Saltar ao contido

Iano Simão: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Futbolista | nome_xogador = Iano Simão | imaxe = | pé = | nome_completo = Iano Simão da Silva Imbeni | nacemento = 2 de febreiro de 1999 {{idade|2|2|1999}} | altura = 1,79 m. | posición = Lateral esquerdo | club_actual = | club_número = | youthyears1 = | youthclubs1 = | years1 = 2017–2018 | clubs1 = [..."
Etiqueta: edición de código 2017
 
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 7: Liña 7:
| altura = 1,79 m.
| altura = 1,79 m.
| posición = [[Posicións no fútbol|Lateral esquerdo]]
| posición = [[Posicións no fútbol|Lateral esquerdo]]
| club_actual =
| club_actual = [[Real Club Deportivo Fabril|Fabril]]
| club_número =
| club_número = 18
| youthyears1 =
| youthyears1 =
| youthclubs1 =
| youthclubs1 =
Liña 40: Liña 40:
| club-update =
| club-update =
}}
}}
''''Iano Simão da Silva Imbeni''', nado en [[Bissau]] o [[2 de febreiro]] de [[1999]], é un [[futbolista|exfutbolista]] de [[Guinea-Bissau]] que xoga como lateral esquerdo no [[Real Club Deportivo Fabril|Fabril]], da [[Segunda División RFEF]]. É internacional coa [[Selección de fútbol de Guinea-Bissau|selección de Guinea-Bissau]].
''''Iano Simão da Silva Imbeni''', nado en [[Bissau]] o [[2 de febreiro]] de [[1999]], é un [[Fútbol|futbolista]] de [[Guinea-Bissau]] que xoga como lateral esquerdo no [[Real Club Deportivo Fabril|Fabril]], da [[Segunda División RFEF]]. É internacional coa [[Selección de fútbol de Guinea-Bissau|selección de Guinea-Bissau]].


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==

Revisión como estaba o 23 de decembro de 2023 ás 16:18

Iano Simão
Información persoal
Nome Iano Simão da Silva Imbeni
Nacemento 2 de febreiro de 1999 (25 anos)
Lugar de nacemento Bissau
Altura 1,79 m.
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual Fabril
Número 18
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2017–2018 Benfica de Bissau
2018–2019 Limianos 27 (4)
2019–2020 Montalegre 20 (7)
2020–2021 Choco 28 (4)
2021– Fabril 67 (7)
Selección nacional
2021– Guinea-Bissau 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

'Iano Simão da Silva Imbeni, nado en Bissau o 2 de febreiro de 1999, é un futbolista de Guinea-Bissau que xoga como lateral esquerdo no Fabril, da Segunda División RFEF. É internacional coa selección de Guinea-Bissau.

Traxectoria

Comezou a practicar fútbol na súa Bissau natal, en pobres condicións. Xogaba descalzo e non foi ata os 15 anos cando puido calzar unhas botas de fútbol. [1] Debutou no Campionato Nacional nas filas do Benfica de Bissau, co que xogou tamén na Liga de Campións da CAF.

En 2018 deu o salto ao fútbol europeo, fichando polo Limianos, equipo do Campionato de Portugal, terceira máxima categoría do fútbol portugués. Militou unha campaña no club de Ponte de Lima e outra no Montalegre, de Vila Real, antes de cruzar o río Miño ata Galicia.[2]

O seu primeiro club galego foi o Choco, polo que fichou en xullo de 2020.[3] Ás ordes de Gonza Fernández disputou 28 partidos co equipo de Redondela na Terceira División RFEF, marcando tres goles.

En 2021 asinou co Fabril, da mesma categoría, xunto ao seu compañeiro Davo, aínda que a incorporación do africano filial deportivista atrasouse varios meses por problemas burocráticos.[4] Con todo, acabou converténdose nun titular indiscutible no conxunto adestrado por Óscar Gilsanz e na súa segunda tempada proclamouse campión da Terceira RFEF, ascendendo así á Segunda RFEF.[5]

Selección de Guinea-Bissau

O 15 de novembro de 2021 debutou coa selección de Guinea-Bissau, nun partido contra o Sudán correspondente á clasificación para o Mundial de 2022.[6] Foi no estadio 24 de Setembro de Bissau, onde saltou ao terreo de xogo na segunda metade como substituto de Jorginho.[7]

Palmarés

Fabril

Notas

  1. Antelo, Iván (17 de decembro de 2023). "Iano Simâo, canterano del Deportivo: «Jugaba descalzo; hasta los 15 años no me puse unas botas de fútbol»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de decembro de 2023. 
  2. Antelo, Iván (26 de novembro de 2021). "El fútbol como sustento de la familia de un jugador del Fabril en Guinea". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de decembro de 2023. 
  3. "El Choco ficha al extremo Iano Simón y renueva a Alberto Suárez" (en castelán). 16 de xullo de 2020. Consultado o 23 de decembro de 2023. 
  4. "Iano Simão ya se entrena con el Fabril" (en castelán). 23 de outubro d 2021. Consultado o 23 de decembro de 2023. 
  5. García, Rubén (15 de novembro de 2023). "Iano Simao: "Cuando era pequeño saltaba un muro para ver jugar a mi selección”". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 23 de decembro de 2023. 
  6. "Guinea Bisáu, co debut do fabrilista Iano Simão, igualou sen goles ante Sudán". Deportivo da Coruña. 15 de novembro de 2021. Consultado o 23 de decembro de 2023. 
  7. "Guinea-Bissau 0-0 Sudán". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2023. 

Véxase tamén

Ligazóns externas