Onomatopea
Aparencia
A onomatopea[1] (do grego ὄνομα "nome" e ποιέω "crear") é unha expresión ou palabra cuxa sonoridade imita a voz ou ruídos de obxectos ou animais. Polo tanto, na súa creación ten por base o son que produce o obxecto que designa.
Ao dicir que un grilo fai "cricrí" ou ó facer "toc-toc" ó bater a porta, utilízanse onomatopeas. Xa Aristófanes, na súa peza "As ras", fixo uso de determinadas palabras que, no grego orixinal, pretenden imitar o son deses animais. Era unha figura retórica que é tamén de cariz onomatopeíco.
Exemplos
[editar | editar a fonte]- Son onomatopeas curuxa (latín NOCTUA), rula (latín TURTURA), miar, niañar, ular, chuchar, esgarrar, topar, seseo, pita, churra, chiar, piar, urrar, chupar, fungar, gheada, gargallada.
- No "Poema nuclear" de Celso Emilio Ferreiro atopamos imitacións fónicas de sons reais (versos 2, 11, 34, 38): A bomba, ¡bong!, a bomba bon amigo (verso 2). ¡¡¡Booong!!! (verso 39)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para onomatopea.