Saltar ao contido

Jesús Eguiguren

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 26 de marzo de 2008 ás 16:05 por Norrin strange (conversa | contribucións) (Nova páxina: '''Jesús Eguiguren Imaz''' (Aizarna, 2 de xuño de 1954) é un profesor universitario, xurista e político socialista da [[CAV|Co...)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Jesús Eguiguren Imaz (Aizarna, 2 de xuño de 1954) é un profesor universitario, xurista e político socialista da Comunidade Autónoma do País Vasco.[1]

Doutorado en Dereito, é membro do Parlamento Vasco polo Partido Socialista de Euskadi desde 1982, onde chegou a ser Presidente de 1988 a 1991. É Presidente do Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra e, con anterioridade, foi Secretario Xeral do mesmo partido en Guipúscoa. Tamén é membro do Comité Federal do PSOE.

Jesús Eguiguren participou e foi clave nos contactos previos con membros de ETA e Batasuna, desde 2002 cando era Presidente do Goberno José María Aznar, que no Goberno de José Luís Rodríguez Zapatero permitiron a declaración de alto o fogo permanente e o proceso de paz coa organización, máis tarde frustrado por un atentado da mesma organización.[2]

Ten publicado distintos ensaios políticos: El PSOE en el País Vasco, 1886-1986, Euskadi, tiempo de conciliación, El socialismo vasco y la izquierda vasca, 1886-1994, Los últimos españoles sin patria (y sin libertad), e La crisis vasca. Entre la ruptura y el diálogo.

Referencias