Saltar ao contido

Aeroporto de Madrid-Cuatro Vientos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Aeroporto de Madrid-Cuatro Vientos
Aeropuerto de Madrid-Cuatro Vientos

IATA: ningúnICAO: LECU/LEVS
Sumario
Tipo Público
Cidade/Illa Madrid
Localización Madrid
Elevación (msnm) 691 metros / 2 267 pés
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
10/28 1 500 4 921 pavimentada

O Aeroporto de Madrid-Cuatro Vientos (OACI: LECU / LEVS) é unha instalación aeroportuaria de segunda categoría xestionada por Aena, situada a 8 km do centro da cidade de Madrid. Fundado en 1911, é o aeroporto máis antigo de España.

Inicialmente era unha base aérea do Exército do Aire de España. Non obstante, utilízase dende os anos 1970 para uso conxunto cívico-militar. Dende entón, a sección civil dedicouse de forma case exclusiva á aviación xeral e executiva lixeira. Actualmente, Cuatro-Vientos é base de varias escolas, entre as que se encontran algunhas das principais academias de voo do país, clubs de voo ou aeronaves privadas.

Tamén é a base en Madrid de varios servizos do Estado, como os helicópteros de vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico, a Policía Nacional e do Museo de Aeronáutica e Astronáutica de España.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]