Antón de Borbón
Antón de Borbón (en francés: Antoine de Bourbon), nado en La Fère o 22 de abril de 1518 e finado en Ruán o 10 de novembro de 1562, foi un príncipe de sangue francés. Ostentou os títulos de duque de Borbón e de Vendôme, como xefe da Casa de Borbón (1537-1562); porén, é máis coñecido por ser rei de Navarra por matrimonio (jure uxoris) xunto á súa esposa, Xoana Albret (1555-1562).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Picardía, sendo o cuarto fillo, e o segundo home de Carlos IV, duque de Borbón e de Vendôme, e doutra princesa de sangue, Francisca de Alençon, da Casa de Valois.[1] Foi o irmán máis vello de Luís de Borbón, príncipe de Condé.
O 20 de outubro de 1548, contraeu matrimonio con Xoana de Albret, the daughter of Henrique II de Navarra e Margarida de Angoulême.[2] Casou na cidade de Moulins, converténdose xunto a esta en rei de Navarra. Segundo os rexistros, Xoana estaba moi namorada del,[3] pero as accións deste amosaron a pouca lealdade que tiña cara a ela. O reino atopábase na súa maior parte ocupado dende 1512 polas tropas castelás de Fernando o Católico, polo que Antón fixo o posible por restablecelo, transformándose este no seu principal obxectivo.
No eido relixioso, a diferenza do seu irmán e da súa propia muller, nunca foi un fervoroso protestante, de feito cambiou varias veces de relixión[4] segundo as conveniencias políticas que estas trouxesen, e cando a súa muller autorizou ós hugonotes a saquear as igrexas de Vendôme, tratou de repudiala[5] e enviala a un convento, tendo esta que fuxir a Bearne. Tivo un romance con Louise de la Béraudière, "la belle Rouet," con quen tivo un fillo, Carlos III de Borbón (1554–1610) que se convertería en arcebispo de Ruán.[6]
Non foi un home estable. A tolemia na casa de Borbón foi común e foi bastante manipulado polos sectores máis católicos e próximos á rexente Catarina de Medici. Como tenente xeneral do Reino, comandou o asedio de Ruán e foi mortalmente ferido o 13 de novembro de 1562.[2] Morreu en Les Andelys, Eure.
Descendencia
[editar | editar a fonte]Do seu matrimonio naceron 5 fillos:
- Henrique de Navarra, infante (1551-1553), duque de Beaumont;
- Henrique III de Navarra (1553-1610), rei de Navarra e, posteriormente, rei de Francia co nome de Henrique IV;
- Luís Carlos de Navarra, infante (1555-1557), conde de Marles;
- Madalena de Navarra, infanta (1556);
- Catarina de Borbón (1559-1604), duquesa de Albret, condesa de Armañac e Rodes, casada en 1599 co duque Henrique II de Lorena.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Trevor Dupuy, Curt Johnson and David L. Bongard, The Harper Encyclopedia of Military Biography, (Castle Books: Edison, 1992), 98.
- ↑ 2,0 2,1 Dupuy, Trevor, 98.
- ↑ Robin, Larsen and Levin. p. 2.
- ↑ Mack P. Holt, The French Wars of Religion, 1562–1629, (Cambridge University Press: New York, 2005), 52.
- ↑ Robin, Larsen and Levin. p. 3.
- ↑ David Bryson, Queen Jeanne and the Promised Land, (Koninklijke Brill NV:Leiden, 1999), 219.