Saltar ao contido

Anortita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anortita
Fórmula químicaCaAl2Si2O8
ClaseSilicato
SubclaseTectosilicato
Sistema cristalinoTriclínico, pinacoidal
CorIncolora, gris-arrubiada, branca
BrilloVítreo
Dureza6 a 6,5 (escala de Mohs)
FracturaIrregular a concoidal
RaiaBranca
Densidade2,76 g/cm3

A anortita é un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo tectosilicatos e dentro destes pertence aos feldespatos denominados plaxioclasios. É un aluminosilicato de calcio, por definición sendo o calcio máis do 90% dos ións metálicos. É dimorfo da svyatoslavita, que ten a mesma fórmula química mais cristaliza noutro sistema distinto do triclínico.

É o extremo con calcio da serie de solución sólida dos plaxioclasios, sendo o outro extremo a albita (plaxioclasio de sodio).

O seu nome provén do grego anortos, que significa non recto, polos seus cristais oblicuos. Describiuse por primeira vez en 1823 en Italia. Sinónimos pouco usados son: indianita, amphodelita, anorthita, anorthoíta, barsovita, beffanita, ciclopita ou lepolita.

Son moi frecuentes as maclas dun cristal penetrando noutro, chegando a ser raro ver un cristal coas súas superficies enteiras sen estar cortado por outro. As maclas en láminas poden producir un canleado no cristal, producindo o efecto de estrías.

Ambiente de formación

[editar | editar a fonte]

Encóntrase fundamentalmente en rochas metamórficas procedentes de calcarias sometidas a metamorfismo de contacto. Tamén podemos encontrala en rochas ígneas plutónicas máficas.

Polo esu ambiente de formación, os minerais aos que normalmente aparece asociada son biotita, auxita, piroxeno e horneblenda.

Localización, extracción e uso

[editar | editar a fonte]

Áchanse importantes depósitos en Nápoles, Campania e no monte Vesuvio (Italia), así como en California e Nova Jersey (Estados Unidos). Tamén se encontra en grandes cantidades nas rochas das planicies lunares e foi encontrada en mostras do cometa Wild 2.

Como todos os plaxioclasios, a anortita posúe aplicacións industriais para fabricar cerámicas e esmaltes, á parte do interese coleccionístico.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]