Saltar ao contido

As pontes de Madison

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As pontes de Madison
Ficha técnica
Título orixinalThe Bridges of Madison County
DirectorClint Eastwood
ProdutorClint Eastwood
Kathleen Kennedy
GuiónRichard LaGravenese
Baseado enThe Bridges of Madison County (novela) de Robert James Waller
IntérpretesClint Eastwood
Meryl Streep
MúsicaLennie Niehaus
FotografíaJack N. Green
MontaxeJoel Cox
EstudioMalpaso Productions
Amblin Entertainment
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea 2 de xuño de 1995
Galicia 20 de xaneiro de 2007 (TVG)
Duración135 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$22 000 000[1]
Recadación$182 016 617
Na rede
IMDB: tt0112579 Filmaffinity: 983192 Allocine: 12994 Rottentomatoes: m/bridges_of_madison_county Mojo: bridgesofmadisoncounty Allmovie: v134725 TCM: 69694 Metacritic: movie/the-bridges-of-madison-county TV.com: movies/the-bridges-of-madison-county Editar o valor en Wikidata

As pontes de Madison (na versión orixinal en inglés: The Bridges of Madison County) é un filme estadounidense de 1995 baseado na novela homónima de Robert James Waller. Foi realizada por Amblin Entertainment, Malpaso Productions e Warner Bros. Producida e dirixida por Clint Eastwood con Kathleen Kennedy como copodutora, con guión escrito e adaptado de Richard LaGravenese. Meryl Streep foi nomeada a un Premio Oscar pola súa interpretación.

Estreouse en galego na TVG o 20 de xaneiro de 2007.[2]

A película sitúase en 1965. Relata a historia de Francesca (Meryl Streep), unha solitaria ama de casa italiana residente en Iowa. Mentres o seu esposo e fillos están fóra, na feira do Estado de Illinois, coñece e namórase dun fotógrafo, Robert Kincaid (Clint Eastwood), que chegou ó Condado de Madison para realizar unha serie fotográfica sobre as pontes cubertas da zona para National Geographic. Os catro días que pasan xuntos supoñen para ela un xiro fundamental na súa vida, historia que reflicte nun diario que os seus fillos descobren logo da súa morte.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Clint Eastwood como Robert Kincaid
  • Meryl Streep como Francesca Johnson
  • Annie Corley como Carolyn Johnson
  • Victor Slezak como Michael Johnson
  • Jim Haynie como Richard Johnson
  • Sarah Kathryn Schmitt como Carolyn de nena
  • Christopher Kroon como Michael de neno
  • Phyllis Lyons como Betty
  • Debra Monk como Madge
  • Richard Lage como Peterson
  • Michelle Benes como Lucy Redfield

Gañadora

[editar | editar a fonte]
  1. BoxOfficeMojo.com
  2. Gallego, Grupo El Correo. ""As pontes de Madison", romanticismo na TVG". www.galiciahoxe.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-13. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]