1,1,1,2-Tetrafluoroetano
1,1,1,2-Tetrafluoroetano | |
---|---|
1,1,1,2-Tetrafluoroetano | |
Propiedades | |
Fórmula molecular | CF3CH2F |
Masa molecular | 102.03 g/mol |
Densidade | 0.00425 g/cm³, gas |
Punto de fusión | -103.3 °C (169.85 K) |
Punto de ebulición | -26.3 °C (246.85 K) |
Solubilidade en auga | 0.15 % |
Perigosidade | |
Principais perigos | Asfixiante |
NFPA 704 | |
Punto de inflamabilidade | 250 °C; 482 °F; 523 K |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
1,1,1,2 Tetrafluoroetano ou R-134a é un fluído refrixerante moi utilizado no aire acondicionado dos automóbiles e en equipos de refrixeración doméstica e industrial. É un HFC que substitúe dende principios dos anos 90 ao antigo refrixerante R12 que era prexudicial para a capa de ozono e favorecía ao quentamento global.
Como todos os HFC non dana a capa de ozono pero afecta ao cambio climático, ten unha grande estabilidade térmica e química, non é tóxico nin inflamable, e ademais ten unha excelente compatibilidade coa maioría dos materiais.
Non é miscible cos aceites tradicionais do R12 pero si o é cos aceites poliésteres (POE) polo que debe utilizarse sempre con este tipo de aceites.
Unha das vantaxes fronte ao R12 é que ten unha temperatura final de compresión máis baixa. Por utra banda ten como desvantaxe que a máquina frigorífica precisa un maior caudal de fluído, é dicir necesítase un compresor máis grande.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Características R134a Dupont Arquivado 30 de abril de 2015 en Wayback Machine.