Accidente de Cans
Aparencia
O accidente de Cans foi un accidente de autobús que tivo lugar en 1955 na aldea de Cans, e no que faleceron 31 persoas.
Datos
[editar | editar a fonte]O accidente sucedeu na mañá do 26 de febreiro de 1955, cando un coche de liña que facía o percorrido entre O Porriño e Ponteareas se saíu da estrada ao seu paso por Cans. O vehículo envorcou e incendiouse. Unha boa parte dos cadáveres foron carbonizados.
Consecuencias
[editar | editar a fonte]Faleceron 31 persoas. Once máis, incluído o condutor, foron feridas, e unicamente dúas persoas resultaron ilesas. Non se realizaron investigacións sobre as causas. O condutor, que era natural de Redondela emigrou posteriormente ao Brasil[1].
No lugar do accidente erixiuse un monumento de lembranza financiado por un grupo de emigrantes en Bos Aires.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cuando Cans fue Angrois, artigo de Alfonso Pato para El País, 4/8/2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Treinta y una personas muertas al volcar e incendiarse un autobús de línea, cerca de Porriño (Pontevedra)". ABC (en castelán). 27-2-1955. Consultado o 21-5-2016.