Saltar ao contido

Antoni Maria Badia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Antoni Badia i Margarit»)
Modelo:BiografíaAntoni Maria Badia i Margarit

(2009) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ca) Antoni Maria Badia i Margarit Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de maio de 1920 Editar o valor en Wikidata
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de novembro de 2014 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCamposanto de Montjuïc Editar o valor en Wikidata
Rector of the University of Barcelona (en) Traducir
1978 – 1986
← Joan Obiols i Vié (pt) TraducirJosep Maria Bricall (pt) Traducir →
Presidente da Asociación Internacional de Lingua e Literatura Catalás
1973 – 1976
← sen valor – Germà Colón →
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFiloloxía catalá e Filoloxía románica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, profesor universitario, filólogo, romanista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Arquivos en
Premios

BNE: XX837973 Dialnet: 52255

Antoni Maria Badia i Margarit, nado en Barcelona o 30 de maio de 1920 e finado na mesma cidade o 16 de novembro de 2014, foi un filólogo e lingüista da historia e gramática catalá.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cursou estudos de ensino primario e secundario na Mutua Escolar Blanquerna, dirixida polo pedagogo Alexandre Galí i Coll, que lle infundiu a preocupación pola linguaxe. Estudou os Estudis Universitaris Catalans, e licenciouse en filoloxía románica pola Universidade de Barcelona en xuño de 1943, defendeu a súa tese Los complementos pronominalo-adverbiales derivados de IBI e INDE en la Península Ibérica, na facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Madrid, baixo a dirección de Dámaso Alonso en xuño de 1945. Catedrático de Gramática Histórica da lingua española na Universidade de Barcelona (1948) e desde 1977 de lingua catalá. Foi reitor da Universidade de Barcelona de 1978 a 1986 data a partir da cal é honorario ao se xubilar.

Profesor visitante en Múnic, Heidelberg, Georgetown, Wisconsin e da Sorbona en París. É doutor honoris causa por diversas universidades, entre as cales Salzburgo, Tolosa, Rovira i Virgili e a Sorbona.

Tamén foi presidente da Société de Linguistique Romane (hoxe presidente de honra), presidente da Sección Filolóxica do Institut d'Estudis Catalans, primeiro presidente da Associació Internacional de Llengua i Literatura Catalanes, primeiro presidente do Grup Català de Sociolingüística, presidente de honra do II Col·loqui Internacional de Llengua i Literatura Catalanes en Ámsterdan (1970), da North American Catalan Society e da Deutsch-Katalanische Gesellschaft, e presidente do Segon Congrés Internacional de la Llengua Catalana (1986).

É director da revista Estudis Romànics e pertence a diversos consellos editoriais de revistes de filoloxía catalá (Caplletra, Catalan Review, Llengua & Literatura e Treballs de Sociolingüística Catalana).

Tamén é membro do Institut d'Estudis Catalans, da Reial Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona e corresponente de diversas academias entre as cales a Real Academia Española. Tamé é membro de honra da American Association of Teachers of Spanish and Portuguese.

A súa obra científica inclúe máis de seiscentos títulos, con máis de cincuenta libros, entre os cales:

  • Gramática histórica catalana (1951, trad. ao catalán en 1981).
  • Gramática catalana (1962).
  • Llengua i cultura als Països Catalans (1964).
  • La llengua dels barcelonins (1969).
  • La formació de la llengua catalana (1981).
  • Gramàtica de la llengua catalana (1994).
  • Les regles d'esquivar vocables i la «qüestió de la llengua» (1999).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]