Los Angeles Galaxy
Los Angeles Galaxy | |||
---|---|---|---|
Nome | Los Angeles Galaxy | ||
Fundación | 1995 | ||
Estadio | The Home Depot Center, Carston, California Estados Unidos | ||
Inauguración | 2003 | ||
Capacidade | 27.000 | ||
Propietario | AEG | ||
Presidente | Philip Anschutz | ||
Adestrador | Bruce Arena | ||
Liga | Major League Soccer | ||
2012 | Oeste: 4º Global: 8º Playoffs: Campión | ||
Na rede | |||
http://www.lagalaxy.com/ | |||
| |||
Los Angeles Galaxy é un equipo de fútbol de Estados Unidos, da cidade dos Ánxeles (California). Foi fundado en 1995 e xoga na MLS (Major League Soccer) dos Estados Unidos.
Historia
Os seus dous títulos de MLS Cup foron obtidos nos anos 2002 e 2005. O do 2002 foi fronte ao New England Revolution, cun gol de ouro do guatemalteco Carlos "Pescadito" Ruiz no minuto 105 da prórroga; e o do 2005 foi conseguido grazas a outro gol de ouro, esta vez do guatemalteco Guillermo "Pando" Ramirez, ante o mesmo New England Revolution. Conta ademais cunha Copa de Campións da CONCACAF obtida no ano 2000 fronte ao Olimpia de Fonduras, sendo o seu único título internacional ata o día de hoxe.
O 11 de xaneiro de 2007 foi anunciada a contratación do xogador inglés David Beckham trala finalización do seu contrato co Real Madrid, incorporándose así en xuño de 2007. O xogador ingresará un total de 193 millóns de euros polas cinco tempadas nas que defenderá ao club dos Anxos, en concepto de salario e dereitos de imaxe. A repercusión do fichaxe non tardou en facerse notar, xa que nas catro horas posteriores ao anuncio da contratación, o número de abonados do club incrementouse en 1.000 novos socios.
Uniforme
- Uniforme titular: Camiseta ouro cunha franxa verde, pantalón verde, medias ouro.
- Uniforme alternativo: Camiseta branca cunha franxa ouro, pantalón branco, medias brancas.
Xogadores
Cadro Actual
|
|
Palmarés
Torneos nacionais
- MLS Cup (2): 2002 e 2005
- US Open Cup (2): 2001 e 2005
- MLS Supporters' Shield (2): 1998 e 2002
Torneos internacionais
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Sitio Web oficial (en inglés)