-razon|páxina-web=www.usc.gal|data-acceso=30 de xaneiro de 2021|lingua=gl}}</ref> A segunda exposición, títulada ''Concepción Arenal: la pasión humanista 1820-1893'', realizouna a Biblioteca Nacional de España entre o 16 de decembro de 2020 e o 4 de abril de 2021.<ref>{{Cita web|título=Concepción Arenal: la pasión humanista 1820-1893|url=http://www.bne.es/es/Actividades/Exposiciones/Exposiciones/Exposiciones2020/concepcion-arenal.html|páxina-web=www.bne.es|data=6 de marzo de 2020|data-acceso=31 de xaneiro de 2020|lingua=es|editor=Biblioteca Nacional de España}}</ref>
* Audiovisual realizado polo Consello da Cultura Galega da obra de Concepción Arenal ''A muller do porvir'' coa participación de: [[Rosario Álvarez Blanco]], [[Inma López Silva|Inmaculada López Silva]], [[Isabel Naveira]], Celia Pereira, [[María Xosé Porteiro]], [[Mabel Rivera|Mabel Riveira]].<ref>{{Cita web|título=A muller do porvir|url=http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200991|páxina-web=CONSELLO DA CULTURA GALEGA|data-acceso=2020-03-31|lingua=en-US}}</ref>
* Presentación en formato audiovisual da presentación da tradución ao galego da obra de Concepción Arenal ''A muller do porvir'' realizada polo [[Consello da Cultura Galega]] coa participación de: [[Rosario Álvarez Blanco]], [[Inma López Silva|Inmaculada López Silva]], [[Isabel Naveira]], Celia Pereira, [[María Xosé Porteiro]], [[Mabel Rivera|Mabel Riveira]].<ref>{{Cita web|título=A muller do porvir|url=http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200991|páxina-web=Consello da Cultura Galega|data-acceso=31 de marzo de 2020|lingua=gl}}</ref>


== Galería de imaxes ==
== Galería de imaxes ==

Revisión como estaba o 31 de xaneiro de 2021 ás 00:13

Modelo:BiografíaConcepción Arenal

(1893) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalMaría Concepción Jesusa Petra Vicenta Arenal Ponte
Biografía
Nacemento(es) María de la Concepción Pontevilla Editar o valor en Wikidata
31 de xaneiro de 1820 Editar o valor en Wikidata
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de febreiro de 1893 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró (1902–)
Cemiterio de Picacho (–1902) Editar o valor en Wikidata
Visitadora de prisións
outubro de 1863 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Central Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDereito penal Editar o valor en Wikidata
OcupaciónDiplomada en Dereito, xornalista, escritora
Membro de
Xénero artísticoPoesía, ensaio e teatro Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeFernando García Carrasco (1848) Editar o valor en Wikidata
Fillos3: Candonga, Fernando e Ramón Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteApuntes para un diccionario de escritoras españolas del siglo XIX (1ª parte) (pt) Traducir, (p.173-174)
Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Arenal (Concepción), p.22)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Galiciana: 94960 BNE: XX1719848 Bitraga: 3705 BUSC: arenal-concepcion-1820-1893 Find a Grave: 7620526 Editar o valor en Wikidata


María Concepción Jesusa Petra Vicenta Arenal Ponte, nada en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820[1] e finada en Vigo o 4 de febreiro de 1893,[2] foi unha diplomada en Dereito, xornalista, feminista,[3] poeta, autora dramática e de zarzuela. É considerada unha das pensadoras máis lúcidas e prestixiosas do século XIX dentro e fóra do país.[4][5]. Foi a primeira muller en asistir a unha Universidade española.[6]

A sociedade non pode en xustiza prohibir o exercicio honrado das súas facultades á metade do xénero humano.
Concepción Arenal[3][7]

Traxectoria

Concepción Arenal naceu nunha modesta casa do barrio de Ferrol Vello.[8] Era filla dun militar liberal orixinario de La Montaña cántabra, Ángel del Arenal, e de Concepción Ponte Tenreiro, de ascendencia aristocrática galega. A súa infancia estivo marcada pola persecución, represión e desterro que sufriu o seu pai a causa das súas ideas liberais, e pola súa morte prematura a consecuencia delas. Quedou orfa de pai aos nove anos instalándose a súa nai viuva e tres fillas en Armaño no val de Liébana.[9] No ano 1830 morre a súa irmá pequena, en 1835 abandonan a aldea e trasládanse a capital.[10]

Estudou en Madrid, nun colexio para señoritas, cun tipo de educación para nenas de clases acomodadas que máis tarde ela mesma se encargaría de someter a severa crítica por tratarse da "arte de perder o tempo". Mais a maior parte da súa cultura e formación acadouna de xeito autodidacta, especialmente a través da lectura, á que se afeccionou polo contacto coa biblioteca que a súa familia paterna tiña en Armaño (Cantabria), lugar a onde se trasladou coa súa nai e as súas dúas irmás tras quedar orfa de pai. Nestes primeiros anos en Madrid aprende nos seus estudos a comportarse en sociedade como era desexo da súa nai, coa que tiña constantes confrontacións, pero tamén aprende francés e italiano de forma autodidacta. En 1840 regresa a Armaño a coidar da súa avoa Jesusa cando esta enfermou.[1] Tiña vinte e un anos cando morreu a súa nai.

Asiste á Universidade "travestida" de home,[11] ás aulas da carreira de Dereito Penal e Xurídico, xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso das mulleres aos estudos superiores en España. Cortou o cabelo, vestiu levita, capa e sombreiro de copa. Cando se descubriu a súa identidade, interveu o reitor. Tras un exame satisfactorio foi autorizada a asistir ás clases, cousa que fará desde 1842 a 1845.[12]

O rito era o seguinte: acompañada por unha familiar dona Concepción presentábase na porta do claustro, onde era recollida por un bedel que a trasladaba a un cuarto no que se mantiña soa ata que o profesor da materia que ía impartirse a recollía para as clases. Sentada nun lugar diferente do dos seus aparentes compañeiros, seguía as explicacións ata que a clase concluía e de novo era recollida polo profesor, que a depositaba no devandito cuarto ata a clase seguinte.
Amelia Valcárcel. Feminismo en un mundo global[13]

En 1848 casou con Fernando García Carrasco, que soubo entender os planos de igualdade de Concepción Arenal, ata o punto de que o acompañaba ás tertulias e salóns vestida de home.[1] A parella compartiu inquedanzas e traballo intelectual e tivo unha filla, Concepción, que morreu antes de cumprir os dous anos, e dous fillos, Ramón e Fernando. Despois do derradeiro parto a saúde de Concepción Arenal quedou delicada para o resto da súa vida. Quedou viúva aos trinta e sete anos e o seu fillo Ramón tamén morreu prematuramente. Ao morrer o seu marido deixou de poder publicar artigos en prensa a consecuencia dunha lei que obrigaba a asinalos.[14]

Por Eugenio Duque y Duque, no Museo de Pontevedra.

Foi nomeada "visitadora de prisións de mulleres" en 1864,[1] posto que foi suprimido definitivamente dez anos despois. Na Coruña trabou unha grande amizade con Juana de Vega,[15] condesa de Espoz y Mina. Concepción Arenal asistía ao parladoiro que organizaba a condesa na súa casa da rúa Real e as dúas promoveron unha asociación para visitar as mulleres presas chamada das "Magdalenas". Concepción Arenal escribía cartas dirixidas ás reclusas nas que explicaba o contido do Código penal daquela vixente (o de 1850) e comentaba algúns artigos, especialmente os que facían referencia a delitos cometidos por mulleres. Juana de Vega era a que se encargaba de lerlles esas cartas ás presas mentres Concepción Arenal se dedicaba a observar as actitudes destas durante a lectura.

As dúas últimas décadas da súa vida pasounas co seu fillo Fernando, primeiro en Xixón e, tras un breve paso por Pontevedra, en Vigo. Foron anos de moi intensa actividade social e intelectual, malia o seu precario estado de saúde. Salvo pequenos períodos e por motivos de empeoramento da súa saúde, Concepción Arenal non deixou de escribir, estudar e revisar as súas propias obras e ideas, até o fin da súa vida. Boa proba diso constitúea a súa ampla bibliografía, que se agrupa, fundamentalmente, ao redor de tres grandes temas: as denominadas "cuestión social", "penitenciaria" e "feminina". A súa obra tivo repercusión internacional malia que Concepción Arenal non saíu nunca de España. Porén, enviou informes a congresos internacionais que foron obxecto de unánime aplauso por parte dos expertos alí presentes; colaborou en publicacións e libros editados en francés e inglés; ilustres personaxes do ámbito penal e penitenciario, como Roeder e E. C. Wines, eloxiaron a súa obra e persoa; libros seus, como El visitador del pobre e El visitador del preso escritos en castelán foron traducidos a outras linguas.

A influencia do ideario liberal e do krausismo é fulcral na súa obra aínda que o seu pensamento é orixinal e tivo importancia tamén na súa vida pola amizade con Manuel de la Cuesta, Salustiano Olózaga, Juana de Vega, Fernando de Castro, Francisco Giner de los Ríos e Gumersindo de Azcárate.[16]

No monumento nos Cantóns da Coruña.

Con Concepción Arenal naceu o feminismo en España, pois dende nova loitou por romper os canons establecidos para a muller, rebelándose contra a tradicional marxinación do sexo feminino, e reivindicando a igualdade en todas as esferas sociais para a muller [17].

É un erro grave e dos máis prexudiciais, inculcarlle á muller que a súa misión única é a de esposa e nai [...]. O primeiro que necesita a muller é afirmar a súa personalidade, independentemente do seu estado, e persuadirse de que, solteira, casada ou viúva, ten dereitos que cumprir, dereitos que reclamar, dignidade que non depende de ninguén, un traballo que realizar e idea de que é cousa seria, grave, a vida e que se a toma como un xogo, ela será indefectibelmente un xoguete.
Concepción Arenal. "La educación de la Mujer"

Morreu o 4 de febreiro de 1893 en Vigo e foi inhumada no Cemiterio de Picacho. Os seus restos foron trasladados en 1912 ao cemiterio de Pereiró.[18] No seu epitafio o lema que a acompañou durante toda a súa vida: Á virtude, a unha vida, á ciencia.

No ano 2020, o Consello da Cultura Galega organiza diversas actividades para conmemorar o bicentenario de Concepción Arenal. Como a edición de libros ou a cooperación no Congreso "Concepción Arenal 1820-2020" na USC. O inicio do calendario conmemorativo veu marcado o 31 de xaneiro cunha actividade no cárcere da Lama onde se proxectou a película Concepción Arenal, a visitadora de cárceres e posterior coloquio coas persoas internas, dúas das actrices do filme (Mabel Rivera e Isabel Naveira), e a especialista Celia Pereira.

Obra

Por Aniceto Marinas en Ourense.[19]
  • Fábulas en verso originales. Madrid, Tomás Fortanet. 1851.[11]
  • La beneficencia, la filantropía y la caridad. Madrid, Imprenta del Colegio de Sordo-Mudos y de Ciegos, 1861[17][20]
  • Manual del visitador del pobre. Madrid, Imprenta de Tejado, 1863. Traducido ao francés, Manuel du visiteur du pauvre (París, Ambroise Bray Libraire-Editeur, 1864).
  • Cartas a los delincuentes. A Coruña, Imprenta del Hospicio, 1865.
  • El reo, el pueblo y el verdugo, o la ejecución pública de la pena de muerte. Madrid, Establecimiento Tipográfico de Estrada, Díaz y López, 1867.
  • La voz que clama en el desierto. A Coruña, Tipografía de la Casa de Misericordia, 1868.
  • Examen de las bases aprobadas por las Cortes, para la reforma de las prisiones. Madrid, Imprenta de la Revista de Legislación, 1869.
  • A muller do porvir. Foi publicado en 1869, e traducida ao galego en 2020 por María Alonso Seisdedos[21].[a]
  • Estudios penitenciarios. Madrid, Imprenta de T. Fortanet, 1877.
  • La cárcel llamada Modelo. Madrid, Imprenta de T. Fortanet, 1877.
  • Las colonias penales de la Australia y la pena de deportación. Madrid, Imprenta y Librería de Eduardo Martínez, 1877.
  • "La récidive en Espagne", Bulletin de la Société Générale des Prisons, 6 (xuño de 1878), p. 575-586.
  • Ensayo sobre el derecho de gentes. Madrid, Imprenta de la Revista de Legislación, 1879.
  • "Hay Irlanda, pero no Cobden", La Ilustración Gallega y Asturiana, 34 (8 de decembro 1880), p. 418-419.
  • "Mi vida. A... que me pedía con insistencia apuntes para escribir mi biografía", La Ilustración Gallega y Asturiana, 31 (8 de novembro 1880), p. 385.
  • Cuadros de la guerra. Ávila, Imprenta de la Propaganda Literaria, 1880 [1].
  • La cuestión social. Cartas a un obrero y a un señor. Ávila, Imprenta de la Propaganda Literaria, 1880.
  • La instrucción del pueblo. Madrid, Real Academia de Ciencias Morales y Políticas (Tip. Guttenberg), 1881.
  • "Lettre à M. Le Directeur General de L’Administration Pénitentiaire D’Espagne", Bulletin de la Société Générale des Prisons, 4 (abril 1883), p. 468-475.
  • La mujer de su casa. Madrid, Gras y Compañía Editores, 1883.
  • "Idea del cielo", en Almanaque de las damas para 1885, Porto Rico, Imprenta y Librería de José González Font, 1884.
  • "Clinique criminelle", Bulletin de la Société Générale des Prisons, nº 7 (novembro 1886), p. 857-866.
  • "Psychologie comparée du délinquant", Bulletin de la Société Générale des Prisons, 5 (maio 1886), p. 647-655.
  • "La educación de la mujer", Boletín de la Institución Libre de Enseñanza, T. XVI (1892), p. 305-312.
  • El delito colectivo. Madrid, La España Moderna, 1892.
  • El visitador del preso, Madrid, La España Moderna, 1894.
  • Obras Completas, Madrid, Librería de Victoriano Suárez, 1894-1913.
  • "Estado actual de la mujer en España", Boletín de la Institución Libre de Enseñanza, T. XIX (1895 ), p. 239-252.
  • Manuel du visiteur du prisonnier, París, Au Secrétariat de l’Oeuvre des Libérées de Saint-Lazare, 1893.
  • Informes presentados en los Congresos Penitenciarios de Estocolmo, Roma, San Petersburgo y Amberes. Madrid, Librería de Victoriano Suárez, 1896.
  • El pauperismo. Madrid, Librería de Victoriano Suárez, 1897.
  • "A Méndez Núñez", en Vigo y Doña Concepción Arenal. El libro de la velada (10 de setembro de 1897), Madrid, Establecimiento Tipográfico de la viuda e hijos de Manuel Tello, 1898.
  • La igualdad social y política y sus relaciones con la libertad. Madrid, Librería de Victoriano Suárez, 1898.
  • "Juicio crítico de las obras de Feijoo", en Antología popular. Buenos Aires, Editorial Galicia, 1966 [20]
  • Dios y libertad. Pontevedra, Deputación Provincial, 1996.

No cinema

Na Literatura

  • El pensamiento vivo de Concepción Arenal de Clara Campoamor 1939 Arxentina, editorial Espuela Plata. Reeditado no 2013.[23][24]
  • Mujeres de Isabel Ruiz Ruiz. Libro ilustrado de biografías de mulleres que non recibirón suficiente recoñecimento como as feministas Concepción Arenal ou Clara Campoamor 2016 [25]
  • Damas ilustres en la historia de España de Vicenta Márquez de la Plata, biografía dentro do xénero de novela histórica 2019 [26].

Homenaxes

Galería de imaxes

Notas

  1. A autora incluíu a seguinte dedicatoria: "Presento este libriño, e se te propós lelo, débesme agradecer que sexa tan breve, porque o asunto é extenso, e asegúroche que me custou moito non dicir máis sobre el. [...] Cantos se dirixen a ti adoitan ter o propósito de te atraer á súa crenza, á súa opinión; as miñas pretensións son máis modestas: non pretendo persuadirte nin convencerte; toda a miña ambición limítase a que, tras concluíres estas páxinas, dubides e digas, primeiro para ti e despois para os outros: «Non terá razón esta muller en algo do que di?".
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Ayala Aracil, Mª Ángeles. "Biografía de Concepción Arenal - Concepción Arenal". Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán). Consultado o 4 de marzo de 2020. 
  2. Morán Breña, Carmen (4 de setembro de 2018). "El dolor de pensar en España". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 4 de marzo de 2020. 
  3. 3,0 3,1 "La madre del feminismo español, Concepción Arenal (1820-1893)". Consultado o 2020-01-10. 
  4. Breña, Carmen Morán (2018-09-04). "El dolor de pensar en España". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-01-10. 
  5. "El pensamiento feminista y social de Concepción Arenal | Tribuna Feminista" (en castelán). 2018-02-02. Consultado o 2020-01-10. 
  6. Martín Sacristán (2018-03-07). "Concepción Arenal, la primera gran mujer española". La Soga | Revista Cultural (en castelán). Consultado o 2020-01-10. 
  7. "Concepción Arenal, la madre del feminismo en España" (en castelán). 2019-06-14. Consultado o 2020-01-10. 
  8. Martínez Orero (15 de agosto de 1997). "Un historiador halla la casa natal de Concepción Arenal" (PDF). El Ideal Gallego. p. 35.  Parámetro descoñecido |nombre1= ignorado (suxírese |nome1=) (Axuda)
  9. Chica, Miguel Ángel (23 de decembro de 2019). "Concepción Arenal, una revolucionaria feminista nacida en 1820". eldiario.es (en castelán). Consultado o 4 de marzo 2020. 
  10. Chica, Miguel Ángel. "Concepción Arenal, una revolucionaria feminista nacida en 1820". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2020-01-10. 
  11. 11,0 11,1 "Concepción Arenal, la madre del feminismo español". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 2020-01-10. 
  12. Nash, Mary; Álvaez González, Ana Isabel (2002). Seneca Falls. Un siglo y medio del Movimiento Internacional de Mujeres y la lucha por el sufragio femenino en España. Guía didáctica. Gobierno del Principado de Asturias. 
  13. Valcárcel, Amelia (2013). Feminismo en un mundo global. Cátedra. ISBN 9788437631929. Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2016. Consultado o 3 de outubro de 2016. 
  14. Marcos, Ana (2020-01-30). "Concepción Arenal, la ensayista que se vistió de hombre y desafió a su época". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-03-04. 
  15. "Biografia-Fundación Juana de Vega". juanadevega.org. Consultado o 2020-03-04. 
  16. "Concepción Arenal". culturagalega.gal. Consultado o 2021-01-18. 
  17. 17,0 17,1 "Biografia de Concepción Arenal". www.biografiasyvidas.com. Consultado o 2020-01-10. 
  18. Vida Gallega, Ano IV Número 38 - 1912 abril
  19. Alcalá Martín, Alfonso: Galicia, revista quincenal ilustrada Ano II Num. 28 (15/09/1907)
  20. 20,0 20,1 "Concepción Arenal Ponte 1820-1893". www.filosofia.org. Consultado o 2020-01-10. 
  21. "A muller do porvir". Consello da Cultura Galega. 
  22. "Mujeres en la historia - Concepción Arenal, la fuerza de un ideal - RTVE.es" (en castelán). 2010-07-08. Consultado o 2020-01-10. 
  23. "El Pensamiento Vivo De Concepción Arenal (Biblioteca de Historia)". Librotea (en castelán). Consultado o 2020-01-10. 
  24. PDF Gratis El pensamiento vivo de concepción arenal (en castelán). 
  25. "Mujeres | Isabel Ruiz Ruiz". Mujeres | Isabel Ruiz Ruiz. Consultado o 2020-01-10. 
  26. "Damas ilustres en la Historia de España | Vicenta Márquez de la Plata". Damas ilustres en la Historia de España | Vicenta Márquez de la Plata. Consultado o 2020-01-10. 
  27. "Emigrantes de Viveiro y Ribadeo presidieron Hijas de Galicia en Cuba". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de marzo de 2020. Consultado o 31 de amarzo de 2020. 
  28. "Iberia Flota de A340 (Almacenado)". www.airfleets.es. Consultado o 31 de xaneiro de 2021. 
  29. "Anuncio de formalización de contratos de: Dirección de la Sociedad de Salvamento y Seguridad Marítima. Objeto: Servicio de mantenimiento a realizar en los motores principales de las guardamares Polimnia, Concepción Arenal, Talía, Calíope y Salvamar Saiph. Expediente: EM19-574". Boletín Oficial del Estado (96): 21761 a 21763. 22 de abril de 2019. BOE-B-2019-17575. 
  30. "Trofeo Concepción Arenal". Racing Club de Ferrol (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2021. 
  31. ""Para unha persoa que busque a transformación social como Concepción Arenal, o traballo intelectual non é suficiente"". Praza Pública. 2020-02-09. Consultado o 2020-02-27. 
  32. "O Consello da Cultura despide o bicenterario de Concepción Arenal revisando a vixencia do seu legado". Praza Pública. 2020-10-20. Consultado o 2020-10-21. 
  33. Universidade de Santiago de Compostela (ed.). "Ano Concepción Arenal (1820-2020)". www.usc.gal. Consultado o 30 de xaneiro de 2021. 
  34. Universidade de Santiago de Compostela (ed.). "Inauguración de 'Concepción Arenal. A conciencia da razón'". www.usc.gal. Consultado o 30 de xaneiro de 2021. 
  35. Biblioteca Nacional de España, ed. (6 de marzo de 2020). "Concepción Arenal: la pasión humanista 1820-1893". www.bne.es (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 2020. 
  36. "A muller do porvir". Consello da Cultura Galega. Consultado o 31 de marzo de 2020. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas