Albor Tholus
Albor Tholus | |
---|---|
Tipo de accidente xeolóxico | Tholus |
Accidente xeolóxico de | Marte |
Diámetro | 158,38 km km[1] |
Altitude | 4,5 km[2] |
Coordenadas | 18,87° N 150,47° E[1] |
Procedencia do nome | Nome dun antigo accidente xeolóxico.[1] |
Albor Tholus é un volcán inactivo da rexión volcánica de Elysium, situada no planeta Marte. Fica ó sur dos volcáns próximos, Elysium Mons e Hecates Tholus. Albor Tholus ten 4,5 km[2] de altitude e ten un diámetro duns 160 km[2] na súa base. A súa gran caldeira ten uns 30 km de diámetro e unha profundidade de 3 km,[2] moi profunda en comparación coas caldeiras que se poden atopar na Terra. A altitude do nivel máis baixo da caldeira é a mesma cá da base do volcán; con todo, as pendentes orixinais de Albor Tholus puideron ser cubertas polos fluxos de lava do seu veciño máis grande, Elysium Mons. As avaliacións realizadas pola sonda Mars Express descubriron que os volcáns da rexións de Elysium estiveron activos durante longos períodos de tempo.
-
Topografía de Albor Tholus e os seus arredores.
-
Albor Tholus a ollos do THEMIS. A area sufriu a aparición dunha extensa falla.
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 USGS : Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Planetary Names: Tholus, tholi: Albor Tholus on Mars". Consultado o 16-04-2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 HRSC Bildserie #011 - Albor Tholus (Mars Express Orbit 0032); Gruppe Fernerkundung der Erde und der Planeten an der FU Berlin