Anicet Lavodrama
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Richard Anicet Lavodrama Ondoma 4 de xullo de 1963 (61 anos) Bangui, República Centroafricana | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Houston Christian University (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 202 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 80 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1988 | Xogos Olímpicos de 1988 |
Richard Anicet Lavodrama Ondoma, nado en Bangui o 4 de xullo de 1963, é un ex xogador de baloncesto da República Centroafricana, nacionalizado español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mide 2,02 metros de estatura, e xogaba no posto de pivote. En 1981 chegou aos Estados Unidos de América, onde xogou no equipo de baloncesto da Universidade Bautista de Houston ata 1985, cando foi seleccionado por Los Ángeles Clippers na terceira rolda do Draft da NBA.[1]
Foi xogador do OAR Ferrol durante 9 anos, entre 1985 e 1994. Chegou ao equipo tras a marcha de Nate Davis, e despois da desparición do club xogou no CB Valladolid e no Joventut de Badalona.
Deixou de xogar ao baloncesto en 1998. Continuou traballando no CB Valladolid e nos Cleveland Cavaliers, e como director de desenvolvemento e relacións internacionais na Federación Internacional de Baloncesto entre 2000 e 2005, e despois na axencia de representación U1st.
Participou en conferencias no Comité Olímpico Internacional, no IESE de Madrid, en ANOTA de Pearson Educación, na Universidade de Valladolid, e na European School of Economics en Madrid. Foi un dos precursores do Basketball Without Borders en África (entidade colaboradora entre a FIBA e a NBA e en América).[2]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Participou coa selección centroafricana nos Xogos Olímpicos de Seúl de 1988. Disputou os sete partidos da súa selección no torneo, anotando en dous deles 30 puntos, contra Iugoslavia e contra Australia, e conseguindo catro dobres-dobres.[3]
Participou coa selección galega de veteranos xunto a compañeiros seus como Fernando Romay e o berciano Manuel Aller.[4]
Clubs
[editar | editar a fonte]- OAR Ferrol (ACB / 1ª B, 1985−1994)
- CB Valladolid (ACB, 1994−1995)
- Joventut Badalona (ACB, 1995−1996)
- CB Valladolid (ACB, 1996−1998)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Anicet Lavodrama". sportsstats.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2008. Consultado o 6 de outubro de 2021.
- ↑ Qué fue de… Lavodrama, consultado outubro de 2012
- ↑ "Anicet-Richard Lavodrama". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 6 de outubro de 2021.
- ↑ "Las selecciones de veteranos de España y Galicia, en la Vilagarcía Basket Cup". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-02-21. Consultado o 2024-10-26.
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Xogadores de baloncesto olímpicos da República Centroafricana
- Pivotes de baloncesto
- Nados en 1963
- Nados en Bangui
- Xogadores do OAR Ferrol
- Xogadores do CB Valladolid
- Xogadores do Joventut Badalona
- Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Clippers
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1988
- Xogadores de baloncesto de Galicia