Saltar ao contido

Air (filme de 2023)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Air
Ficha técnica
Título orixinalAir
DirectorBen Affleck
Produtor
GuiónAlex Convery
Intérpretes
FotografíaRobert Richardson
MontaxeWilliam Goldenberg
Estudio
Distribuidora
EstreaSXSW: 18 de marzo de 2023
5 de abril de 2023
Duración112 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroBiográfico e deportivo
Orzamento70-90 millóns de dólares
Recadación90,1 millóns de dólares
Na rede
IMDB: tt16419074 Filmaffinity: 966677 Allocine: 303794 Rottentomatoes: m/air_2023 Metacritic: movie/air-2023 Editar o valor en Wikidata

Air é un filme estadounidense de 2023 dirixido por Ben Affleck e escrito por Alex Convery. Baséase en feitos reais sobre a orixe das Air Jordan, a liña de calzado de baloncesto, e como un empregado de Nike busca pechar un acordo comercial cun xogador novato, Michael Jordan. Está protagonizado por Matt Damon, Ben Affleck, Jason Bateman, Marlon Wayans, Chris Messina, Chris Tucker e Viola Davis.

O proxecto anunciouse en abril de 2022 con Affleck como director, así como actor e produtor xunto a Damon coa súa recentemente creada produtora Artists Equity. A fotografía principal realizouse entre xuño e xullo de 2022, e Affleck reuniuse cos seus frecuentes colaboradores como o director de fotografía Robert Richardson e o editor William Goldenberg. Aínda que Michael Jordan non estivo involucrado na produción, si se reuniu con Affleck, ofrecendo varias suxestións, incluíndo a escolla de Davis como a súa nai. Orixinalmente previsto para estrearse no servizo en liña de Amazon Prime Video, o distribuidor Amazon Studios optou por estrear o filme en cinemas despois de proxeccións de proba moi positivas, converténdoo no primeiro título de Amazon dende Late Night (2019) que se estreou nos cinemas sen estrearse tamén en Prime Video.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Air (15)". BBFC. 30 de marzo de 2023. Consultado o 30 de marzo de 2023.