ARD
- Véxase tamén: Atmospheric Reentry Demonstrator.
ARD | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
![]() | |||
Nome curto | ARD ![]() | ||
Tipo | difusora ![]() | ||
Forma xurídica | Anstalt des öffentlichen Rechts (pt) ![]() ![]() | ||
Lingua oficial | lingua alemá ![]() | ||
Personalidades | |||
Propietario/a | Bayerischer Rundfunk (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
Presidente/a | Tom Buhrow (en) ![]() Patricia Schlesinger (pt) ![]() Tom Buhrow (en) ![]() Ulrich Wilhelm (1 de xaneiro de 2018-31 de decembro de 2019) Karola Wille (1 de xaneiro de 2016-31 de decembro de 2017) Lutz Marmor (en) ![]() Monika Piel (pt) ![]() Peter Boudgoust (en) ![]() Fritz Raff (pt) ![]() Thomas Gruber (1 de xaneiro de 2005-31 de decembro de 2006) Fritz Pleitgen (1 de xaneiro de 2001-31 de decembro de 2002) Peter Voß (pt) ![]() Udo Reiter (pt) ![]() Albert Scharf (1 de xaneiro de 1995-31 de decembro de 1996) Jobst Plog (en) ![]() Friedrich Nowottny (pt) ![]() Hartwig Kelm (pt) ![]() Willibald Hilf (1 de xaneiro de 1986-31 de decembro de 1987) Friedrich Wilhelm Räuker (pt) ![]() Reinhold Vöth (1 de xaneiro de 1980-31 de decembro de 1983) Friedrich-Wilhelm von Sell (pt) ![]() Helmut Hammerschmidt (pt) ![]() Gerhard Schröder (1 de xaneiro de 1970-31 de decembro de 1971) Christian Wallenreiter (1 de xaneiro de 1967-31 de decembro de 1969) Werner Hess (1 de xaneiro de 1965-31 de decembro de 1966) Klaus von Bismarck (pt) ![]() Hans Bausch (1 de xaneiro de 1961-31 de decembro de 1962) Franz Stadelmayer (1 de xaneiro de 1958-31 de decembro de 1958) Walter Hilpert (en) ![]() Friedrich Bischoff (en) ![]() Fritz Eberhard (1 de outubro de 1952-31 de marzo de 1953) Walter Geerdes (pt) ![]() Adolf Grimme (3 de agosto de 1951-3 de febreiro de 1952) Eberhard Beckmann (en) ![]() Rudolf von Scholtz (5 de agosto de 1950-2 de febreiro de 1951) ![]() | ||
Actividade | |||
Industria | medio de comunicación de masas ![]() | ||
Produtos
| |||
Entidades | |||
Entidades subsidiarias
| |||
Data | |||
Fundación | 5 de xuño de 1950 ![]() | ||
Localización | |||
Sede | Stuttgart ![]() | ||
Lugar de formación | Berlín ![]() | ||
Premios | |||
Contacto | |||
Páxina WEB | ard.de ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |
ARD, siglas de Arbeitsgemeinschaft der öffentlich-rechtlichen Rundfunkanstalten der Bundesrepublik Deutschland (en galego: "Consorcio de institucións públicas de radiodifusión da República Federal de Alemaña"), é unha organización conxunta de empresas de radiodifusión públicas rexionais de Alemaña. Fundada na Alemaña Occidental en 1950 para representar os intereses comúns dos novos e descentralizados servizos de radiodifusión da posguerra, e en particular, para a introdución dunha rede de televisión conxunta. A ARD é un dos membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión.
As diferentes institucións que forman a ARD son: BR, HR, NDR, Radio Bremen, RBB, SR, SWR e WDR, así coma a cadea internacional Deutsche Welle. ARD opera 54 estacións de redes rexionais e locais, dúas cadeas de radio nacionais, e sete redes de televisión rexionais, algunhas das cales emiten programación diferenciada durante certas horas do día.
Servizos da ARD
[editar | editar a fonte]Radio
[editar | editar a fonte]As estacións membros da ARD regulan a súa propia programación de radio. Algunhas colaboran para os servizos comúns de radio. A maioría das estacións da ARD teñen polo menos unha cadea de noticias, unha de música clásica, unha para a mocidade e un cultural. Durante a noite algunhas descansan na programación nocturna común, producida por un sistema de rotación entre as mesmas estacións. Hai tres servizos nocturnos comúns: Nachtexpress/Radiowecker (música lixeira), Nachtkonzert (música clásica) e Popnacht (música pop). Moitos dos servizos están na FM, aínda que outros tamén están dispoñibles vía dixital.
A rede que ten unha cobertura nacional é a DeutschlandRadio. Porén, DeutschlandRadio non é un membro exclusivo da ARD, senón que é controlada pola ARD e a ZDF. DeutschlandRadio ofrece dous servizos de radio: DeutschlandFunk (DLF), un servizo de novas, e DeutschlandRadio Kultur, un servizo de música. A radio internacional Deutsche Welle transmite en onda curta, aínda que a súa transmisión pode ser recibida vía satélite e Internet.
Televisión
[editar | editar a fonte]As principais cadeas de televisión da ARD son Das Erste, que é nacional, e sete cadeas rexionais operadas por diferentes axencias radiodifusoras locais. Estas cadeas estaban dispoñibles nos transmisores análogos terrestres ata que os transmisores análogos comezáronse a apagar no ano 2003. Das Erste e as terceiras cadeas, como as estacións de radio, fináncianse na súa maior parte a través de impostos específicos.
Das Erste transmite a nivel nacional as 24 horas do día, excepto por "Morgenmagazine" (un programa matutino que tamén se emite simultaneamente en ZDF de 05:30 a 9:00) e por 2 horas e media de programación rexional provista polas estacións membros na tarde.
Os respectivos membros rexionais operan unha cadea rexional propia, "die Dritten", os "Terceiros Canles". Estes son:
- Bayerisches Fernsehen da Bayerischer Rundfunk
- HR-fernsehen da Hessischer Rundfunk
- MDR Fernsehen da Mitteldeutscher Rundfunk
- NDR Fernsehen da Norddeutscher Rundfunk
- RBB Fernsehen da Rundfunk Berlin-Brandenburg
- SWR Fernsehen da Südwestrundfunk
- WDR Fernsehen da Westdeutscher Rundfunk.
As cadeas rexionais tamén teñen a opción de desencadenarse durante certas horas. As emisoras pequenas, como Radio Bremen e Saarländischer Rundfunk non teñen unha terceira cadea de televisión, senón que colaboran con NDR e SWR, respectivamente.
ARD tamén está envolta en diversas cadeas de investimento conxunto:
- 3sat, unha cadea cultural con ZDF, ORF e SRG
- KI.KA, unha estación infantil con ZDF
- Arte, unha cadea cultural franco-alemán
- Phoenix con ZDF
A emisora internacional Deutsche Welle tamén produce servizos de televisión; porén só están dispoñibles mediante satélite.
ARD engadiu tres cadeas adicionais como parte do seu paquete ARD Dixital:: EinsPlus, EinsExtra e EinsFestival.
Notas
[editar | editar a fonte]- ARD: ARD Jahrbuch 2005. Hans-Bredow-Institut, 2005 ISBN 3-8329-1730-6 (Partes en liña, en alemán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: ARD ![]() |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial (en alemán)
- Información oficial da ARD en inglés (documento PDF)