Saltar ao contido

Abrasión (xeoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Faíscas producidas por abrasión dunha peza metálica.
O Monumento Natural La Portada, en Chile, formado por abrasión mariña.

Denomínase abrasión (do lat. abradĕre, "raer") á acción mecánica de rozamento e desgaste que provoca a erosión dun material ou tecido.

Características

[editar | editar a fonte]

En xeoloxía, a abrasión mariña é o desgaste causado a unha roca pola acción mecánica da auga cargada por partículas procedentes dos derrubios. É importante, sobre todo, na formación de costas abruptas. Batidas polo mar, estas retroceden e as pedras desprendidas do cantil, arrastradas con movementos de vaivén polas ondas, tallan ao pé do mesmo unha plataforma de abrasión que descende con lixeira pendente cara ao mar.

A abrasión glaciar é a erosión do leito dun glaciar polos materiais sólidos inclusos no xeo e arrastrados polo mesmo; cando se trata de grans finos, chamados fariña glaciar, a roca da canle adquire co tempo un pulimento glaciar.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]