Angband (videoxogo)
Angband | |
---|---|
Captura da versión 3.5.1 para Windows | |
Desenvolvedor(es) | Varios |
Versión | 3.5.1 |
Lanzamento | 1990 |
Xénero | Roguelike de alxubes |
Modos de xogo | Un xogador |
Plataforma(s) | UNIX, Windows, Mac OS X e Android. |
Controis | Teclado |
Licenza | GPLv2 |
Na rede | |
http://rephial.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Angband é un videoxogo clasificado dentro dos xénero roguelike de alxubes, derivado do similar videoxogo Moria. Baséase nas historias de J. R. R. Tolkien, nas que Angband é a fortaleza de Morgoth. A última versión está dispoñible para os principais sistemas operativos, incluíndo UNIX, Windows, Mac OS X e Android. Foi desenvolvido por varias persoas de forma comunitaria e aberta, sendo publicado coma freeware baixo a licenza libre GPLv2.
Sistema de xogo
[editar | editar a fonte]A finalidade do xogo é explorar uns cen niveis dun alxube, nos que o xogador debe ir mellorando o seu equipo e gañando experiencia mentres loita con varios inimigos inspirados na mitoloxía de Tolkien principalmente, loitando finalmente con Morgoth no último nivel. O xogo parte dun nivel exterior, a cidade, onde o xogador pode comprar e vender armas, armaduras, pocións etc. Cada nivel do alxube xérase aleatoriamente, facendo a cada nivel único en canto a disposición e contidos. O combate ten lugar en base a quendas, e o xogador dispón dun inventario limitado para os obxectos que vai atopando ao longo dos niveis.
Gráficos
[editar | editar a fonte]Os gráficos nativos do xogo están feitos con código ASCII de 128 caracteres, pero permite empregar varios paquetes de gráficos simples que melloran a visualización do xogo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial (en inglés)
- Foro oficial en oook.cz (en inglés)