Antonio Casanova Prado
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xuño de 1898 Betanzos, España |
Morte | 8 de xullo de 1966 (68 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, editor literario, tradutor |
Antonio Casanova Prado, nado en Betanzos o 7 de xuño de 1898 e finado en Buenos Aires o 8 de xullo de 1966, foi un sindicalista, editor e tradutor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Antonio Casanova García. Emigrou clandestinamente a Bos Aires e traballou de panadeiro en Avellaneda. Afiliouse ao Sindicato de Panadeiros, maioritariamente anarquistas galegos, que tiña a Adrián Troitiño como un dos seus dirixentes. Militou no grupo libertario Ateneo Libre e participou no II Congreso Anarquista Regional celebrado en Rosario en 1932. Foi un dos fundadores da Federación Anarco Comunista Argentina (FACA) en 1935. Cando estalou a Guerra Civil Española trasladouse a Barcelona co nome doutro anarquista galego panadeiro, Manuel Freire, para participar na Revolución e alistouse na 28 División que comandaba Gregorio Jover, realizando tarefas xornalísticas.
Ao rematar a guerra exiliouse en Francia, onde foi capturado polos nazis e internado nun campo de concentración, de onde fuxiu para incorporarse á resistencia, co nome de Manuel Freire. Participou na liberación de París. En 1941 vivía en Marsella, participou na reconstrución da CNT en Francia e foi director de Solidaridad Obrera, en París, en 1944.
Regresou a Arxentina, volveu traballar de panadeiro e noutros oficios. Participou no Ateneo de Avellaneda, colaborou nas publicacións anarquistas Más Allá (1937-1938) e Tierra y Libertad, e fixo traducións do francés. É autor do folleto Posición revolucionaria, editado por Tierra y Libertad en 1945.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. p. 53. ISBN 84-87783-79-1.