Amblimation
Amblimation | |
---|---|
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Amblimation foi unha produtora de animación británica, subsidiaria de Amblin Entertainment.[1][2] Foi creada por Steven Spielberg en maio de 1989, logo do éxito de Quen enganou a Roger Rabbit? (1988), e despois de rachar a relación de traballo con Don Bluth por mor de diferenzas creativas. Tiña a súa sede no que orixinalmente foi a fábrica D. Napier & Son en Acton, Londres, e tiña un equipo de 250 de membros de 15 nacións diferentes.[3] Só produciu tres longametraxes: An American Tail: Fievel Goes West (1991), We're Back! A Dinosaur's Story (1993) e Balto (1995), todos os cales foron compostos por James Horner e distribuídos por Universal Pictures. A mascota da compañía, Fievel Mousekewitz, aparece no logo da produtora. O estudio pechou logo de só 8 anos de actividade e converteuse nun local de almacenaxe chamado Access Self-Storage. Os 250 membros do equipo de Amblimation uníronse a DreamWorks Animation,[4] que logo foi adquirida en 2016 pola empresa matriz de Universal NBCUniversal por 3,8 mil millóns.[5]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Cinema
[editar | editar a fonte]Data de estrea | Título | Recadación |
---|---|---|
22 de novembro de 1991 | An American Tail: Fievel Goes West | 40,6 millóns de $ |
24 de novembro de 1993 | We're Back! A Dinosaur's Story | 9.3 millóns de $ |
22 de decembro de 1995 | Balto | 11,3 millóns de $ |
Televisión
[editar | editar a fonte]- Back to the Future: The Animated Series (1991-1992)
- Fievel's American Tails (1992) (con Nelvana)
Nota: As dúas series de televisión foron coproducidas con Universal Animation Studios.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hofmeister, Sallie (17 de outubro de 1994). "Hollywood Falls Hard for Animation" – vía NYTimes.com.
- ↑ ""A look inside Hollywood and the movies" - Los Angeles Times". Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2013. Consultado o 29 de abril de 2021.
- ↑ "Animation Really Keeps Steven Spielberg Moving". 17 de novembro de 1991. Consultado o 30 de maio de 2020 – vía Mcall.com.
- ↑ "Film: The Man Who Would Be Walt". archive.nytimes.com.
- ↑ James, Meg. "Comcast's NBCUniversal buys DreamWorks Animation in $3.8-billion deal". latimes.com. Consultado o 16 de xaneiro de 2019.