Antonio Rivera Losada
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1920 Ortigueira, España |
Morte | 16 de marzo de 2002 (81/82 anos) Ortigueira, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Antonio Rivera Losada, nado en Mera de Abaixo (Ortigueira) en 1920 e finado en Ortigueira o 16 de marzo de 2002,[1] foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Antonio Rivera López, un tratante de gando, e dunha mestra de escola, os seus pais foron represaliados logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o pai estivo fuxido e despois estivo na cadea, e a nai foi suspendida de emprego e soldo e foi trasladada. Iniciou a carreira de Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela e en 1947 marchou a Madrid, onde entrou nos círculos intelectuais e comezou a frecuentar os parladoiros do Café Gijón, onde coñeceu a Camilo José Cela, de quen foi secretario durante un tempo. Colaborou en periódicos de Madrid e en La Voz de Ortigueira, gañou o Premio Nacional de Xornalismo en 1954. Marchou ao Brasil en 1957, desde onde colaborou en La Voz de Galicia. Volveu a Galicia, impartiu clases particulares e foi guionista de radio.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]- Las montañas de la niebla.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 17-3-2002, p. L14.
- ↑ "Rivera Losada, el primer secretario de Cela", La Voz de Galicia, 31-12-1989, p. 86.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Antonio Rivera Losada: a escrita, a vida e o pensamento. Concello de Ortigueira. 2012. ISBN 978-84-9812-190-2.