Saltar ao contido

Ankhesenamon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnkhesenamon

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1348 a. C. Editar o valor en Wikidata
Tebas, Exipto Editar o valor en Wikidata
Morte1322 a. C. Editar o valor en Wikidata (25/26 anos)
Menfis, Exipto Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaVal dos Reis Editar o valor en Wikidata
Great Royal Wife (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónraíña Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloGreat Royal Wife (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía XVIII de Exipto Editar o valor en Wikidata
CónxuxeTutankamon y Ay Editar o valor en Wikidata
FillosMomia 317b, momia 317a, Ankhesenpaaten Tasherit Editar o valor en Wikidata
PaisAkhenatón Editar o valor en Wikidata  e Nefertiti Editar o valor en Wikidata
IrmánsTutankhamon
Neferneferuaten Tasherit
Neferneferure
Setepenré
Meritaten Tasherit
Ankhesenpaaten Tasherit
Meritaten
Meketaten Editar o valor en Wikidata
Akhenatón, Nefertiti e as súas fillas

Ankhesenamon (tamén coñecida como Ankesenamón ou Anjesenamón) foi a terceira das seis fillas de Akhenatón e da súa Grande Esposa Real Nefertiti. O seu nome significa a que vive por Atón. Descoñécese a data exacta do seu nacemento, pero é probable que fose a primeira das princesas reais que nacese na recentemente fundada capital de Exipto, Amarna.

Aparece en moitas representacións, acompañada sempre dos seus pais, Akhenatón e Nefertiti, así como das súas dúas irmás máis vellas. Crese ademais que, e un certo momento de finais do reinado do seu pai, foi casada con el mesmo, e ata se fala da existencia dunha filla nacida deste incesto real, de nome Ankhesenpaatón-Tasherit.

Sexa como for, á morte do seu pai, contraeu matrimonio co príncipe TutankhAtón, irmán ou fillo de Akhenatón, converténdose así na Grande Esposa Real, en 1327 adC. Cando o seu esposo restableceu o culto a Amón e reabriu os templos, tras a revolución relixiosa que levou a cabo o seu pai, ambos cambiaron os seus nomes, sendo respectivamente Tutankhamon e Ankhesenamon.

O paso pola historia desta raíña exipcia foi breve. Ao quedar viúva cando Tutanjamón morreu no ano 9 do seu reinado, casou co seu avó Ay e logo desaparece dos documentos exipcios. Isto fixo pensar que ela puido ser a raíña viúva que escribiu unha carta aos hititas, os acérrimos inimigos dos exipcios, solicitando un príncipe co que casar e co que se converterían na nova parella real. É o caso de Dahamunzu.

A repentina subida ao trono de Ay fixo pensar que foi tras desbaratar aquela insólita conxura, e é lóxico que a raíña viúva Ankhesenamon fose silenciada e ata eliminada pola súa traizón. Aínda así, aínda está por descubrir a identidade desta raíña, e formuláronse outras hipóteses, como as de Nefertiti (a que cobra máis forza ultimamente) ou Meritatón, a maior das fillas de Nefertiti e Akhenatón.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]