Alfonso Armada Comyn
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Alfonso Armada y Comyn 12 de febreiro de 1920 Madrid, España |
Morte | 1 de decembro de 2013 (93 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Período de actividade | 1936 - |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército de Terra de España |
Rango militar | Xeneral major-general (pt) |
Conflito | guerra civil española Fronte Oriental (segunda guerra mundial) Golpe de estado do 23 de febreiro de 1981 |
Outro | |
Título | Margrave |
Premios | |
Alfonso Armada Comyn, nado en Madrid o 12 de febreiro de 1920 e finado na mesma cidade o 1 de decembro de 2013,[1] foi un ex militar español, que alcanzou notoriedade pola súa participación no intento de golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981. Ostentaba o título de marqués de Santa Cruz de Rivadulla.
Carreira militar
[editar | editar a fonte]Fillo de Luís Gonzaga de Armada y de los Ríos Enríquez, VII Marqués de Santa Cruz de Rivadulla, Xeneral de Artillaría, e María del Rosario Comyn y Allendesalazar, filla dos condes de Albiz,[2] aos 16 anos alistouse no exército.
Durante a guerra civil, na que combateu no bando nacional, na arma de artillaría, foi destinado ás frontes de Madrid, Andalucía, Guadalajara, Teruel e Valencia.
Durante a Segunda guerra mundial combateu coa División Azul no sitio de Leningrado, onde coincidiu con Jaime Miláns del Bosch.[1]
En 1945, como comandante, foi instrutor en varias escolas militares. Foi profesor do futuro rei Juan Carlos, converténdose nun dos seus mellores amigos e conselleiros. Chegou a ser membro do Estado Maior Central.
Outro dos seus labores foi como secretario xeral da Casa do Rei, posto que ocupou durante 17 anos. Porén, os seus enfrontamentos co presidente do Goberno, Adolfo Suárez, e do feito de que enviara cartas con selo da Casa Real pedindo o voto para Alianza Popular nas eleccións de 1977, fixeron que fose relevado.[3]
Da secretaría do monarca pasou a ser profesor principal da Escola Superior do Exército e, despois, gobernador militar de Lleida. Pouco antes do golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981, o día 12 do mesmo mes e ano, Armada asumiu o cargo de segundo xefe do Estado Maior do Exército.
Golpe de estado
[editar | editar a fonte]Esta traxectoria viuse truncada o 23-F, ao ser un dos principais participantes do intento de golpe de Estado. Segundo os plans dos golpistas, sobre Armada debería recaer a presidencia do goberno que dirixiría o país se o intento de golpe non fracasara. Aínda que non con total seguridade, crese que el era o "elefante branco" que esperaban os golpistas no Congreso dos Deputados.[1][4]
Descubriuse que estaba implicado cando se ofreceu ao Xefe do Estado Maior do Exército, o xeneral Gabeiras, para ir en persoa ao Congreso a propoñer a Tejero unha saída: o seu ofrecemento para presidir un goberno cívico-militar con presenza de líderes políticos. Tejero negouse rotundamente a que entrasen políticos civís ou comunistas no goberno e aí empezou o fin do golpe.
Condena
[editar | editar a fonte]O 22 de abril de 1983, o Tribunal Supremo impúxolle unha condena de 30 anos de cárcere e perda de emprego, cumprindo a súa pena na prisión de Alcalá Meco. O 24 de decembro de 1988, o Goberno indultouno alegando razóns de saúde e que o reo acataba a Constitución Española.
Logo da súa saída de prisión viviu entre o seu domicilio de Madrid e o seu pazo de Santa Cruz de Ribadulla, no concello de Vedra.
Actores que interpretaron a súa persoa
[editar | editar a fonte]- Na serie de televisión de dous capítulos que TVE fixo sobre o errado golpe de Estado de 1981, 23-F: el día más difícil del rey, Alfonso Armada foi interpretado por Juan Luis Galiardo.
- En 2011, e para o filme 23-F: la película, foi interpretado por Juan Diego, sendo este candidato ao Premio Goya á mellor interpretación masculina secundaria na súa XXVI edición.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Axencia EFE (1-12-2013). "Alfonso Armada, figura clave do intento de golpe". laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 17-5-2020.
- ↑ Euskalnet. Armada Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Hubo careo Suárez-Armada en el otoño de 1977, Diario El Pais, 21 de febreiro de 1982.
- ↑ Alfonso Armada: "Estoy satisfecho de cómo actué el 23-F" Diario El Público, no 30º aniversario do golpe
- ↑ Premios Goya. candidatos
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Busquets, Julio; Miguel A. Aguilar e Ignacio Puche (1981): El golpe. Anatomía y claves del asalto al Congreso. Barcelona: Editorial Ariel. ISBN 84 344 2493 2.
- Carcedo, Diego (2001): 23-F: Los cabos sueltos. Barcelona: Temas de Hoy. ISBN 978-84-8460-083-1.
- Fernández López, Javier (2003): Miltares contra el Estado. Madrid: Taurus, 2003. ISBN 84-306-0495-2.
- Oneto, José (2011): 23-F: 30 años después. Barcelona: Ediciones B. ISBN 978-84-666-4812-7.
- Palacios, Jesús (2001): El golpe de CESID. Barcelona: Planeta. ISBN 978-84-08-03821-4.
- Prieto, Joaquín e José Luis Barbería (1999): El enigma del elefante. Una invetigación sobre el 23-F. Madrid: El País /Agular ISBN 978-84-03-59153-0
- Urbano, Pilar (1982): Con la venia... yo indagué el 23-F. Barcelona: Editorial Argos Vergara. ISBN 84-7178-434-3
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- El general Alfonso Armada, ¿conspirador o víctima?, EFE, 22 de febreiro de 2001.