Lakposhtha hâm parvaz mikonand
As tartarugas tamén voan | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | لاک پشت ها هم پرواز می کنند Lakposhtha hâm parvaz mikonand |
Director | Bahman Ghobadi |
Produtor | Babak Amini Hamid Ghobadi Hamid Ghavami Bahman Ghobadi |
Guión | Bahman Ghobadi |
Intérpretes | Avaz Latif Soran Ebrahim Hiresh Feyssal Rahman Saddam Hossein Feysal Abdol Rahman Karim Ajil Zibari |
Música | Housein Alizadeh |
Fotografía | Shahriar Assadi |
Montaxe | Mustafa Kherqepush Haydeh Safi-Yari |
Distribuidora | Alta Classics |
Estrea | 2004 |
Duración | 95 minutos |
Orixe | Iraq Irán Francia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Lakposhtha hâm parvaz mikonand (en persa: لاک پشت ها هم پرواز می کنند, que en galego significa "As tartarugas tamén voan"), é un filme escrito e dirixido polo director de cine iraniano Bahman Ghobadi. Foi o primeiro filme gravado en territorio iraquí dende a caída de Saddam Hussein.
Argumento
Os feitos ocorren antes da invasión de Iraq pola coalición de países liderados polos Estados Unidos, en 2003. Nun campo de refuxiados no Kurdistán iraquí, na fronteira entre Irán e Turquía, os superviventes buscan desesperadamente os cartos necesarios para comprar unha antena parabólica con poder suficiente para coñecer as noticias internacionais sobre a inminente guerra. Os nenos, marcados pola guerra, mutiladas, orfos, famentos, desenraizados, son os que levan a peor parte, forzados a vivir en condicións infrahumanas e a actuar coma adultos, a pesar da súa curta idade. O filme mostra o sufrimento cotián deses mozos, a amizade entre eles, o difícil que é ter que sobrevivir co mínimo e cuxa única forma de obter ingresos para as súas necesidades básicas é desactivar as minas terrestres e vendelas no mercado negro.
Ghobadi dirixiu a película con moitos mozos protagonistas non profesionais que sufriron a dor na súa propia carne, representando as súas experiencias reais, o que fai máis crúa a alegación antibelicista.
Personaxes
- Soran Ebrahim como "Hollywood" (Kak Satellite).
- Avaz Latif como Agrin (a nena-nai).
- Hiresh Feyssal Rahman como Hengov (o manco que ve o futuro).
- Saddam Hossein Feysal como Pashow (ó que lle faltaba un pe).
- Abdol Rahman Karim como Riga (o bebé que coida Agrin).
- Ajil Zibari como Shirkooh (o neno chorón).
Galardóns e nomeamentos
Véxase tamén
Outros artigos
- Filmes de Irán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 77ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Ficha en IMDb (en inglés)