Saltar ao contido

Álex Barba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Álex Barba
Información persoal
Nome Alejandro Jesús Barba Fernández
Nacemento 11 de agosto de 2001
Lugar de nacemento A Coruña
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Gernika
Carreira xuvenil
2015–2018 Victoria CF
2018–2020 Deportivo da Coruña
2018–2019 Ural CF
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2020–2024 Fabril 108 (6)
2018–2019Español SDC (cedido) 2 (2)
2018–2019Paiosaco (cedido) 5 (0)
2021 Deportivo da Coruña 1 (0)
2024– Gernika 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 20 de agosto de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Alejandro Barba Fernández, coñecido como Álex Barba, nado na Coruña o 11 de agosto de 2001, é un futbolista galego que xoga como centrocampista no Gernika, da Segunda Federación.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Criouse futbolisticamente na canteira do Victoria CF coruñés e no verán de 2018 foi fichado polo Deportivo da Coruña para o seu equipo xuvenil.[1] Na súa primeira tempada foi cedido ao equipo xuvenil do Ural CF, onde foi un dos piares do equipo que rematou cuarto na División de honra Xuvenil. Disputou tamén un par de partidos co primeiro equipo, o Español SDC, en Segunda Autonómica e ao remate da tempada foi cedido á UD Paiosaco para reforzar o equipo nos derradeiros partidos da liga de Terceira División e evitar o descenso.[2][3]

Na tempada 2019/20 foi titular indiscutible cos xuvenís do Deportivo e dende a 2020/21 xoga no Fabril. O 6 de xaneiro de 2021 debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña no partido de segunda rolda da Copa do Rei fronte ao Alavés en Riazor.[4] Catro días despois debutou co Deportivo en liga, no partido contra o Zamora no Ruta de la Plata.[5] Foron os seus únicos encontros co primeiro equipo, pasando os tres seguintes anos no Fabril, co que acumulou un total de 108 partidos.

No verán de 2024 despediuse do Deportivo despois de seis anos e asinou como novo xogador do Gernika, tamén da Segunda Federación.[6]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Fabril
  1. "Los fichajes del Juvenil A, Juvenil B y Cadete A del Deportivo" (en castelán). 15 de agosto de 2018. Consultado o 7 de xaneiro de 2021. 
  2. "Álex Barba ficha por el Paiosaco para apoyar al equipo en la recta final por la salvación". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de abril de 2019. Consultado o 7 de xaneiro de 2021. 
  3. "Álex Barba aterriza na Porta Santa para tratar de axudar ao Paiosaco a acadar a permanencia". 18 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2021. Consultado o 7 de xaneiro de 2021.  Arquivado 09 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.
  4. "Las mejores imágenes del Deportivo vs Alavés de Copa" (en castelán). 7 de xaneiro de 2021. Consultado o 7 de xaneiro de 2021. 
  5. "O Dépor queda conxelado en Zamora (1-0)". Deportivo da Coruña. 14 de xaneiro de 2021. Consultado o 14 de xuño de 2021. 
  6. "Un joven centrocampista llega a la SD Gernika" (en castelán). 19 de agosto de 2024. Consultado o 20 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]