Saltar ao contido

Alejandro Marque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlejandro Marque
Biografía
Nacemento(es) Alejandro Manuel Marque Porto Editar o valor en Wikidata
23 de outubro de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo de competición Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
2011-2011 Radio Popular-Boavista
2012-2012 Sporting-Tavira
2013-2013 W52-FC Porto
2015-2015 Efapel
2016-2016 LA Alumínios-Metalusa-BlackJack
2017-2022 Sporting-Tavira
Participou en
2022UCI Europe Tour de 2022 (pt) Traducir (667º)../... 25+ Editar o valor en Wikidata

Alejandro Marque Porto, nado na Estrada o 23 de outubro de 1981, é un ciclista profesional galego. Dende 2017 corre no equipo portugués Atum General–Tavira–Maria Nova Hotel.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Debutou coma profesional en 2004, e desenvolveu toda a súa carreira deportiva profesional en equipos portugueses de categoría Continental. A súa primeira vitoria profesional foi en 2009, no GP Costa Azul. No 2012 acadou a primeira etapa da Volta a Asturias tras estar escapado gran parte da etapa.[1] Esa tempada foi terceiro no campionato de España contra o reloxo e tamén gañou a crono da Volta a Portugal e a 4ª Etapa do GP Abimota. O seu maior logro é o triunfo na Volta a Portugal 2013, onde se vestiu de amarelo a falta dunha xornada, gañando novamente a contra o reloxo e impoñéndose sobre o seu compañeiro de equipo Gustavo César Veloso por só 4 segundos.[2]

A súa boa actuación en Portugal, fixo que de cara á tempada 2014 se confirmase a súa fichaxe polo Movistar Team.[3] Porén o 13 de decembro de 2013 saíu á luz un resultado anómalo por betametasona nun control antidopaxe durante a Volta a Portugal.[4] Debido a isto, o Team Movistar, non fixo efectivo o contrato asinado posto que había unha cláusula pola que o ciclista tiña que asegurar que chegaba o equipo sen ningún tipo de problemas no referente a dopaxe e no caso de que os houbese, o contrato deixaría de ter valor inmediatamente.[5] Ese mesmo día o ciclista deu as súas explicacións primeiro nun comunicado e máis tarde nunha rolda de prensa, onde manifestou que debido a unha lesión no xeonllo fora infiltrado para poder correr a carreira e que tanto os médicos como a UCI estaban ó tanto da situación.[6]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

2009

2012

2013

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]