Saltar ao contido

Tratado de Aranjuez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 3 de novembro de 2019 ás 21:05 por Alfonso Márquez (conversa | contribucións) (Arranxiño)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

O tratado de Aranjuez, asinado en 1801, e o tratado de San Ildefonso, asinado en 1800, foron dous acordos segredos entre España e Francia no transcurso das guerras napoleónicas. Os principais puntos acordados incluíron a cesión a Francia das posesións españolas de Luisiana e o ducado de Parma, a cambio do Gran Ducado de Toscana, que co nome de Reino de Etruria pasou a mans do infante español Luis Francisco de Borbón-Parma.