A miña fermosa lavandería
My Beautiful Laundrette ("A miña fermosa lavandaría"), é un filme británico estreado o 18 de novembro de 1985, dirixido por Stephen Frears e con guión de Hanif Kureishi. A fita ofrece unha visión sobre unha relación homosexual e a vida da comunidade asiática no Londres da época de goberno de Margaret Thatcher.
Trama
[editar | editar a fonte]Omar (Gordon Warnecke) é o fillo dun xornalista paquistaní que vive en Londres pero que detesta Inglaterra, o seu trato aos inmigrantes e a súa política internacional. En troques, o seu tío paterno, Nasser, é un home integrado na sociedade inglesa e un exitoso empresario, activo membro da comunidade asiática da capital. O pai de Omar pídelle ao tío que lle dea a Omar un traballo, e tras traballar un breve período lavando coches nun garaxe do seu tío, asígnanlle a tarefa de rexentar unha lavandaría en declive para sacala adiante, e el pon todo o seu empeño niso.
Entre tanto o coche de Omar é atacado por un grupo de ultradereitistas que gritan consignas racistas. Entre os extremistas Omar recoñece a un vello amigo do colexio, Johnny (Daniel Day-Lewis). Tras o reencontro Johnny acepta axudar a Omar na lavandaría e ambos retoman unha relación amorosa que interromperan ao deixar os estudos.
A relación entre ambos os dous verase influenciada pola situación económica, a antiga banda de Johnny e tamén por Tania, a filla de Nasser. Ademais, móstranse as relacións sociais dos demais membros da familia de Omar.
Tras varias vicisitudes ambos os mozos continúan xuntos e rexentando dúas novas lavandarías.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- My Beautiful Laundrette na IMDb (en inglés).
- Filmes de 1985
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes do Reino Unido
- Filmes dirixidos por Stephen Frears
- Filmes con banda sonora de Hans Zimmer
- Filmes rodados en Londres
- Filmes de Working Title Films
- Filmes producidos por Tim Bevan
- Filmes independentes do Reino Unido
- Filmes sobre inmigración
- Filmes de 1985 con versión en galego