5-Metiluridina
5-Metiluridina | |
---|---|
1-[(2R,3R,4S,5R)-3,4-dihidroxi-5-(hidroximetil)oxolan-2-il]-5-metilpirimidina-2,4-diona | |
Outros nomes Ribotimidina, Ribosiltimina; Timina ribósido, m5u | |
Identificadores | |
Número CAS | 1463-10-1 |
PubChem | 445408 |
ChemSpider | 1363755 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C10H14N2O6 |
Masa molecular | 258,23 g/mol |
Punto de fusión | 185 °C |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A 5-metiluridina, tamén chamada ribotimidina[1], é un nucleósido de pirimidina. É o equivalente como ribonucleósido do desoxirribonucleósido timidina, ao cal lle falta un grupo hidroxilo na posición 2'. A 5-metiluridina contén unha base timina enlazada ao azucre ribosa. Pode obterse ao degradar os ARNt,[2] xa que é unha das bases raras que se encontra no brazo T (ou TΨC) do ARNt.