Saltar ao contido

DVD

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Icona dun DVD.
Imaxe real dun DVD.

Un DVD[1] ou deuvedé[2] (Digital Versatile Disc, en galego disco versátil dixital, antes denominado Digital Video Disc) é un formato de almacenamento óptico que pode ser empregado para gardar datos, incluíndo películas con alta calidade de vídeo e son. Aseméllase aos discos compactos en canto ás súas dimensións físicas (diámetro de 12 ou 8 cm), pero están codificados nun formato distinto e a unha densidade moito maior.

Lectores/gravadoras de CD e de DVD nun ordenador.

A comezos dos 80 dous estándares de almacenamento óptico de alta densidade estaban desenvolvéndose; un era o Multimedia Compact Disc (MMCD) apoiado por Philips e Sony, o outro era o Super Density disc (SD), apoiado por Toshiba, Time-Warner, Matsushita Electric, Hitachi, Mitsubishi Electric, Pioneer, Thomson e JVC. O presidente de IBM, Lou Gerstner, actuando de casamenteiro liderou os esforzos por unificar os dous proxectos baixo un único estándar, en previsión de que sucedese outra custosa guerra entre formatos como a que ocorreu entre VHS e Betamax nos 80.

Philips e Sony abandonaron o seu formato MMCD e acordaron con Toshiba o Super Density disc (SD) con dúas modificacións. A modificación foi a adopción do EFMPlus de Philips, creado por Kees Immink, que é un 6% menos eficiente que o sistema de codificación de Toshiba, deica que a capacidade sexa de 4,7 GB en lugar do os 5 GB do SD orixinal. A gran vantaxe de EFMPlus é a súa gran resistencia aos danos físicos no disco, como arañazos ou pegadas.

O resultado foi a especificación da versión 1.5 do DVD, anunciada en 1995 e finalizada en setembro de 1996. En maio de 1997, o consorcio DVD (DVD Consortium) foi substituído polo foro DVD (DVD Forum), que estaba aberto a todas as demais compañías.

Capacidade

[editar | editar a fonte]

Os DVD posúen por padrón a capacidade de almacenar 4.7 Gb de datos, mentres que un CD almacena de media 700 Mb. Os chamados DVD de Dupla Camada poden almacenar o dobre da capacidade dun DVD común, ou sexa, 9.4 Gb.

A pesar da capacidade nominal do dvd común gravábel, é posíbel só gravar 4,464 Gb de informacións, e co tamaño máximo de cada arquivo de 1 Gb.

Tipos de DVD

[editar | editar a fonte]

Segundo o seu contido

[editar | editar a fonte]

Segundo a súa capacidade de regrabado

[editar | editar a fonte]
  • DVD-ROM: Só lectura, manufacturado con prensa
  • DVD-R: Gravable unha soa vez
  • DVD-RW: Regravable
  • DVD-RAM: Regravable de acceso aleatorio. Leva a cabo unha comprobación da integridade dos datos sempre activa tras completar a escritura
  • DVD+R: Gravable unha soa vez
  • DVD+RW: Regravable
  • DVD-R DL: Gravable unha soa vez de dobre capa
  • DVD+R DL: Gravable unha soa vez de dobre capa
  • DVD-RW DL: Regravable de dobre capa
  • DVD+RW DL: Regravable de dobre capa

Segundo o seu número de capas ou caras

[editar | editar a fonte]
  • DVD-5: unha cara, capa simple. 4.7 GB ou 4.38 gibibytes (GiB) - Discos DVD±R/RW.
  • DVD-9: unha cara, capa dobre. 8.5 GB o 7.92 GiB - Discos DVD±R DL.
  • DVD-10: dúas caras, capa simple en ambas. 9.4 GB ou 8.75 GiB - Discos DVD±R/RW.
  • DVD-14: dúas caras, capa dobre nunha, capa simple noutra. 13'3 GB ou 12'3 GiB - Raramente empregado.
  • DVD-18: dúas caras, capa dobre en ambas. 17.1 GB ou 15.9 GiB - Discos DVD+R.

Códigos de rexión

[editar | editar a fonte]
Códigos de rexión de DVD no mundo.

Cada disco de DVD contén un ou máis códigos de rexión, os cales denotan o ou as áreas do mundo á que cada distribución está dirixida. En ocasións, os códigos de rexión son chamados "Zonas". As especificacións de cada equipo reprodutor indican que zona poden reproducir.

En teoría, isto permite que os estudos cinematográficos controlen varios aspectos do lanzamento do DVD, os cales inclúen o contido, a data e o prezo, baseados na adquisición por rexións. Na práctica, varios reprodutores de DVD permiten reproducir calquera disco, ou poden ser modificados para devandito propósito. Distinto ao cifrado de datos, os códigos de rexión permiten o bloqueo rexional, que foi orixinado na industria dos videoxogos.

Código de Rexión Área
0 Informal, significa que pode ser "reproducido en tódalas rexións"
1 Bermudas, América do Norte (Agás México e Groenlandia) e territorios estadounidenses (incluíndo Porto Rico)
2 Groenlandia, centro e oeste de Europa, oeste de Asia, Exipto, Suráfrica, o Xapón e territorios de países europeos
3 Sueste de Asia e Corea do Sur
4 América Central, América Latina (agás Güiana Francesa), Caribe e Oceanía (Agás Nova Caledonia))
5 África (agás Suráfrica e Exipto) e norte, centro e sur de Asia
6 China
7 Reservado para uso futuro
8 Viaxes internacionais como avións, cruceiros etc.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • DVD Forum - Organización formada por empresas que usan e desenvolven o formato DVD.