Saltar ao contido

Aeródromo de Son Bonet

(Redirección desde «Aeroporto de Son Bonet»)


Aeródromo de Son Bonet
Aeròdrom de Son Bonet

IATA: SBO – ICAO: LESB
Sumario
Tipo Público
Cidade/Illa Palma
Localización Es Port d'Inca
Elevación (msnm) 41 metros / 135 pés
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
05/23 1 000x22 3 281x72 asfalto
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 1 160
Aumento pasaxeiros Decrecente 63,5%
Operacións 12 259
Aumento operacións Decrecente 5,2%
Fonte: AENA[1]

O Aeródromo de Son Bonet (IATA: SBO, OACI: LESB) é un aeródromo xestionado por Aena, situado a 4 km do centro da cidade mallorquina de Palma, no concello de Marratxí, entre as localidades de Es Pont d'Inca e Es Pla de na Tesa.

Historia e instalacións

[editar | editar a fonte]

Foi inaugurado na década de 1920 despois de que algúns aviadores conseguisen aterrar onde hoxe se sitúa o aeroporto de Palma como base militar, pero algo máis tarde tamén se habilitou para recibir voos comerciais. O primeiro voo comercial que recibiu foi en 1927 e foi operado por Iberia LAE.

Entre 1936 e 1939 foi unha base militar italiana cuxa función era albergar os bombardeiros que atacaron Barcelona e Valencia durante a Guerra Civil Española, xunto coas bases de Sóller e Pollença. Deixou de recibir voos comerciais e militares a principios dos anos 60, cando se habilitou para tales fins o actual aeroporto de Palma, debido á imposibilidade de amplialo por encontrarse nunha zona urbana.

Hoxe en día é un aeroporto xestionado polo ente público AENA utilizado principalmente para voos de recreo do aeroclub e aviación xeral. O tráfico de pasaxeiros é privado e de escolas de aviación. Conta cunha pista, así como de catro hangares para albergar avionetas e aulas de instrución de pilotos. A liña 3 da EMT conta cunha parada de autobús nos arredores das instalacións.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. AENA (ed.). "Estadísticas de tráfico aéreo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de xaneiro de 2018.