Arena Fonte Nova
Complexo Esportivo Cultural Octávio Mangabeira Itaipava Arena Fonte Nova | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 12°58′44″S 38°30′15″O / -12.978819444444, -38.504252777778 |
Localización | Salvador, Baía Brasil |
Alcume | Fonte Nova |
Nomes antigos | Octávio Mangabeira |
Construción | |
Inauguración | 5 de abril de 2013 |
Arquitecto | Marc Duwe |
Custo | R$ 592 millóns |
Estadio | |
Superficie | Herba |
Dimensións | 105 × 68 |
Capacidade | 50.000 |
Asist. máxima | 48.874 (22/6 de 2013) Italia 2-4 Brasil |
Propietario | Fonte Nova Negócios e Participações S.A |
Localía | Esporte Clube Bahia Esporte Clube Vitória (esporadicamente) |
Web | http://www.itaipavaarenafontenova.com.br/ |
Eventos | |
Copa Confederacións Brasil 2013 Mundial de Fútbol Brasil 2014 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Complexo Esportivo Cultural Octávio Mangabeira (nome oficial)[1] ou Itaipava Arena Fonte Nova (por cuestións de dereitos de nome, sendo o nome non oficial, aínda que coñecido popularmente como Arena Fonte Nova ou simplemente Fonte Nova)[2][3] é un estadio de fútbol localizado en Salvador de Baía, Brasil, no mesmo lugar do antigo Estádio Octávio Mangabeira.[4] Utilizando o mesmo modelo de xestión multiuso do Amsterdam Arena, un dos maiores centros de lecer do mundo e estadio local do AFC Ajax, o proxecto colocará a Baía no circuíto do entretemento mundial.
O estadio ten capacidade para 50.000 persoas (55.000 durante a Copa do Mundo de 2014) repartidas en tres niveis de bancadas con asentos cubertos, camarotes, restaurante panorámico con vistas cara ao estadio e cara ao Dique do Tororó, e preto de dúas mil prazas de estacionamento. A súa estrutura conta tamén con sala de prensa, quioscos, elevadores, sanitarios, museo, tendas e un centro de negocios que funciona independentemente dos partidos. Alén de partidas de fútbol, a Arena Fonte Nova permitirá a realización doutros eventos como shows musicais de artistas de renome nacional e internacional, congresos e encontros de negocios.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Arena Fonte Nova não perderá nome de Octávio Mangabeira, diz governo". Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2014. Consultado o 28 de maio de 2014.
- ↑ Por R$100 milhões, Fonte Nova fecha com cervejaria e ganha novo nome
- ↑ Fonte Nova é 1º estádio da Copa a acertar naming rights
- ↑ "Arena Fonte Nova". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2010. Consultado o 28 de maio de 2014.