Saltar ao contido

Amergin Glúingel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Amergin Glúingel[1] ("xeonllos brancos"), en irlandés moderno Amhairghin Glúngheal ou tamén coñecido como Glúnmar ("xeonllo grande") é un bardo, druída, xuíz dos milesianos e bisneto de Breogán segundo o ciclo mitolóxico irlandés. É un dos sete fillos de Míl Espáine, e tomou parte na conquista milesiana de Irlanda e na derrota dos Tuatha Dé Danann en vinganza polo seu parente Ite, quen foi asasinado polos tres reis dos Tuatha Dé Danann, Mac Cuill, Mac Cecht e Mac Gréine. Desembarcaron no estuario de Inber Scéne, chamado así pola muller de Amergin, Scéne, quen morreu no mar. As tres raíñas dos Tuatha Dé Danann, (Banba, Ériu e Fódla), dérolles permiso a Amergin e ó seu pobo a asentarse en Irlanda. Cada unha das irmás pediulle a Amergin que chamase á illa polo seu nome, o cal fixo: Ériu é a forma orixinal do actual Éire, mentres que Banba e Fódla son empregados como nomes poéticos para Irlanda, como Albion para a illa de Gran Bretaña.

Os milesianos conquistaron a illa participando nunha batalla contra os tres reis, os seus druídas e os seus guerreiros. Amergin actuou como xuíz imparcial nas contendas, establecendo as regras dos acordos. Os milesianos acordaron abandonar a illa e retirarse unha curta distancia de regreso ó océano, máis aló da novena onda, un límite máxico. Despois dun sinal, movéronse cara a praia, mais os druídas dos Tuatha Dé Danann invocaron unha treboada máxica para evitar que chegasen a terra. Porén, Amergin cantou unha canción invocando o espírito de Irlanda que se coñece como A Canción de Amergin, podendo levar o barco a terra con seguridade. Houbo grandes perdas en ámbolos dous bandos, con máis dunha batalla importante, mais os milesianos acadaron a vitoria. Os tres reis dos Tuatha Dé Danann foron asasinados en combate singular polos tres fillos de Míl que sobreviviron a treboada, Éber Finn, Érimón e Amergin.

Amergin dividiu a illa entre os seus dous irmáns, tomando Éber Finn a parte sur de Irlanda e Érimón a norte.[2][3][4] Ese mesmo ano Érimón derrotou a Éber nunha batalla e conseguiu o reinado de toda a illa, e dous anos despois asasinou a Amergin noutra batalla.[5][6] A tradición local de Drogheda localiza o seu lugar de enterramento baixo Millmount.

Algún poemas galeses de temática mitolóxica atribúenlle ó poeta galés Taliesin no Libro de Taliesin atributos compartidos con Amergin.[7]

A canción de Amergin (Amhrán Amhairghin)

[editar | editar a fonte]
Irlandés antigo[8] Irlandés moderno

Am gáeth i mmuir.
Am tond trethan i tír.
Am fúaim mara.
Am dam secht ndírend.[9]
Am séig[10] i n-aill.
Am dér gréne.
Am caín.
Am torc ar gail.
Am hé[11] i llind.
Am loch i mmaig.
Am briandai.
Am bri danae.[12]
Am gai i fodb. feras feochtu.
Am dé delbas do chind codnu.
Coiche nod gleith[13] clochur[14] slébe.
Cia on cotagair aesa éscai[15].
Cia dú i llaig funiud grene.
Cia beir búar o thig Temrach.
Cia buar Tethrach. tibi.
Cia dain.[16]
Cia dé delbas faebru. a ndind ailsiu.
Cáinte im gaí.
Cáinte gaithe.

Is mise gaoth ar mhuir.
Is mé tonn i dtír.
Is mé fuaim na mara.
Is damh seacht mbeann mé.
Is seabhac mé ar aill.
Is mé deor na gréine.
Is mé caoin.
Is torc mé ar ghal.[17]
Is bradán mé sa linn.
Is mé loch ar mhá.
...
Is mé brí an dána.
Is mé ga ar fadhb. ...
Is dia mé, dealbhóir géillsineach.
Cé an té le nod slí na gcloch sléibhe?
Cé gair[18] aois na gealaí?
Cá dú[19] dul faoi na gréine?
Cé beir buar ó thigh Teamhrach ?
Cé buar Teathra le gean?[20]
Cé daon?[21]
Cé dia, dealbhóir arm faobhrach? ...
Cáinte[22] ...
Cáinte gaoithe.

O grupo de folk galego Luar na Lubre publicou o 5 de xuño de 2012 o álbum Mar Maior, cuxo primeiro tema "A invocación de Amergín", interpretado por Bieito Romero e Carme R. Alonso, está baseado no relato mítico do Lebor Gabála Érenn. A canción é unha tradución ó galego da canción de Amergin.[23]

Eu son o vento no mar
Son unha onda no océano
Son o ruxido do mar
Son o Touro das sete loitas
Eu son un corvo nos cantís
Son unha pinga de xiada
Un valoroso xabarín
Son salmón nunha lagoa
Eu son un lago n’antiga chaira
Son unha montaña nun home
Son unha verba con destreza
Son a punta dunha lanza
Son o deus da inspiración
Quen venceu a escárpada montaña
Quen anuncia as fases da lúa
Quen di onde cae o solpor?
Quen chamou o gando da casa de Tetis
A quen sorrín as estrelas qu’emerxen do mar
Feitizos de lanza? Feitizos do vento.

O poema foi traducido ao inglés por Robert Graves, quen dicía que a educación poética inglesa non deberá comezar polos Contos de Canterbury, nin pola Odisea, nin polo Xénese, senón coa Canción de Amergin.[24]

Xenealoxía

[editar | editar a fonte]
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Brate
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Breogán
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Breogha
 
Cuailgne
 
Muirtheimhne
 
Ite
 
Bile
 
Cualu
 
Fuad
 
Bladh
 
Eibhle
 
Nár
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Lughaidh
 
Míl Espáine
 
Scota
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Érimón
 
Eber Finn
 
Amergin Glúingel
 
Éber Donn
 
Fial nic Miled
 
Dill nic Mil
 
Ír mac
 
  1. tamén escrito Amorghain, Amairgin, Amorgen, Aimhirghin
  2. Lebor Gabála Érenn §65-95 Arquivado 06 de xullo de 2010 en Wayback Machine.
  3. Maighréad C. Ní Dobs, "Tochomlad mac Miledh a hEspain i nErind: no Cath Tailten?" Arquivado 23 de outubro de 2007 en Wayback Machine. Études Celtiques v.II, París: Librairie E. Droz, 1937
  4. Geoffrey Keating, Foas Feasa ar Éirinn 1.21, 22, 23
  5. Annals of the Four Masters M3500-3503
  6. Geoffrey Keating, Foras Feasa ar Éirinn 1.24
  7. James MacKillop, Dictionary of Celtic Mythology, Oxford University Press, 1998, p. 13
  8. Leabhar Gabhála na hÉireann, lch. 49, sa Leabhar Laighneach ar CELT
  9. dírend ar eDIL
  10. séig ar eDIL
  11. 4 é ar eDIL
  12. 2 bri ar eDIL
  13. gleth ar eDIL
  14. clochar ar eDIL
  15. ésca(e), éisce ar eDIL
  16. doén ar eDIL
  17. gal
  18. gair2 (b) Lit. At teanglann.ie FGB
  19. dú 1. ar teanglann.ie FGB; áit
  20. Féach tibh ar teanglann.ie FGB
  21. daon ar teanglann.ie FGB; duine daonna
  22. cáinte ar teanglann.ie FGB; aoir
  23. luarnalubre.com (ed.). "Mar Maior (WARNER 2012) 01 A Invocación de Amergín". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 18 de novembro de 2019. 
  24. "Galicia un relato no mundo: discurso da inauguración – Capítulo 0". Consultado o 2022-02-18.