Saltar ao contido

Amando Losada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAmando Losada
Biografía
Nacemento24 de decembro de 1908 Editar o valor en Wikidata
Segán, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xaneiro de 1980 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Escairón, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata

BUSC: losada-diaz-amando-1908-1980 Nomes e Voces: 2266

Amando Losada Díaz, nado en Segán (O Saviñao) o 24 de decembro de 1908 e finado en Escairón o 9 de xaneiro de 1980, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cursou o bacharelato no Instituto de Lugo e colaborou en Alborada e máis adiante en Heraldo de Galicia de Ourense. Licenciouse en Dereito en 1928, sendo un dos organizadores da Federación Universitaria de Estudiantes (FUE). Entre 1931 e 1936 exerceu a avogacía, foi oficial primeiro do concello do Saviñao, e coordinou a política e administración municipal na comarca de Terra de Lemos.

Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi encarcerado, sendo condenado en 1939 á pena de confinamento en Palas de Rei, onde residiu ata a súa morte.

O exercicio profesional levouno ao estudo e coñecemento das institucións do Dereito galego, escribindo numerosos traballos, sobre todo na revista Foro Gallego, nos que analiza a compañía familiar galega, a aparcería, o dereito de labrar e posuír, as comunidades de augas e outras, destacando a súa comunicación sobre "O contrato do vitalizo", presentada no I Congreso de Dereito Galego (A Coruña, 1972). Tamén deixou un traballo inédito sobre o curso do río Miño.

Nos anos sesenta integrouse no Partido Socialista Galego. Foi vicepresidente da Comisión Mixta de Transferencias Xunta-Deputacións, membro do Consello de Cultura na provincia de Lugo e vocal da Comisión de Toponimia de Galicia.

Premio Amando Losada

[editar | editar a fonte]

En 2003 o Consello da Avogacía Galega instituíu o Premio Xurídico Amando Losada para premiar un traballo xurídico en lingua galega entre avogados xoves e alumnos das escolas de práctica xurídica de Galicia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]