Forza conservativa
En física, as forzas conservativas son aquelas nas que o traballo realizado ó desplazarse un corpo entre dous puntos non depende da traxectoria percorrida. As forzas conservativas teñen lugar nos campos conservativos, que son as rexións do espazo que cumpren co devandito. O nome conservativo débese a que para un campo de forzas dese tipo existe un xeito especialmente sixelo da lei de conservación da enerxía.
Criterios de caracterización dunha forza conservativa
[editar | editar a fonte]Pode demostrarse que un campo é conservativo se presenta algunha das propiedades seguintes (de feito, se cumpre unha delas, cumprirá as outras xa que matematicamente son equivalentes):
- Hai un campo escalar tal que:
(1)
- onde é o gradiente do campo escalar .
- O traballo
(2a)
- ó longo dun camiño calquera S a través do campo de forza depende só dos puntos inicial e final e non da traxectoria. En particular, o traballo o longo dunha curva pechada C é cero,
(2b)
- O campo é simplemente continuo e cumpre a condición de integrabilidade:
(3)
. Isto significa que, o rotaciónal é cero
Un exemplo de forza conservativa é o campo gravitatorio da mecánica newtoniana. O contrario a unha forza conservativa é unha forza non-conservativa, que realiza máis traballo cando aumenta a lonxitude do camiño percorrido. Un exemplo disto é a forza de rozamento. A maioría dos sistemas físicos son non-conservativos; neles a enerxía pérdese pola fricción ou pola acción dun campo de forzas non-conservativas. Un campo non conservativo pódese describir a través dun campo conservativo facendo algunhas consideracións.