Adrian Sutil
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xaneiro de 1983 (41 anos) Starnberg (Alemaña do Oeste) |
Altura | 183 cm |
Peso | 75 kg |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Sitio web | f1.adriansutil.com… |
Adrian Sutil, nado o 11 de xaneiro de 1983 en Starnberg, Alemaña, é un piloto de Fórmula 1. Após seren piloto de probas de Midland F1 Racing no 2006, a nova escudería que xurdiu desta, Spyker F1, ascendeuno a segundo piloto titular para o 2007, onde consegiu o primeiro punto da escudería na súa historia. O novo equipo que xurdiu da venda da escudería holandesa, Force India F1, confirmouno para o 2008 escudería na que correu ata 2011. Despois do ano 2012 en branco. Na tempada 2013 volveu con Force India.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sutil comezou no karting á idade de 14 anos e pasouse as carreiras dun só asento en 2002 na Swiss Formula Ford serie onde gañou o título. Participou na Fórmula Masters Austria antes de entrar na Fórmula BMW ADAC en 2003. Sutil correu na Fórmula 3 Euroseries, onde foi o segundo por detrás de Lewis Hamilton en 2005. Foise ao Xapón en 2006 para competir na Fórmula Tres xaponesa e tamén terminou terceiro no Gran Premio de Macau.
Logo de ter estado involucrado como probador no equipo Midland F1, Sutil foi promovido a un posto en carreira para o novo equipo Spyker F1 en 2007. Sutil seguiu co equipo baixo a súa nova denominación Force India en 2008, onde permaneceu ata 2011. Fixo o seu regreso ao deporte no ano 2013 de novo con Force India.
Biografía
[editar | editar a fonte]Sutil é o fillo dos músicos profesionais Monika, alemá, e Jorge, un uruguaio.[1] Ten dous irmáns, chamados Daniel e Rafael. Pesa 75 quilogramos e mide 183 centímetros de altura. Talentoso pianista,[2] Sutil comezou no karting aos 14 anos antes de marchar a Fórmula Ford 1800 Suíza no ano 2002. Gañou as dez roldas da tempada desde a pole e logrou cinco vitorias no campionato Fórmula Masters de Austria. Sutil fala con fluidez Alemán, Inglés e español e un pouco de Italiano. É amigo do piloto alemán Nico Rosberg.
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Who's Who: Adrian Sutil". F1Fanatic.co.uk. 2007. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2012. Consultado o 2 January 2007.
- ↑ "Adrian Sutil: Germany's Unsung Inspiration". emagazine.credit-suisse.com. 1 November 2006. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2011. Consultado o 22 July 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adrian Sutil |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Adrian Sutil – Páxina Oficial
- Adrian Sutil career statistics
- F1Fanatic.co.uk – Who's Who: Adrian Sutil
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |