Annales Bertiniani
Aparencia
Os Annales Bertiniani ou Anais de San Bertín é unha crónica franca descuberta no Mosteiro de San Bertín (Bélxica). A crónica cobre o período comprendido entre o ano 830 e o 882 e foi escrita por varios escribas, incluíndo a Hincmar, arcebispo de Reims. Foi incluída no Monumenta Germaniæ Historica.
Considerada continuación dos Annales Regni Francorum, os anais son notables, entre outras cousas, pola referencia que dá dos pobos xermánicos, en especial dos viquingos e dá conta da primeira chegada coñecida dos viquingos a Galicia no ano 844.