Saltar ao contido

Adamismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Persecución de adamitas

O adamismo[1] foi unha doutrina relixiosa que apareceu no norte de África no século II e século III que defendía o nudismo a imitación de Adán, o que simbolizaba o estado primitivo de inocencia, e rexeitaba o matrimonio baseada nos textos de Prosico.

Para os adamistas, todos os seres humanos eran descendentes lineais do Adán descrito no Libro da Xénese. Adán foi un home real creado directamente por deus e non só un construto metafórico empregado para explicar o concepto do principio a un pobo primitivo; a súa vida, tal e como se describe no Xénesis, foi así literalmente. Para eles, as listaxes dos seus descendentes tal e como aparecen nos textos bíblicos son verídicas e ininterrompidas.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para adamismo.