2 de febreiro
Aparencia
<< | Febreiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | |||
2024 Todos os días |
O 2 de febreiro é o 33º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 332 días para finalizar o ano, 333 nos anos bisestos.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 850 - Ordoño I é coroado Rei da Galiza Altomedieval.
- 1809 - O veciños de Sargadelos amotínanse ocasionando danos e mortes na fábrica de Sargadelos.
- 1848 - Termina a guerra entre os Estados Unidos e o México, coa sinatura do Tratado de Guadalupe-Hidalgo.
- 1920 - Estonia declárase independente de Rusia.
- 1943 - As últimas tropas alemás réndense aos soviéticos despois da batalla de Stalingrado, na segunda guerra mundial.
- 1971 - Apróbase o Convenio relativo ás Zonas Húmidas de Importancia Internacional especialmente como Hábitats de Aves Acuáticas, máis coñecido como Convención de Ramsar por ser a cidade iraniana onde se asinou.
- 2004 - O tenista suízo Roger Federer alcanza o número 1 do mundo por primeira vez na súa carreira, número que conservaría por 237 semanas consecutivas, e un total de 310 semanas. Sendo así o número un que máis tempo estivo na cima da clasificación, de maneira consecutiva e total.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1811 - Delia Bacon escritora de obras de teatro e contos norteamericana. (m.1859)
- 1827 - Francisco María de la Iglesia, xornalista e escritor galego.
- 1835 - Juan Sieiro, filósofo e profesor galego (m. 1893).
- 1858 - Purificación de Cora, xornalista, editor e político galego (m. 1941).
- 1882 - James Joyce, escritor irlandés (m. 1941).
- 1892 - Erasmo Buceta, escritor e profesor galego (m. 1964).
- 1905 - Ayn Rand, escritora estadounidense de orixe rusa (m. 1982).
- 1912 - Millvina Dean, última supervivente do naufraxio do transatlántico RMS Titanic
- 1915 - Abba Eban, político e diplomático israelí (m. 2002).
- 1929 - Věra Chytilová, directora de cine checa de vangarda e pioneira do cine do seu país.(m.2014)
- 1942 - Ado Birk, diplomático estoniano.
- 1942 - Xavier Carro, escritor galego.
- 1946 - Fernando Colomo, director de cinema español.
- 1962 - Luís Iglesia, actor galego.
- 1968 - Xosé Antonio Neira Cruz, escritor galego.
- 1977 - Shakira, cantante colombiana.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1809 - Antonio Raimundo Ibáñez Llano y Valdés, marqués de Sargadelos.
- 1902 - Ricardo Caruncho Crosa, militar, xornalista e escritor galego.
- 1907 - Dmitri Mendeleiev, químico ruso (n. 1834).
- 1921 - Michel Pacewicz, arquitecto francés de orixe polonesa (n. 1843).
- 1923 - Manuel Murguía, historiador e primeiro presidente da Real Academia Galega (n. 1833).
- 1929 - Enrique Zas Simó, xornalista e escritor galego (n. 1877).
- 1938 - George Ellery Hale, astrónomo norteamericano (n. 1868).
- 1946 - Benedicto Fuentes Díaz, guerrilleiro antifranquista galego (n. 1912).
- 1969 - Boris Karloff, actor británico (n. 1887).
- 1970 - Bertrand Russell, matemático e filósofo británico.
- 1974 - Imre Lakatos, filósofo da ciencia húngaro.
- 1979 - Sid Vicious, cantante da banda de punk rock inglesa Sex Pistols.
- 1980 - William Howard Stein, químico estadounidense (n. 1911).
- 2002 - Felipe Fernández Armesto, escritor e xornalista galego (n. 1906).
- 2014 - Philip Seymour Hoffman, actor e director estadounidense (n. 1967).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Día Mundial das Zonas Húmidas, en conmemoración da data na que se aprobou a Convención de Ramsar sobre Zonas Húmidas de Importancia Internacional.
- Neste día celébrase o Día das Candeas ou Día da Candeloria (forma galega que foi substituída no uso pola castelá Candelaria). Existe o costume de bendicir as candeas na misa que se celebra neste día, candeas que logo se gardan na casa como protección contra o trono e para axudar a ben morrer ós moribundos, a quen se lles pon unha na man xunto a outras cousas santas.
Tamén é tradicional ver neste día unha festa do amor entre os paxaros (Pola Candeloria casan os paxariños e vaise a galiñola). En San Domingos de Bonaval celebrábase unha misa na que casaban dúas pombas, que se ceibaban ó rematar.
O tempo que faga o día da Candeloria prognostica o que vai facer: Se treboa de entre a Candeloria e a Anunciación, corenta días máis de inverno son.
Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: A Presentación do Señor; Nosa Señora da Candelaria; Nosa Señora da Purificación; San Cornelio, centurión; San Lourenzo, bispo; San Cándido, mártir.