Andrew Wakefield
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Andrew Jeremy Wakefield 3 de setembro de 1956 (68 anos) Eton, Reino Unido (pt) |
Residencia | Bath |
Educación | St Mary's Hospital Medical School King Edward's School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Fraude científica (pt) |
Ocupación | Ex-médico, activista antivacinas |
Empregador | Universidade de Toronto Royal Free Hospital (en) Johnson Center for Child Health and Development (en) |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Parella | Elle Macpherson |
Premios | |
| |
Andrew Jeremy Wakefield, nado en Eton en 1957, é un ex-médico británico e activista do movemento antivacinas. Foi gastroenterólogo ata que o colexio médico británico o expulsou por comportamento antiético, mala praxe e deshonestidade ao ser o autor dun artigo de investigación fraudulento[1][2] que asociaba a vacina vírica tripla coa colite e perturbacións do espectro autista [3].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun neurólogo e dunha médica de familia[4], estudando na exclusiva King Edward's School de Bath para logo realizar medicina na St Mary's Hospital Medical School[4] (agora Imperial College School of Medicine), licenciándose en 1981 e entrando no Royal College of Surgeons en 1985[5]. Entre 1986 e 1989 realizou labores de investigación na Universidade de Toronto. De volta a Inglaterra traballou no programa de transplante de fígado do Royal Free Hospital de Londres [5]. En 1993 Wakefield fíxose coñecido no ámbito médica ao publicar informes nos que concluía que o virus do xarampón podería causar o mal de Crohn;[6] e dous anos máis tarde publicou un artigo en The Lancet propoñendo unha ligazón entre a vacina do xarampón e o mal de Crohn[7]. Investigacións posteriores non puideron confirmar esta hipótese[8]. En 1996 comezou a investigar as posibles conexións entre a vacina vírica tripla e o autismo[5].
Controversia sobre a vacina vírica tripla
[editar | editar a fonte]No número do 28 de febreiro de 1998 de The Lancet publicouse un estudo asinado por Wakefield como autor principal sobre doce nenos con autismo e no que se propua unha nova síndrome denominada enterocolite autista e establecía a posibilidade dunha ligazón entre unha nova forma de enfermidade intestinal, autismo, e a vacina vírica tripla. O artigo converteuse dende o primeiro en controvertido, con ampla publicidade nos medios de comunicación británicos e a convocatorio dunha sesión extraordinaria do Medical Research Council o 23 de marzo[9].
Aínda que no estudo se afirmaba que non había conexión probada, antes de se publicar Wakefield convocou unha conferencia de prensa chamando á suspensión da vacina vírica tripla ata se realizaren máis investigacións[10]. Segundo BBC News, foi esta conferencia de prensa máis que a publicación en The Lancet, o que sementou dúbidas entre a poboación contra da vacina vírica tripla[11]. En novembro de 2000 nunha entrevista no programa informativo norteamericano 60 Minutes repetiu esas demandas, fornecéndolle un foco ao incipiente movemento antivacinas nos Estados Unidos, ata entón preocupado polo uso de tiomersal nas vacinas[12][13]. En decembro de 2001 dimitiu das súas funcións no Royal Free Hospital e continuou realizando investigacións clínicas nos Estados Unidos, uníndose ao controvertido doutor Jeff Bradstreet no Child Development Resource Center e a partir de 2004 no Thoughtful House Research Center en Austin. Nese ano unha investigación do xornalista Brian Deer publicada no Sunday Times revelou a existencia de conflitos de intereses financeiros por parte de Wakefield[14] o que causou que a maioría dos seus coautores retirara o seu apoio ás súas interpretacións do artigo publicado en 1998[15]
Logo desas acusacións o General Medical Council abriu unha investigación por mala praxe contra Wakefield e dous dos seus antigos colegas[16]. A investigación centrouse nos numerosos descubrimentos de Deer, incluído o someter a varios nenos autistas a procedementos médicos invasivos e innecesarios[17] ( colonoscopias e mais puncións lumbares) e que Wakefield actuou sen a necesaria aprobación dun comité de ética.
O 28 de xaneiro de 2010 un tribunal composto por cinco membros do GMC verificou probadas 32 acusacións, entre elas catro de fraude e doce de abuso de nenos con discapacidade de desenvolvemento[18]. O comité ditaminou que Wakefield «fallara no seu deber como médico especialista responsable», actuado contra dos intereses dos seus pacientes e que obrara «de xeito deshonesto e irresponsable» na publicación da súa investigación[19]. Despois das conclusións do GMC, The Lancet retractouse de forma inmediata e por completo do artigo publicado en 1998, sinalando que se falsificaran os datos do manuscrito.[20] Wakefield quedou excluído do rexistro médico en maio de 2010 coa observación: falsificación fraudulenta[21] o que se reflectiu na revogación da licenza para exercer a medicina no Reino Unido[22].
En xaneiro de 2011 un editorial que acompañaba un artigo de Brian Deer no British Medical Journal (BMJ) describía o traballo de Wakefield como un "elaborado fraude"[23], e nun artigo posterior[24] Deer declarou que Wakefield proxectaba establecer unha empresa que, grazas á alarma suscitada contra da vacina vírica tripla, se lucraría con novos exames médicos e "análises motivadas por litixios"[25] En novembro de 2011, outra reportaxe publicada no BMJ[26] revelou datos orixinais sen procesar que indicaban que, contra do que se afirmaba no artigo de The Lancet, os nenos da súa investigación non padecían enfermidade inflamatoria intestinal ningunha[27][28]. Wakefield negou as acusacións na súa contra e continúa a teimar na súa loita contra da vacina vírica tripa. En 2016 dirixiu o documental antivacinas Vaxxed.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Un estudo con 650.000 nenos confirma a evidencia: as vacinas non causan autismo"Gciencia, 5 de marzo de 2019
- ↑ "A história que deu origem ao mito da ligação entre vacinas e autismo". BBC, 24 de xullo de 2017
- ↑ Wakefield A, Murch S, Anthony A; et al. (1998). «Ileal-lymphoid-nodular hyperplasia, non-specific colitis, and pervasive developmental disorder in children». The Lancet. 351 (9103): 637–41. PMID 9500320. doi:10.1016/S0140-6736(97)11096-0
- ↑ 4,0 4,1 Goddard A. "In the news: Andrew Wakefield" Times Higher Education Supplement, 27 de febreiro de 2004
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Smith, Rebecca (29 de xaneiro de 2010). "Andrew Wakefield – the man behind the MMR controversy". The Daily Telegraph (London). Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2010. Consultado o 28 de abril de 2019.
- ↑ Wakefield AJ, Pittilo RM, Sim R et al. (abril de 1993). "Evidence of persistent measles virus infection in Crohn's disease". J. Med. Virol. 39 (4). pp. 345–53. PMID 8492105. doi:10.1002/jmv.1890390415.
- ↑ Thompson NP, Montgomery SM, Pounder RE, Wakefield AJ (abril de 1995). "Is measles vaccination a risk factor for inflammatory bowel disease?". Lancet 345 (8957): 1071–4. PMID 7715338. doi:10.1016/s0140-6736(95)90816-1.
- ↑ Siva, Nayanah (2 de xuño de 2010). "Wakefield's First Try". Slate.com.
- ↑ Deer, Brian (23 de marzo de 1998). "Wakefield misled top UK medical research hearing over where he got MMR children (MRC documents)". briandeer.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2007. Consultado o 28 de abril de 2019.
- ↑ Deer, Brian (4 de febreiro de 1998). "Interview: Dr Andrew Wakefield, research team leader, Royal Free Hospital School of Medicine". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2007. Consultado o 10 de agosto de 2007.
- ↑ Triggle, Nick (28 de xaneiro de 2010). "Wakefield and autism: the story that will not go away". BBC News. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2011. Consultado o 9 de xaneiro de 2011.
- ↑ Offit, PA; Coffin, SE (8 de decembro de 2003). "Communicating science to the public: MMR vaccine and autism.". Vaccine 22 (1): 1–6. PMID 14604564. doi:10.1586/14760584.2.1.1.
- ↑ Chu, Henry (29 de xaneiro de 2010). "British doctor rebuked over research linking vaccine and autism". Los Angeles Times.
- ↑ Deer, Brian (22 de febreiro de 2004). "Revealed: MMR research scandal". The Sunday Times.
- ↑ McKee, Maggie (4 de marzo de 2004). "Controversial MMR and autism study retracted". New Scientist. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2007. Consultado o 28 de abril de 2019.
- ↑ "MMR doctor 'to face GMC charges'". BBC News. 12 de xuño de 2006. Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2007. Consultado o 28 de abril de 2019.
- ↑ Ferriman A (marzo de 2004). "MP raises new allegations against Andrew Wakefield". BMJ 328 (7442): 726. PMC 381348. PMID 15612092. doi:10.1136/bmj.328.7442.726-a.
- ↑ Deer, Brian. "General Medical Council, Fitness to Practise Panel Hearing, 28 January 2010, Andrew Wakefield, John Walker-Smith & Simon Murch" (PDF). briandeer.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de decembro de 2010. Consultado o 6 de xaneiro de 2011.
- ↑ Triggle, Nick (28 de xaneiro de 2010). "MMR scare doctor 'acted unethically', panel finds". BBC News. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2010. Consultado o 28 de xaneiro de 2010.
- ↑ The Editors Of The Lancet (febreiro de 2010). "Retraction – Ileal-lymphoid-nodular hyperplasia, non-specific colitis, and pervasive developmental disorder in children". The Lancet 375 (9713): 445. PMID 20137807. doi:10.1016/S0140-6736(10)60175-4.
- ↑ "General Medical Council, Fitness to Practise Panel Hearing, 24 May 2010, Andrew Wakefield, Determination of Serious Professional Misconduct" (PDF). General Medical Council. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de agosto de 2011. Consultado o 18 de setembro de 2011.
- ↑ Meikle, James; Boseley, Sarah (24 de maio de 2010). "MMR row doctor Andrew Wakefield struck off register". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2010. Consultado o 28 de abril de 2019.
- ↑ Godlee F, Smith J, Marcovitch H (2011). "Wakefield's article linking MMR vaccine and autism was fraudulent". BMJ 342: c7452. PMID 21209060. doi:10.1136/bmj.c7452.
- ↑ Deer B (11 de xaneiro de 2011). "How the vaccine crisis was meant to make money". BMJ 342: c5258. doi:10.1136/bmj.c5258.
- ↑ "Vaccine study's author held related patent, medical journal reports". CNN. 11 de xaneiro de 2011.
- ↑ Deer B (2011). "Pathology reports solve 'new bowel disease' riddle". BMJ 343: 984. PMID 22077090. doi:10.1136/bmj.d6823.
- ↑ Geboes K (2011). "Commentary: I see no convincing evidence of 'enterocolitis,' 'colitis,' or a 'unique disease process'". BMJ 343: 990. PMID 22077092. doi:10.1136/bmj.d6985.
- ↑ Bjarnason I (2011). "Commentary: We came to an overwhelming and uniform opinion that these reports do not show colitis". BMJ 343: 990. PMID 22077091. doi:10.1136/bmj.d6985.