Saltar ao contido

Amanda Gorman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAmanda Gorman

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de marzo de 1998 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
California, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActivismo, poesía, exclusión social, feminismo, Racismo e escrita Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoetisa, activista, activista política Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Cronoloxía
20 de xaneiro de 2021posse de Joe Biden (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webtheamandagorman.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm9623099 Facebook: theamandagorman Twitter: TheAmandaGorman Instagram: amandascgorman Youtube: UCBiNac95_1-5aajHl9CeJQg TED: amanda_gorman BNE: XX6218815 Musicbrainz: 9cceca6c-9ffe-440e-89aa-b99b1450a1cb Editar o valor en Wikidata

Amanda Gorman, nada nos Ánxeles o 7 de marzo de 1998, é unha poeta e activista estadounidense, laureada como Poeta Nacional Xuvenil. A súa obra céntrase en cuestións de opresión, feminismo, raza e marxinación, así como na diáspora africana.[1] Publicou o libro de poesía The One for Whom Food Is Not Enough en 2015. En xaneiro de 2021 converteuse na poeta máis nova en ler nunha investidura presidencial, co seu poema "The Hill We Climb" (A montaña que escalamos), na toma de posesión de Joe Biden.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Gorman e os seus dous irmáns foron criados pola súa nai, unha profesora chamada Joan Wicks.[3][4][5][6] Ten unha irmá xemelga, Gabrielle, que é activista.[6][7] Gorman afirmou crecer nun ambiente con acceso limitado á televisión, e amais tivo un impedimento da fala cando era nena.[8][9] Describiuse a si mesma como unha "nena rara" que gozaba da lectura e a escritura, actividades que foron alentadas pola súa nai.[3] Declarou ter unha desorde de procesamento auditivo e ser hipersensible ao son.[3]

Gorman asistiu a New Roads, unha escola privada en Santa Mónica, para os graos K-12,[10] e estudou socioloxía na Universidade Harvard.[11] Mentres estaba nesa universidade, converteuse na primeira persoa moza en ser laureada como nova poeta nacional en abril de 2017,[3][12][13] elixida entre cinco finalistas.[14]

Quixo converterse en delegada da mocidade para a Organización das Nacións Unidas en 2013 despois de ver un discurso da gañadora paquistaní do Premio Nobel da Paz Malala Yousafzai.[15] Gorman foi elixida como a nova poeta laureada dos Ánxeles en 2014.[16] Publicou o libro de poesía The One for Whom Food Is Not Enough en 2015.[17]

É a fundadora de One Pen One Page, unha ONG que dirixe un programa de escritura e liderado xuvenil.[18] En 2017 converteuse na primeira nova poeta que abriu a tempada literaria da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e leu a súa poesía na canle MTV.[8][13] A Biblioteca e Museo Morgan adquiriu o seu poema "In This Place (An American Lyric)" e exhibiuno en 2018 preto das obras de Elizabeth Bishop.[8] En 2017 converteuse na primeira autora en aparecer no Libro do Mes do Instituto XQ, un programa mensual onde se comparten os libros favoritos da Xeración Z. Escribiu unha homenaxe aos atletas negros para Nike,[19] e ten un acordo con Viking Children's Books para escribir dous libros infantís ilustrados.[20][21]

En 2017 dixo que quere postularse para presidenta dos Estados Unidos en 2036.[22][23]

A súa arte e activismo céntranse en temas de opresión, feminismo, raza e marxinación, así como na diáspora africana.[12][24]

O 20 de xaneiro de 2021, con 22 anos, recitou un poema na investidura de Joe Biden. Converteuse, así, na poeta máis nova en ler nunha toma de posesión presidencial.[2][25] Despois do 6 de xaneiro de 2021 modificou a redacción do seu poema para abordar o asalto ao Capitolio dos Estados Unidos.[26]

A National Football League contratouna para recitar un poema orixinal como parte da cerimonia de inauguración da tempada en febreiro de 2021. O obxectivo era sinalar o recoñecemento a tres capitáns honorarios da liga, representantes dos miles de profesionais médicos e educativos, e mais dos veteranos que se preocuparon de atender as persoas máis necesitadas durante a pandemia de COVID-19.[27]

Audiolibros

[editar | editar a fonte]
  1. The correct spelling of Luis J. Rodriguez's surname is Rodriguez.
  1. "How Amanda Gorman Became the Nation’s First Youth Poet Laureate (Published 2017)" (en inglés). 2017-11-03. ISSN 0362-4331. 
  2. 2,0 2,1 "Presidential Inaugural Committee Announces Participants in the 59th Inaugural Ceremonies". 14 de xaneiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2021. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "A Young Poet's Inspiration" (en inglés). 2018-02-28. ISSN 0362-4331. 
  4. "Harvard Sophomore Chosen as First Youth Poet Laureate | News | The Harvard Crimson" (en inglés). 
  5. "Meet Amanda Gorman, the L.A. Native Who Is the First National Youth Poet Laureate ~ L.A. TACO" (en inglés). 2018-03-22. 
  6. 6,0 6,1 "Meet the First Youth Poet Laureate". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2020. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  7. "These Twin Sisters Have A Powerful Message About Making Sure Your Resistance Includes All Women" (en inglés). 
  8. 8,0 8,1 8,2 "America's First Youth Poet Laureate Amanda Gorman on the Power of Young Women" (en inglés). 
  9. Gorman, Amanda (2014-11-21). "How Poetry Gave Me a Voice" (en inglés). 
  10. "16 Alumna and US Youth Poet Laureate Presents Poem at Library of Congress". 
  11. Flood, Alison (2021-01-19). "Amanda Gorman will be youngest poet to recite at a presidential inauguration" (en inglés). 
  12. 12,0 12,1 "A Coda to Black History Month" (en inglés). 2018-02-28. ISSN 0362-4331. 
  13. 13,0 13,1 "Harvard's Amanda Gorman first youth poet to open Library of Congress literary season". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2018. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  14. "New U.S. Poet Laureate Tracy K. Smith reports for duty" (en inglés). 2017-09-14. ISSN 0190-8286. 
  15. "How Amanda Gorman Became the Nation's First Youth Poet Laureate" (en inglés). 2017-11-03. ISSN 0362-4331. 
  16. "Mentoring the Next Generation of L.A. Letters" (en inglés). 2015-04-24. 
  17. "A young poet for whom words are not enough". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2018. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  18. "Gender Letter: All the Poetry That's Fit to Print" (en inglés). 2018-04-26. ISSN 0362-4331. 
  19. ITALIE, HILLEL. "Meet Amanda Gorman, the 22-year-old poet chosen to read at the inauguration of Joe Biden". 
  20. "Poet Amanda Gorman, 22, Will Read at Biden's Inauguration". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2021. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  21. "Poet and former Youth Laureate Amanda Gorman has book deal" (en inglés). 
  22. "Americas First Youth Poet Laureate Also Wants to Run For President In 2036!" (en inglés). 
  23. "America's 20-year-old youth poet laureate won't let 'small-minded prejudice' stop her" (en inglés). 
  24. "Watch the first-ever U.S. youth poet laureate perform a stunning poem about social change" (en inglés). 
  25. "Amanda Gorman, 22, Will Be the Youngest Poet to Read at an Inauguration Day Ceremony" (en inglés). 
  26. "History has its eyes on us: Interview with Amanda Gorman". 19 de xaneiro de 2021. 
  27. Liu, Jennifer (2021-01-27). "Poet Amanda Gorman tapped to recite new original poem for Super Bowl LV" (en inglés). Consultado o 2021-01-28. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]